696 [= RM 79,3]
Ai madr’, o que eu quero ben

Ai madr’, o que eu quero ben
non lh’ous’eu ante vós falar,
e á end’el tan gran pesar
que dizen que morre por én;
e, se assi morrer por mí,
ai madre, perderei eu i.
Gran sazon á que me serviu
e non mi-o leixastes veer,
e veeron-mi ora dizer
ca morre porque me non viu;
e, se assi morrer por mí,
[ai madre, perderei eu i].
Se por mí morrer, perda mi é,
e pesar-mi-á se o non vir,
pois per al non pode guarir,
ben vos juro, per bõa fe;
e, se assi morrer por mí,
[ai madre, perderei eu i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 681, V 283

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 105-106 [= LPGP 525]); Cohen (2003: 166); Littera (2016: I, 610).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111-113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 355-356).

Manuscript variants


1 ben] be B   4 morre] moire B   5 morrer] moirer B : morre V   9 dizer] diz V   10 morre] moire B   11 morrer] moirer B   13 morrer] moirer B; perda] perda perda V   17 morrer] moirer B

Paraphrase


(I) Ai, madre, ao que eu amo non lle ouso falar diante de vós, e ten el tan gran pesar que din que morre diso; e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.

(II) Hai moito tempo que me serviu e non mo deixastes ver, e viñéronme agora dicir que morre porque non me viu, e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.

(III) Se por min morrer, será unha perda para min, e pesarame se o non vir, pois doutro xeito non pode vivir, ben volo xuro, abofé; e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.

Metrics


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:357)

Encontros vocálicos: 8 -mi͜-o; 9 -miora; 13 mié; 14 -mi͜

Notes


Text
  • 1

    Nótese o frecuente anacoluto dos íncipits, coa ausencia da preposición a: «Ai madr’, (a)o que eu quero ben / non lh’ous’eu ante vós falar».

  • 5

    A concordantia temporum con cláusulas condicionais (futuro de subxuntivo - futuro de indicativo) indica que existe omisión de <-r> final no <morre> de V, fronte á forma correcta en B.

Search
    No results