948 [= RM 63,17]
Con coitas d’amor, se Deus mi perdon

Con coitas d’amor, se Deus mi perdon,
trob’, e dizen que meus cantares non
valen ren porque [a]tan muitos son;
mais muitas coitas mi-os fazen fazer,
e tantas coitas, quantas de sofrer
ei, non as posso en un cantar dizer.
Muitas ei, ei cuidad’e so[n] mi sal,
e faço muito[s] cantares en tal
que per[ç]a coitas, e dizen-m’i mal;
mais muitas [coitas mi-os fazen fazer,
e tantas coitas, quantas de sofrer
ei, non as posso en un cantar dizer].
E[n] muito[s] cantares tenho que ben
posso dizer mias coitas, e por én
dizen-mi ora que faço i mal sén;
mais muitas [coitas mi-os fazen fazer,
e tantas coitas, quantas de sofrer
ei, non as posso en un cantar dizer],
ca, se cuidar i, ja mentre viver
ben cuido que as non possa dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 945, V 533

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 355-356); Rodríguez (1980: 68 [= LPGP 379-380]); Littera (2016: I, 426-427).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 101-102); Gassner (1933: 394); Machado & Machado (1953: IV, 313-314); Fernández Pousa (1959: 86).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 283); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 82); Arias Freixedo (2003: 429-430); Souto Cabo (2017: 111).

Varianti manoscritte


3 son] sor V   6 ei] E B; posso] uosso B : nosso V   7 so[n] mi sal] somi fal B : semi sal V   8 faço] faco B : fazo V; en tal] emal BV   9 per[ç]a] ꝑo B : pre V; coitas] coitaz B   14 én] eo V   15 dizen] E dizen B : e dizen V   20 cuido] coido V

Varianti editoriali


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 5-6 nas estrofas I-II.

6 posso] poss(o) Nunes   7 ei cuidad’e so[n] mi sal] e cuydados non me fal Nunes : ei cuidad’e so[n] mi fal Rodríguez : hei cuidad’e se mi sal Littera   8 muito[s] cantares] muito cantares Rodríguez   9 per[ç]a] perca Rodríguez; -m’i] -mi] Nunes, Rodríguez, Littera   12 posso] poss(o) Nunes   18 posso] poss(o) Nunes   20 cuido] coydo Nunes

Parafrasi


(I) Eu trobo, que Deus me perdoe, por causa das coitas de amor, e din que os meus cantares non valen nada porque son tantísimos; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(II) Moitas teño, penso moito (nelas) e sáeme a música e fago moitos cantares con tal de perder as coitas, e critícanme por iso; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(III) Penso que en moitos cantares podo dicir as miñas coitas, e porén dinme agora que niso fago unha loucura; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar, (1) porque, se pensar niso, ben coido que non as poida dicir xa mentres viva.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 19:15) + 10b 10b

Encontros vocálicos: 4 mi͜-os; 6 posso‿en; 10 mi͜-os; 12 posso‿en; 15 -mi‿ora; 16 mi͜-os; 18 posso‿en

Note


Testo
  • 3

    A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada.

  • 7

    A edición de Rodríguez restaura moi probabelmente a lectura correcta do verso, coa aparición do son asociado aos cantares, cun erro paleográfico de fácil explicación por omisión da consoante nasal por contigüidade en B (sommi fal → somi fal), e coa banal confusión <e>/<o>. Non obstante, no caso do verbo rimante, optamos por sal, P3 do presente de indicativo de sair, que condí ben co sentido ao tempo que a vacilación <f>/<s> (en B / V) ten unha fácil explicación paleográfica. Esta forma verbal, do punto de vista fono-morfolóxico, é evolución fonética regular de salit (cfr. outras formas verbais como dol, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (sae ~ sai) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 104.6, 1540.3.

  • 8

    O erro común a BV <m>/<nt> (<emal> en tal) aparece con especial frecuencia no Cancioneiro da Vaticana: ante <ante> B, <ame> V (485.2, 1215.16), ant’os <amos> B, <antos> V (882.20), enquanto <ēquāto> B, <en quamo> V (1175.2), creente <creente> B, <creem> V (1336.15) etc.

  • 9

    A locución conxuntiva en tal que introduce cláusulas co verbo en subxuntivo pretérito ou presente, de modo que para chegarmos a perça debemos partir da lección <ꝑo> de B (cfr. <per> en V), que fai lembrar erros como <pero>/<pera> en 1338.14 (pera <pero> B, <ꝑa> V) ou <pero>/<preto> en 313.7 (preto <[p]reto> A, <pero> B).

  • 13

    A concordancia plural con cantares esixe a emenda de muitos, ao tempo que debe ser tamén emendada a aparente copulativa inicial para a converter na preposición en.

  • 15

    Neste verso é obvia a necesidade de expunción da copulativa inicial do verso, xa que a sintaxe (e a métrica) non permite a súa presenza polo feito de a frase comezar no verso anterior cunha copulativa: *e por én / (e) dizen-mi ora que faço i mal sén.

Cerca
    Nessun risultato trovato