823 [= RM 2,3]
Ai meu amig’e meu lum’e meu ben

– Ai meu amig’e meu lum’e meu ben,
vejo-vos ora mui trist’e por én
queria saber de vós ou d’alguen
que ést’aquest’ou por que o fazedes.
– Par Deus, senhor, direi-vos ũa ren:
mal estou eu se o vós non sabedes.
– Mui trist’andades, á mui gran sazon,
e non sei eu por que nen por que non;
dizede-mi ora, se Deus vos perdon,
que ést’aquest’ou por que o fazedes.
– Par Deus, ai coita do meu coraçon,
mal estou eu [se o vós non sabedes].
– Vós trist’andades, e eu sen sabor
ando porque non sõo sabedor
se vo-lo faz fazer coita d’amor,
ou que [ést]’est’ou por que o fazedes.
– Par Deus, ai mui fremosa mia senhor,
mal estou eu [se o vós non sabedes].
– Mui trist[e] andades e non sei eu
o por que é, poi-lo non [......... -eu]
dizede-mi-o, e non vos seja greu:
que ést’aquest’ou por que o fazedes?
– Par Deus, sen[h]or, con mia coita e meu
mal estou eu se o vós [non sabedes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 825, V 411

Falta a derradeira estrofa en V, que presenta espazo en branco no códice.

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 209-210 [= LPGP 74-75]); Cohen (2003: 281); Marcenaro (2015a: 46); Littera (2016: I, 29).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 155); Braga (1878: 77-78); Machado & Machado (1953: IV, 135); Gaspar Porras (1995: 45).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 27-28); Fernández Pousa (1951: 60); Nunes (1959: 341); Álvarez Blázquez (1975: 38); Ferreira (1991: 114-115); Diogo (1998: 61). 

Variantes manuscritas


13 e] om. V   19-24 om. V   20 é] h B   23 con mia] omha B

Variantes editoriais


En Nunes o v. 4º de cada estrofa non está incluído no refrán (intercalar). En Littera faltan as estrofas III-IV.

2 trist’e] triste Nunes   13-24 om. Littera   16 ou que [ést]’est’] que ést’[aquest’] Cohen : que est’ aquest’ Marcenaro   19 trist[e] andades] trist’andades [vós] Cohen   20 o por que é, poi-lo non [... -eu]] o por que é, poi-lo non [vejo eu] Nunes : o por que <é, e> poilo non <mh’ é leu> Cohen : o porque, poi-lo non [.... -eu] Marcenaro   23-24 con mia coita e meu / mal] ó mia coita e meu / mal Nunes : ai mha coita e [mal] meu, / mal Cohen : e mia coita e meu / mal Marcenaro

Paráfrase


(I) –Ai meu amigo, e meu lume e meu ben, véxovos agora moi triste e por iso quería saber de vós ou de alguén que é isto ou por que estades así.
 –Por Deus, señora, direivos unha cousa: mal estou eu se vós non o sabedes.

(II) –Andades moi triste, desde hai moito tempo, e non sei por que nin por que non; dicídeme agora, así Deus vos perdoe, que é isto ou por que estades así. 
–Por Deus, ai coita do meu corazón, mal estou eu se vós non o sabedes.

(III) –Vós andades triste, e eu ando triste porque non sei se iso volo provoca a coita de amor, ou que é isto ou por que estades así. 
–Por Deus, ai moi fermosa señora miña, mal estou eu se vós non o sabedes.

(IV) –Andades moi triste e eu non sei o porqué, xa que non [...]; dicídemo, e que non vos sexa penoso: que é isto ou por que estades así. 
–Por Deus, señora, co meu sufrimento e co meu mal estou se vós non o sabedes.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 10a 10’B 10a 10’B (= RM 13:28)

Encontros vocálicos: 9 -mi‿ora; 21 -mi͜-o

Notas


Texto
  • 2

    A segmentación da copulativa en trist’e permite ligar dúas cláusulas, de modo que o discurso flúa con naturalidade, sen xustaposicións.

  • 16

    A liña discursiva da cantiga esixiu introducir a conxunción disxuntiva inicial ou neste verso do refrán, feito que provocou, atendendo á métrica, a integración da forma verbal éste seguida da forma est(o), que nesta ocorrencia do refrán substituíu o aquesto das restantes estrofas.
    Esta modulación sintáctica no refrán pode verse tamén noutras cantigas, onde se rexistra presenza / ausencia dalgún elemento de ligazón (fundamentalmente copulativa), variación no uso de preposicións ou de conxuncións, así como mudanzas xenéricas ou numéricas. Cfr. nota a 27.4.

  • 19

    A falta de unha sílaba métrica explica a integración de vós que Cohen realizou, fronte a unha intervención moito máis económica, que consiste en repor a vogal en trist[e], en hiato con andades, similar a outras dialefas que achamos no corpus: que non lh’estevess’eu triste e cedo se tornaria (648.2); que non lh’estevess’eu triste e tarda e non mi ven (648.6); d’andar triste o meu amigo (709.4); que anda triste o meu coraçon (821.3).

  • 20

    As posibilidades de reconstrución da parte final do verso son varias, e así o mostra tanto a ausencia de proposta (Marcenaro), como a arriscada lectura de Cohen. Pola nosa parte, aínda tendo en conta o limitado repertorio de opcións rimáticas con [ɛw] (eu, deu, greu, judeu, lheu ~ leu, romeu; os posesivos meu, teu e seu, e algúns nomes propios; véxase Montero Santalla 2000: 1.195-1.198), tamén evitamos unha reconstrución conxectural e, por tanto, excesivamente hipotética.

  • 21

    Nótese a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 23

    En todas as precedentes edicións foi emendado desnecesariamente o texto dos manuscritos, correcto en V, embora co erro <o>/<ꝯ> (= con), que se acha noutras pasaxes dos cancioneiros italianos, e nomeadamente en B: con <cō> A, <o> B (305.14); <0> B, <ꝯ> V (763.10). Cfr. tamén conselho, coas leccións <9sselho> B, <osselho> V (833.10). Deste modo, fica un texto transparente: con mia coita e meu mal. É por isto que resulta inxustificábel, para alén de anómala, a proposta de Nunes (ó mia coita e meu mal), estrañamente intrusivo o texto editado por Cohen (ai mha coita e [mal] meu), e pouco acaída a copulativa considerada en Marcenaro (e mia coita e meu mal).

Procurar
    Não foram encontrados resultados