177 [= RM 125,2]
Ai eu, coitad’, e por que vi

Ai eu, coitad’, e por que vi
a dona que por meu mal vi!
Ca, Deus-lo sabe, poi-la vi,
nunca ja máis prazer ar vi,
per boa fe, u a non vi,
ca, de quantas donas eu vi,
tan bõa dona nunca vi
tan comprida de todo ben;
per bõa fe, esto sei ben,
se Nostro Sennor me dé ben
dela, que eu quero gran ben,
per bõa fe, non por meu ben,
ca, pero que ll’eu quero ben,
non sabe ca lle quero ben,
ca llo nego po-la veer,
pero non a posso veer;
mais Deus, que mi-a fezo veer,
rog’eu que mi-a faça veer,
e, se mi-a non fezer veer,
sei ben que non posso veer
prazer nunca sen a veer,
ca lle quero mellor ca min,
pero non o sabe per min
a que eu vi por mal de min
nen outre ja mentr’eu o sén
ouver; mais, se perder o sén,
direi-o con mingua de sén,
ca vedes que ouço dizer:
que mingua de sén faz dizer
a ome o que non quer dizer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manoscritti


A 87, B 191

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 185-186); Blasco (1984: 88-89 [= LPGP 810-811]); Marcenaro (2012b: 156-157); Littera (2016: II, 342-343).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 81-82); Carter (2007 [1941]: 52-53); Marques Braga (1945: 168-169); Machado & Machado (1949: I, 310-311); Fernández Pousa (1953: 7-8); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 177).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 257-258); Torres (1977: 111); Ferreira (1991: 14-16); Diogo (1998: 85-86); Arias Freixedo (2003: 744-745); Fidalgo (2009a: 46).

Varianti manoscritte


1 coitad’, e] cuytade B   3 Deus-lo] deulo B   4 ar] er B   7 bõa] bona A : boa B   9 sei] sei eu B   10 se] si B; me] mj B   13 que] om. B   14 sabe ca lle quero] sabē q̄heu q̄ro B   22 lle] lhi B   24 vi] hj B   25 outre] out’m B   26 perder] poder A   27 direi-o] direo A : dereyo B   29 mingua] migua A

Varianti editoriali


5 boa] bõa Michaëlis, Marcenaro   7 bõa] boa Blasco, Littera   10 dé] dê Michaëlis, Littera   12 non] se non Marcenaro   22 min] mi Michaëlis   23 min] mi Michaëlis : mi[n] Blasco   24 min] mi Michaëlis   30 ome] om(e) Michaëlis

Parafrasi


(I) Ai de min, coitado, e por que vin a dona que polo meu mal vin! Que, sábeo Deus, porque a vin, nunca máis vin pracer, abofé, cando a non vin, pois, de todas as donas que vin, nunca vin tan boa dona (II) tan cumprida de todo ben; abofé, isto sei con certeza, así o Noso Señor me conceda ben dela, que a amo moito, abofé, non pola miña satisfacción, porque, aínda que a amo, non sabe que a amo, (III) que llo nego para a (poder) ver, aínda que non a podo ver; mais a Deus, que ma fixo ver, rógolle que ma faga ver, e se non ma deixa ver, eu sei ben que nunca poderei ver pracer sen a ver, (1) porque lle quero mellor que a min propio, aínda que a que eu vin polo meu mal non o sabe por min (2) nin o saberá ninguén, mentres eu conserve o sentido; mais, se perdo o sentido, direino por falta de cordura, (3) pois vede o que ouzo dicir: que a falta de cordura fai dicir a un home o que non quere dicir!

Metrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8a 8a 8a 8a 8a + 8a 8a 8a (sobre I) + 8a 8a 8a (sobre
II) + 8a 8a 8a (sobre III) (= RM 4:1)

Encontros vocálicos: 17 mi-‿a; 18 mi-‿a; 19 mi-‿a; 30 omeo

Note


Testo
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15, por máis que nas anteriores edicións, especialmente en Blasco, Marcenaro e Littera, non se trata esta peza como unha cantiga ateuda (Carolina Michaëlis introduce unha ruptura sintáctico-conceptual entre as estrofas II e III).
    Obsérvese, por outra banda, o artificio métrico coa repetición da mesma palabra rimante en cada unha das cobras e das fiindas.

  • 3

    Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

  • 4

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 7

    Neste verso aparece <bona>, o único caso en Ajuda en que a nasalidade vocálica se representa por medio da grafía -n-, procedemento que aparece esporadicamente en BV, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽ o. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 9

    En B rexístrase unha presenza espuria de eu, tal como acontece en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 10

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 12

    A conxunción condicional que Marcenaro introduce no segmento é innecesaria desde o punto de vista semántico e sintáctico; ademais, rompe a medida, perfecta, do verso, que se torna hipérmetro.

  • 14

    Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 22

    Se na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 26

    Poder en A, en vez de perder, é un claro lapso de copia, infrecuente neste cancioneiro. Porén, véxase o mesmo erro en B vs. V (635.19 e 1502.9), e inverso en 873.4 e 1502.9 (tamén B vs. V).

  • 27

    Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela: direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27), primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15, 300.13), acordei <acorde> (247.16), Nogueira <noguera> A (1235a.5). 

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Cerca
    Nessun risultato trovato