889 [= RM 94,6]
Ben poss’Amor e seu mal endurar

Ben poss’Amor e seu mal endurar,
tant’é o ben que de mia senhor ei
sol en cuidar no ben que dela sei,
ca sa mesur’e seu mui bon falar
e seu bon sén e seu bon parecer
tod’é meu ben; mais que mal poss’aver
mentre a vir e no seu ben cuidar?
Gradesc’a Deus que mi deu tal senhor
tan de boo prez e que tan muito val,
e rogo-lhi que min i deste mal
me guaresca nen m’empare d’Amor;
ante mi dé sempre poder e sén
de a servir, ca est’é o meu ben
e aquest’é meu viço e meu sabor,
ca seu fremoso catar e riir
e falar ben sempr’en bõa razon
assi m’alegra no meu coraçon
que non cuid’al senon en a servir
e no seu ben se mi-o Deus dar quiser:
como farei depois, se o ouver,
que o possa manteer e gracir?
Ai Deus Senhor, quando se nembrará
esta dona, que tant’amo, de min
que diga eu: «Tan bõo dia servi
senhor que tan bon galardon mi dá?».
Pois en cuidar tan gran sabor ach’eu,
ren non daria, se ouvess’o seu
ben, por quant’outro ben eno mund’á.
E por end’am’e sérvi’e sõo seu,
desta senhor, e servi-la quer’eu,
ca bon serviç’en ben s’encimará.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 897, V 482

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 306-308); Stegagno Picchio (1968: 190-191 [= LPGP 623]); Littera (2016: II, 101-102).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 177); Braga (1878: 91-92); Machado & Machado (1953: IV, 242-243).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 48).

Variantes manuscritas


1 endurar] endurar / (en durar) V   8 Deus] des V   10 rogo-lhi que min i deste] rogolhi que mīoy este B : cōgo(g)lhi q̅ nūbi deste V   11 guaresca] garesca B; m’empare] me pare B   13 est’é] (c)este V; ben] utar V   14 e aquest’é meu viço] caq̅ste meu uigo V   15 riir] tijr V   17 m’alegra no meu coraçon] maleg’ na meu coracon B : maleg’ no meu corazon V   18 en a] eua B   20 se o] se9 B   22 Ai] Aly B : Alhy V; Deus] des V   24 eu] em B   26-27 en cuidar ... / ren non da<ria>] om. B   27 seu] seri B   29 sõo] scō B; seu] sen V   30 eu] en V   31 ben] be B

Variantes editoriales


9 boo] bõo Stegagno Picchio, Littera   10 min i deste] nunca d’este Nunes : min oy este Stegagno Picchio : nunca deste Littera   11 garesca] guaresca Nunes   12 dé] dê Nunes, Stegagno Picchio, Littera   16 bõa] boa Nunes   17 m’alegra no] m’alegram o Nunes   18 en a] ena Littera   23 min] mi Nunes   24 bõo] bom Littera

Paráfrasis


(I) Ben podo aturar Amor e o seu mal, de tanto que é o ben que recibo da miña señora só con pensar no ben que coñezo dela, pois a súa mesura e o seu moi bo xeito de falar e o seu bo siso e a súa beleza todo resulta no meu ben; mais que mal podo recibir mentres

(II) Dou grazas a Deus por me dar tal señora, de tanta boa fama e que tanto vale, e rógolle que a min deste mal me garde e me ampare de Amor; antes me dea sempre poder e siso para servila, pois este é o meu ben e o meu gozo e o meu gusto, (III) porque o seu fermoso ollar e rir e ben falar sempre con bo razoamento me alegra no meu corazón de tal xeito que non penso noutra cousa agás en servila e no seu ben, se Deus mo quixer dar: como farei despois, se o tiver, para o poder manter e agradecer?

(IV) Ai Deus Señor, cando se lembrará de min esta dona que tanto amo, de modo que eu diga: «En bo día servín unha señora que me dá tan bo galardón.» Pois con pensalo acho tan gran pracer, se gozase do seu ben non daría nada por canto outro ben hai no mundo.

(I) E por iso amo e sirvo e son seu, desta señora, e servila quero, pois o bo servizo há culminar con ben.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:64) + 10c 10c 10a

Encontros vocálicos:9 bo͜o; 14 viço‿e; 19 mi͜-o; 24 bõ͜o; 29 sér·vi’͜e

Notas


Texto
  • 9

    A variante bõo ~ boo, con grafía conservadora, é neste verso e mais no v. 24 metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon (nos vv. 4, 5, 25, 31), tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (241.10, 464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia e comportamento gráfico-métrico é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / sõo ~ soo) e, tamén, a un / ũu. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 10

    As edicións precedentes deste verso non son satisfactorias por se afastaren da lección dos manuscritos (Nunes)  ou por seguir mecanicamente a lección de B (Stegagno Picchio), coa proposta dunha rara forma oy (‘hoxe’) e un estraño valor de ‘conservar’ para garecer (cfr. a tradución da editora italiana: «e lo prego che oggi mi conservi questa pena»). Coidamos que o pronome min, CD sen preposición, está ben representado por <mī> B e <nū> V, mentres que o adverbio i procede de <oy> e <bi>, erros por <hy> e <hi> en B e V respectivamente: a confusión <o>/<h> é frecuente en B (<Ou> B, <ou> V 1263.3; <ou> B, <hu> V 1315.11 e 1468.16; etc.), e o erro <b>/<h> é frecuente en V: mi <mi> A, <mh> B, <mb> V (403.13); mi-o <mho> B, <mbo> V (857.18); ũa <hũa> B, <buã> V (950.7) etc. Finalmente, deste, a lección de V, ten de ser a correcta, pola rexencia do verbo garecer (deste mal / me garesca nen m’empare d’Amor).

    Por outra parte, débese reparar en que a conxunción copulativa nen é perfectamente equivalente neste contexto a e, sen valor negativo, tal como acontece con algunha frecuencia no corpus, onde mesmo se achan contextos en que as dúas conxuncións (e, nen) son intercambiábeis. Véxanse, a modo de exemplo, os refráns de senllas cantigas:

              mais non faledes vós migo

              se o poderdes saber

              por alguen nen entender (1224.5).

     

              se el vir vós nen mí per meu grado,

              San Salvador mi seja irado

              de Valongo, ... (1257.5).

  • 11

    Na lingua das cantigas é sistemática a presenza do xermanismo guarecer, que presenta unha rara variante garecer (véxase unha decena de ocorrencias no CGPA): nesta composición garesca é a lección achegada por B, mais probabelmente sexa debida á omisión de <u>, tal como testemuña o guaresca de V (cfr. tamén a mesma situación en 978.23).

  • 17

    A proposta de Nunes (m’alegran o meu coraçon), coa forma alegran, é acorde co feito de existir un suxeito plural (catar e riir e falar ben); no entanto, a lección unánime de BV (<maleg’ na/no meu coracon/corazon>) aconsella fixar alegra, a concordar co último elemento.

  • 22

    Resulta imprescidíbel a emenda das leccións <Aly> e <Alhy> de B e V, respectivamente,  para estabelecer a interxección ai!

  • 31

    Nesta pasaxe encimar significa ‘acabar, rematar’, mais volve aparecer nunha cantiga de Vaasco Perez Pardal co sentido de ‘elevar, engrandecer’ (1526.16), sen máis ocorrencias no corpus. De calquera forma, encimar é voz rara na lingua medieval, de que só achamos dúas ocorrencias nas Cantigas de Santa Maria:

    Adur pod' esta razon
    toda o mour’encimar,
    quand’à omagen enton
    viu duas tetas a par,
    de viva carn’e d’al non,
    que foron logo mãar
    e deitar
    leite come per canudos (CSM 46.62).

    E estando en perfia de qual deles o matasse,
    deitaron ontre ssi sortes quen primeiro começasse;
    mas non quis Santa Maria que tal feito s’encimasse,
    ca el diss' a grandes vozes: ... (CSM 194.32).

    Tamén se rexistra no Penitencial de Martín Pérez (de 1399):

    Das orelhas digo: [...] Se lhes nom quis aas fraquezas das almas encimar.

    E aínda aparece nun documento compostelán de 1537: 

    n(õ) se pode ir sen p(ra)zer d(e) seu Amo Ata q(ue) encime seu tempo e se se for peyta'll'a o q(ue) a fillado da soldada dubrado o q(ue) ficar sengel (cfr. CGPA, s.v.).

Buscar
    Sin resultados