486 [= RM 18,6]
Cirola oi andar-se queixando

Cirola oi andar-se queixando
de que lhi non d[av]an sas quitações;
mais, des que oi ben sas razões
[e] ena conta foi mentes parando,
logo tenho i que non dissera ren
e era ja quite de todo ben:
por én faz mal d’andar-s’assi queixando.
E queixa-se-m’ele muitas de vegadas
dos escrivães e dos despenseiros
[.............................................. -eiros]
mais, pois veen a contas aficadas,
logo lhi mostran ben do que quit’é,
e pero digo-lh’eu que [o] mal é
de quen o el quitou muitas de vegadas.
E por leva-la quitaçon dobrada
se [me] queixou; e catei u jazia
enno padron, e achei que avia
de todo ben sa quitaçon levada;
por én faz mal, que non pode peor;
mais tant’á el de quitaçon sabor
que a nega, pero xa leva dobrada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 488, V 71

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 31-32 [= LPGP 142]); Paredesa (2001: 263); Lopes (2002: 78); Paredesb (2010a: 238); Littera (2016: I, 98).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 33-34); Braga (1878: 14-15); Machado & Machado (1950: II, 358-359); Paredes (2010b: 172-173); Paredes (2010c: 119-120); Rios Milhám (2018b: III, 486).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 343).

Variants manuscrites


1 oi] vi BV   2 d[av]an sas quitações]  dam ssas qⁱtacoes BV   4 foi] fay V   5 tenho i] tentey B : teney V   6 e era] aera B : a / era V   7 queixando] q neyxando V   9 escrivães] escu’aēs B : escⁱuāos V; dos] des B   12 que] qⁱue BV   14 vegadas] denegadas B : deuegadas V   15 quitaçon] qⁱtacō B   16 queixou] q̄yxo B : q̄yxon V   18 todo] cado B; quitaçon] qⁱtacō B   20 quitaçon] qⁱta con BV   21 dobrada] dodrada V

Variants editorials


1 Cirola oi] [A] Cítola vi Lapa : Cítola vi [or’] Lopes, Littera : Citola oi Paredesa, Paredesb   2 d[av]an] dam Lopes, Littera   3 oi] [eu] oi Lapa, Paredesa, Paredesb   4 [e] ena] e [ẽ]na Lapa : e [e]n’a Lopes   5 logo tenho i] logo tiv’i Lapa, Paredesa : log’atentei Lopes, Paredesb, Littera; ren] ben Lapa   6 e] [c]a Lopes, Littera   8 muitas de vegadas] muitas vegadas Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   10 [ca sempre lhe tolheron seus dinheiros] Lapa   14 quen o] quen no Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb; muitas de vegadas] muitas vegadas Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   17 enno] ẽno Lapa, Paredesa, Paredesb : en’o Lopes : eno Littera

Paràfrasi


(I) Oín que Cirola se andaba queixando de que non lle daban os seus pagamentos; mais desde que oín ben os seus argumentos e fun reparando na conta chego á conclusión de que non dixera nada e que era xa libre de todo ben: por iso fai mal por se andar queixando así.

(II) E quéixaseme el moitas veces dos escribáns e dos despenseiros [...] mais, pois veñen a contas exactas, logo lle mostran ben o que se lle pagou, por iso lle digo eu que o mal é o daquel de quen el sacou (o diñeiro) moitas veces.

(III) E coa idea de levar unha paga dobrada véuseme queixar, e fun ver onde estaba anotado no padrón, e pareceume que levara a súa paga totalmente axeitada; por iso fai mal e non podería facelo peor; mais el ten tanta ansia da paga que a oculta, aínda que a leva dobrada.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:190)

Encontros vocálicos: 7-8 queixando./E; 11 ma·is; 13 tenhoi; 14 oel; 21 *quea

Notes


Text
  • *

    Con base nunha lectura atenta da Crónica de Alfonso X de 1340 confrontada con documentación da época, Viçenç Beltran (2001) contextualizou esta e outras cantigas (véxanse tamén as cantigas 494, 1463, 1535, 1541, 1543, 1544, 1621 e 1672, da autoría de Afonso X, Pero Gomez Barroso, Gil Perez Conde, Afonso Fernandez Cubel e Pedr’Amigo de Sevilha) nun ciclo de textos satíricos: todos eles tratan de forma irónica e paródica sobre a rebelión da nobreza de 1272-1274, un dos máis graves problemas políticos que tivo que afrontar o rei Afonso X e no que participaron varios magnates e ricomes que, entre outras esixencias, lle reclamaban pagamentos atrasados e a restitución de propiedades pretensamente usurpadas. Dada a gravidade a que chegou a situación, o rei accedeu a pagar as soldadas, mais os ricomes non só non cesaron na súa actitude rebelde, senón que se negaron a acorrer ao rei na fronteira contra o rei de Granada, con quen estaban conspirando, e presentáronselle en Burgos, coas respectivas hostes, en ton ameazador e reivindicativo. Os rebeldes acabarían por se desnaturaren no reino de Granada, e as súas terras fóronlles incautadas até que, anos despois, retornaron ao servizo do rei de Castela. Véxase Beltran (2001).

    Nótese a repetición da palabra rimante no primeiro e derradeiro verso de cada estrofa (I queixando; II vegadas; III dobrada).

     

  • 1

    Lapa propuxo a emenda Cirola > Cítola, moi probabelmente pola inexistencia de tal forma na lingua medieval (aínda que presente no galego moderno). Sen dúbida, o incipit da cantiga presenta un problema de corrupción textual que se acrecenta coa ausencia de unha sílaba. Perante a situación, mantemos a lección dos manuscrito no que di respecto ao nome do personaxe (Cirola), pois a existencia desta voz na lingua moderna parece apuntar á certeza da lección de BV.
    Por outra parte, a hipometría do verso sánase coa forma oi, a substituír o <vi> dos manuscritos italianos, que presentan algunha vez esta confusión: <oi> A vs. <vy> B (217.7), <uj> B vs. <oy> V (924.20). Lapa prefire introducir a preposición a co CD de persoa, mentres Lopes e Littera suplementan o verso co adverbio ora.

  • 2

    A quitaçon ‘pagamento’ recibe o seu nome da existencia dun recibo que o xustificaba (cfr. quitar ‘librar’).

  • 3

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, son desnecesarias as reintegracións, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 4

    É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia (nótese a facilidade do erro por contigüidade), como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

    Canto á forma foi, esta variante é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 5

    A lección <tentey> de B é de lectura dubidosa, o cal explica as diversas interpretacións da pasaxe por parte dos diferentes editores.

  • 8

    A lección unánime de BV (tamén no v. 14) confirma a expresión muitas de vegadas (‘moitas veces’), que debía de ter uso corrente na Idade Media, onde contamos coa certificación das Cantigas de Santa Maria:

    Aquesto na missa muitas de vegadas
    rogou (CSM 145.61)

    A expresión tamén ten existencia probada no castelán da época (véxase CORDE, s.v. muchas de vegadas), mesmo en textos producidos na Galiza, como demostra a seguinte citación dun documento de Tui de finais de 1487 do Synodicon hispanum, coa actualización de vegada en vez:

    e que a las de vegadas acaecen que muchas de vezes non les fallan con que los enterrar.

    A expresión continuou viva até polo menos o século XVIII, pois é utilizada por Sarmiento no Coloquio de 24 gallegos rústicos:

    Que van numhas bestas
    ou facos galegos
    e muitas de vezes
    a pé os gaiteiros (cfr. CGPA, s.v.)

    Deste modo, mantense a lección dos manuscritos, que non xera hipermetría polo episinalefa co verso anterior (queixandoE), ao tempo que esta licenza métrica permite o acento na 4ª sílaba do verso.

  • 9

    A lección subministrada por B suxire escrivan, mentres que a lección de V indica escrivão. Ambas as dúas formas, con preeminencia da primeira, son utilizadas na lingua medieval. Por outra parte, un despenseiro é o encargado da despensa do pazo.

  • 11

    As contas aficadas deben ser ‘contas axustadas e certas, feitas con rigor’.

  • 13

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 14

    A partir da manutención de muitas de vegadas (véxase nota ao v. 8), a métrica esixe a sinalefa oel, similar a outras sinalefas co pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): oouvesse (8.17), oEle (67.19), oei (291.19, 1571.3), oer (498.10), oeu (983.24 e 25, 1215.2), oaprendestes (1430.21), oen (1433.20), ooistes (1531.17), oome (1613.12).

  • 17

    Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, (eno/ena) que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno/enna), anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 205.9, 294.4, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).

    No contexto, o padron é un documento ou libro de rexistros.

  • 21

    A única maneira de evitar a indesexada sinalefa de que é a expunción de xe, de modo que se produza a sinalefa peroa.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat