277 [= RM 79,11]
Com’oj’eu vivo no mundo coitado!

Com’oj’eu vivo no mundo coitado!
Nas graves coitas que ei de sofrer
non poderia outro ome viver
nen eu fezera temp’á i passado,
mais quando cuid’en qual mia sennor vi,
entanto viv’e entanto vivi,
e tenno-m’én das coitas por pagado.
E empero quand’eu en meu cuidado
cuido nas coitas que me faz aver,
coido mia mort’e querria morrer,
e coid’en como fui mal dia nado;
mais quand’ar cuid’en qual mia sennor vi,
de quantas coitas por ela sofri
muito m’én tenno por aventurado.
E en seu ben per mí seer loado
non á mester de ende máis dizer,
ca Deus-la fezo qual mellor fazer
soub’eno mund’, e ben maravillado
sera quen vir a sennor que eu vi
pelo seu ben, e ben dira per mí
que ben dev’end’a Deus a dar bon grado
de quantas coitas por ela sofri,
se Deus mi-a mostre como a ja vi
seendo con sa madre en un estrado!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 170, B 321

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 338-339 [LPGP 529]); Correiaa (2001: 383); Correiab (2016: 70); Littera (2016: I, 602-603).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117-118); Carter (2007 [1941]: 102); Marques Braga (1945: 317-318); Machado & Machado (1950: II, 68-69); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 277).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 530-531).

Variantes manuscritas


3 outro ome] outrome B   4 temp’á i] tenpaia B   8 E] {E} A : om. B; quand’eu] quando eu B; en meu] ē nomeu B   9 me] mj B   10 coido mia mort’e querria morrer] E cuido na morte queria moirer B   11 coid’en] cuyden B   12 quand’ar] ʷdo ar B; cuid’en] cuid(o) en A   14 aventurado] aueturado A   16 non] no A; de ende] de(o) ende A : deo en B; máis] mas A   17 Deus-la fezo] d’s la fez{o} A : deula fez B   18 mund’, e ben maravillado] mūdo e m̃auilhado B   19 quen] ꝙʷ B   20 mí] mj̄ B   21 dev’end’a] deuu end a A; a dar bon grado] dar bon gardo B   24 madre en] madrē B

Variantes editoriais


3 outro ome] outr(o) ome Michaëlis : outr’ome Correiaa, Correiab, Littera   7 m’én das] m’end’as Michaëlis : m’eu das Littera   8 E empero ... en] Empero ... en[o] Michaëlis, Littera   10 coido] cuido Correiab, Littera  11 coid’] cuid’ Correiab, Littera   16 máis] ma[i]s Michaëlis   24 madre en] madr(e) en Michaëlis : madr’en Correiaa

Paráfrase


(I) Como eu hoxe vivo no mundo coitado! Nas graves coitas que eu teño de sufrir non podería outro home vivir nin eu o tería feito hai algún tempo, mais cando penso en como vin a miña señora, entre tanto vivo e entre tanto vivín, e por iso me dou por compensado polas coitas.

(II) Aínda que cando eu no meu pensamento penso nas coitas que me fai sufrir, penso na miña morte e querería morrer, e penso en como nacín nun aciago día; mais, cando penso tamén en como eu vin a miña señora, de cantas coitas por ela sufrín, considérome por iso moi afortunado.

(III) E en ser louvado por min o seu ben non é preciso dicir máis ao respecto, pois Deus a fixo o mellor que soubo facer no mundo, e quen vexa a señora que eu vin ben marabillado será polo seu ben, e ben dirá de min que ben debo por iso estar agradecido a Deus (1) por cantas coitas por ela sufrín, así Deus ma mostre como xa a vin estando sentada con súa nai nun lugar relevante!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= RM 161:151)

Encontros vocálicos: 3 outroome; 23 mi-‿a; 24 madreen

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga forma parte da polémica poética coñecida como «ciclo das amas», orixinada pola cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (UC 274), que versa sobre o amor entre o trobador e unha muller que por todos é denominada ama. No caso desta cantiga do Burgalés, a ligazón co ‘ciclo da ama’ deriva da alusión ao estrado no final da cantiga (véxase Correia 2016: 107-124). A base retórica da cantiga inicial é un sutil xogo etimolóxico no ámbito da interpretatio nominis que foi desvelado por Ângela Correia (1996; véxase tamén Correia 2012). Coelho, como «trobador leterado», acudiría á autoridade das Etimologiae de S. Isidoro de Sevilla, onde se explica o nome grego da curuxa, amma, relacionándoo co verbo amar. Así, tras a ama da cantiga estaría a clave que identificaría a muller amada polo poeta: Urraca Guterrez, filla do aristócrata castelán Goterre Soarez, que era alcumado «Moucho», razón pola cal Ângela Correia en 2016 edita sempre Ama con maiúscula.
    No entanto, os trobadores contemporáneos, aínda que entenderían o alarde letrado de Joan Soarez Coelho, quixeron interpretar literalmente o termo ama co valor de ‘ama de cría / ama de leite’, e compuxeron unha serie de textos burlescos con este motivo: Desmentido m’á ‘qui un trobador, de Joan Soarez Coelho (UC 278); Com’oj’eu vivo no mundo coitado, de Joan Soarez Coelho (UC 277); Esta ama cuj’é Joan Coelho, de Fernan Garcia Esgaravunha (UC 1530); –Joan Soares, de pran as melhores, de Juião Bolseiro e Joan Soarez Coelho (UC 1197); Joan Soares, pero vós teedes de Airas Perez Vuitoron (UC 1501); Don Vuitoron, o que vos a vós deu, de Joan Soarez Coelho (UC 1433); Par Deus, Lourenço, mui desaguisadas, de Joan Garcia de Guilhade (UC 1520); Joan Garcia tal se foi loar, de Joan Soarez Coelho (UC 1434); Que alongad’eu ando d’u iria, de Pero Garcia Burgales (UC 179), para alén de –Quen ama Deus, Lourenç’, ama verdade, de Joan Soarez Coelho e Lourenço (UC 1432).

  • 4

    Obsérvese a perfecta equivalencia semántico-métrica entre a construción de A (temp’á i) e a formulación de B (temp’á ja).

  • 7

    Mantemos a leccións dos manuscritos coa segmentación que esixe a rexencia da preposición de do verbo pagar-se, seguindo a suxestión de Nobiling (2007 [1907b]: 197), que propón tenho-m’eu das coitas...

  • 8

    A lectura deste verso é produto do seguimento da emenda introducida polo revisor de A, que corrixe a hipometría e traslada, ademais, o sistemático acento para a cuarta sílaba polo carácter oxítono de empero; tamén parece correcta a lección de B, se se considera a existencia dun hiato no encontro quando eu (Empero quando eu enno meu cuidado). A locución conxuntiva e empero, de valor concesivo (véxase tamén 315.18 e 407.6) convive no corpus coa máis utilizada e pero (véxase nota a 4.5).

  • 10

    O texto copiado en B (e cuido na mort’e querria morrer) constitúe máis outro caso de hipermetría pola presenza da copulativa inicial, ausente en A.

  • 16

    É certamente rara a aparición da secuencia de ende, con hiato en vez de crase ou, alternativamente, sinalefa (con lección alternativa en B: non á mester de o én máis dizer); só se rexistra unha secuencia semellante en entendede en (297.r1), tamén con versión alternativa que evita tal encontro en B.
    E tamén é moi esporádico o erro de copia (por omisión) en A no adverbio de cantidade máis, pois só volve aparecer <mas> como adverbio en 305.r1 e 277.16.

  • 17

    Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

    Nótese, ademais, como a variante fez de B faría hipométrico o verso, que foi corrixido en A coa forma fezo (véxase nota a 53.16).

  • 18

    A segmentación de eno en soub’eno vén suxerida pola lección ajudiana <soub eno> (cf. <soube no> en B), aínda que a deglutinación soube no tamén é posíbel e correcta.

  • 23

    Neste verso se é equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.), tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 24

    A voz estrado ‘peza de mobiliario utilizada como asento’ só volve aparecer en 766.6 (e vós ide-vos chegando lá todas per ess’estrado). Na prosa aparece en contextos moi similares, como mostra a Crónica Troiana:

    sentárõsse anbos en hu͂ estrado ... Et foysse sentar cõ ela en hu͂ estrado (Lorenzo 1985: 253, 259).

Procurar
    Não foram encontrados resultados