331 [= RM 131,2]
Ai mia senhor, veen-me conselhar

Ai mia senhor, veen-me conselhar
meus amigos como vos eu disser:
que vos non sérvia, ca non m’é mester,
ca nunca ren por mí quisestes dar;
pero, senhor, non m’én quer’eu quitar
de vos servir e vos chamar «senhor»,
e vós faredes depoi-lo melhor!
E todos dizen que fiz i mal sén,
ai mia senhor, de quanto comecei
de vos servir; e non os creerei,
mentr’eu viver, nunca, por ũa ren:
ca, mia senhor, que m’i feze mui ben
de vos servir e vos [chamar «senhor»,
e vós faredes depoi-lo melhor!]
E máis me dizen do que me vos deu
por mia senhor: que mi fez i gran mal;
pois m’esto dizen, dizen-m’assi al:
«Non a serviádes nen sejades seu».
Por tod’esto non me partirei eu
de vos servir [e vos chamar «senhor»,
e vós faredes depoi-lo melhor!]
E, mia senhor, conselha-me mui mal
quen mi-o conselha, mais farei-m’eu al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscrits


B 369

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 844-845); Spina (1983: 22 [= LPGP 863-864]); Eirín & Ferreiro (2014: 19); Littera (2016: II, 401).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 135-136); Machado & Machado (1950: II, 153); Rios Milhám (2018a: II, 331).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 202).

Variants manuscrites


1 veen] ueeu B   10 non os] nōuꝯ B   12 feze] fez e B   22 conselha] conselhā B

Variants editorials


1 veen] vẽen Michaëlis : Vêm Littera   2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   6 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   9 de quanto] des quando Michaëlis, Spina   10 vos] vus Michaëlis; non os] no’-n-us Michaëlis   12 que m'i feze mui ben] que mi feze mui ben Michaëlis : non me quitarey en Spina, que mi fez é[n] mui ben Eirín & Ferreiro : que mi fez e[n] mui bem Littera   13 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   17 m’assi] mi assi Michaëlis   20 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis

Paràfrasi


(I) Ai miña señora, véñenme aconsellar os meus amigos como vos eu digo: que non vos sirva, pois non me é preciso, porque nunca vos importei nada; porén, señora, eu non quero deixar de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!

(II) E todos din que niso obrei mal, señora, porque me propuxen servirvos, mais nunca os crerei, mentres eu viva, por unha cousa: porque, miña señora, me fixo moito ben o feito de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!

(III) E aínda me din máis do que me vos deu por miña señora: (dinme) que niso me fixo un gran mal; e logo que me din isto, (aínda) me din outra cousa: «Non a sirvades nin sexades seu». Por todo isto non deixarei eu de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!

(1) E, miña señora, aconséllame moi mal quen mo aconsella, mais eu farei outra cousa.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10b 10b (= RM 139:7)

Encontros vocálicos: 3 sér·via; 18 ser·viá·des; 23 mi-‿o

Notes


Text
  • 7

    Para alén do que acontece con mais e pois, véxase como o adverbio depois pode aparecer con asimilación fonética co pronome identificador (tamén en 1123.17), igual que alhur ou a conxunción macar, feito que tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria: Depoi-lo Emperador se foi (CSM 5.33); maca-lo encobrir queiran (CSM 188.6). Véxase nota a 25.16. En calquera caso, unha asimilación igual de despois, con grafía arcaizante, pode verse nunha cantiga de Pero de Berdia (1123.17).

  • 10

    Resulta ben sorprendente a estraña representación de non os na edición de Michaëlis, interpretación obvia da errada lección <nōu> de B, talvez condicionada polo anterior vos.

  • 12

    A lección de B semella esencialmente correcta, se ben consideramos que se debe aglutinar graficamente <fez e>1 en prol da forma verbal feze (véxase a mesma situación en 184.16 coa lección <fez e> en B), tal como Michaëlis estabeleceu na súa edición, por máis que se mostrase insatisfeita co resultado; ao mesmo tempo, segmentamos i en m’i estabelecendo o paralelismo co v. 8 (E todos dizen que fiz i mal sén) e mais co v. 16 (...que mi fez i gran mal). Co texto que propomos, pois, o primeiro verso do refrán funciona como suxeito de feze, isto é, dous infinitivos introducidos por de tal como se rexistra en numerosas ocasións no corpus (véxase nota a 146.13). A respecto da forma feze, concorrente minoritaria con fezo, véxase nota a 167.5.
    Non obstante, cabería unha lectura/interpretación alternativa do verso se considerásemos unha confusión do tipo <fez>/<fiz>, que se rexistra, por exemplo, en 55.9 (fiz <fez> B), 726.7 (fiz <fez> B, <fiz> V). Se así for, o texto permitiría unha interpretación máis ‘fácil’: en contra do que din os amigos do trobador, que fixo mal sén cando foi servir a senhor, o poeta está convencido do contrario (que m’i *fize mui ben): ‘pois, miña señora, fixen moi ben / en servirvos e en chamarvos senhor’. En calquera caso, neste verso que constitúe unha conxunción causal que se repite como ca após o vocativo (similares repeticións, con variación poden verse en 1004.10-111214.9-10 ou 1382.11-12). Véxase nota a 66.4-6.
    A edición de Spina, que acolle unha suxestión de Nobiling (2007 [1908]: 255), é realmente intrusiva a respecto da lección de B; pola súa parte, as edicións máis recentes tampouco resolven satisfactoriamente a pasaxe, por máis que sexan máis respectuosas coa lección do manuscrito (que mi fez é[n]).

  1. ^

    Eis un caso comparábel en 358.11: ele <ele> A, <el e> B.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat