1310 [= RM 38,1]
Amor, a ti me ven[h]’ora queixar

Amor, a ti me ven[h]’ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dórmio sempre m’espertar
e faz-me de gran coita sofredor.
Pois m’ela non quer veer nen falar,
que me queres, Amor?
Este queixume te venh’or dizer:
que me non queiras meu sono tolher
pola fremosa do bon parecer,
que de matar ome sempr’á sabor.
Pois m’ela nen un ben quis[o] fazer,
que me queres, Amor?
Amor, castiga-te desto por én
que me non tolhas meu sono por quen
me quis matar e me teve en desden
e de mia morte sera pecador.
Pois m’ela nunca quiso fazer ben,
que me queres, Amor?
Amor, castiga-te desto, por tal
que me non tolhas meu sono por qual
me non faz ben [....................... -al]
e mi-o [fara], desto [son] julgador.
Poi-lo seu ben cedo coita mi val,
que me queres, Amor?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1294

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 517-518); Toriello (1976: 77 [= LPGP 275-276]); Littera (2016: I, 295).
II. Outras edicións: Machado & Machado (1958: VI, 17); Cousillas Pena (2019: 49).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 214); Álvarez Blázquez (1975: 100-101); Torres (1977: 278); Dobarro Paz et alii (1987: 30); Alvar & Beltrán (1989: 385-386); Pena (1990: 58-59); Pena (1993: 125-126); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 76); Morán (1999: 35-36); [Morán] (2001: 34-35); Arias Freixedo (2003: 398-399); Fidalgo (2009: 44); Mongelli (2009: 81); Souto Cabo (2017: 90); Gutiérrez (2023: 77).

Variantes manuscritas


3 u] hū B   4 gran] grã B   6 queres] (q̅eredes) q̅eres B   7 Este] Esta B   10 ome sempr’á] hū home sē pe B   14 me] mo B; quen] ꝙʷ B   15 teve] deue B   19 desto] diq̅sto B   20 por] Pº B   21-22 me nō faz bē / & mho <  +  > / Desto Julgador B

Variantes editoriales


3 sempre] sempr’e Nunes   7 Este] Esta Nunes   10 sempr’á] sempr’ [á] Nunes   11 nen un] nẽhũ Toriello : nẽum Littera; quis[o]] [non] quis Nunes   15 teve] tev(e) Nunes   21 me non faz ben ...] que me non faz ben [e sol quer meu mal] Nunes : me non faz ben [e sol me faz gran mal] Toriello, Littera

Paráfrasis


(I) Amor, a ti me veño agora queixar da miña señora, que te envía sempre cada vez que durmo a espertarme e faime sufridor dunha gran coita. Pois ela non me quere ver nin falar, que me queres, Amor?

(II) Esta queixa che veño agora dicir: que non me queiras privar do sono sono pola fermosa de bela figura, que sempre desexa matar alguén. Xa que ela non me quixo facer ningún ben, que me queres, Amor?

(III) Amor, por tal razón eméndate disto para non me privares do meu sono por quen me quixo matar e me desdeñou e cometerá o pecado de matarme. Pois ela nunca me quixo facer ben, que me queres, Amor?

(IV) Amor, eméndate disto para non me privares do meu sono pola que non me fai ben [...] e mo fará, isto é o que eu penso. Xa que o seu beu cedo se me torna en coita, que me queres, Amor?

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 10a 10b 10a 6B (= RM 13:40)

Encontros vocálicos: 2 en·vi·ar; 3 dór·mi͜o; 15 teve‿en; 22 mi͜-o

Notas


Texto
  • 7

    Nótese a variante or (único rexistro no corpus) do adverbio de reforzo ar, que tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. En calquera caso, a variación ar ~ er ~ or lembra a vacilación par ~ per ~ por e antre ~ entre ~ ontre.

  • 10

    A métrica solicita a expunción de un, pois o indefinido converte o verso en hipermétrico.

  • 11

    Igual que acontece con fezo vs. fez (véxase nota a 53.16), a forma quiso tamén presenta tendencia á alternancia con quis, circunstancia que confirma que, en certos casos, quis[o] é a solución máis axeitada para resolver os problemas de hipometría versal. Véxase como, en face da correcta forma quiso de A, os apógrafos italianos presentan quis (por ela, nunca m’er quiso [<quis> B] falar, 310.7; pois s’El nunca de min quiso [<qis> BV] doer, 420.9), do mesmo xeito que no refrán da estrofa I da cantiga 995 aparece a seguinte variación A vs. BV: que nunca Deus gran coita quiso dar vs. que nunca Deus mui gran coita quis dar.

    De calquera maneira, a forma quiso está presente no v. 15, paralelo a este (Pois m’ela nen un ben quis[o] fazer - Pois m’ela nunca quiso fazer ben).

  • 13

    Lémbrese que, en xeral, na Idade Media castigar-se significa ‘emendarse, corrixirse’.

  • 16

    No refrán desta cantiga aparece a inusual construción seer pecador de, isto é, ‘cometer o pecado de causar sofremento a alguén’, que só reaparece en Nuno Fernandez Torneol (168.5-6) e Don Denis (545.13-14).

  • 19-20

    A puntuación de Littera anula a presenza da locución conxuntiva final por tal que:
              Amor, castiga-te desto por tal:
              que me nom tolhas meu sono...

  • 21-22

    O estado lacunoso do manuscrito só permite a reconstrución do v. 22 con certa marxe de seguranza.

Buscar
    Sin resultados