788 [= RM 81,3]
Conselhou mí ũa mia [a]miga

Conselhou mí ũa mia [a]miga
que quisess’eu a meu amigo mal,
e ar dix’eu, pois m’én parti, atal:
«Rog’eu a Deus que El me maldiga
se eu nunca por amiga tever
a que mi a mí atal conselho der
qual mi a mí deu aquela, que os meus
olhos logo os enton fez chorar;
por aquel conselho que mi foi dar,
vos jur’eu que nunca mi valha Deus
se eu nunca [por amiga tever
a que mi a mí atal conselho der]
qual mi a mí deu aquela, que poder
non á de sí nen d’outra conselhar;
e Deu-la leixe desto mal achar
e a min nunca mi mostre prazer
se eu nunca [por amiga tever
a que mi a mí atal conselho der]:
a que mi a mí [a]tal conselho der
filhe-xo pera sí se o quiser».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 791, V 375

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 184-185 [= LPGP 551-552]); Cohen (2003: 259); Fregonese (2007: 108); Littera (2016: II, 15).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 143); Braga (1878: 71); Machado & Machado (1953: IV, 90-91).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 39-40); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 129); Arias Freixedo (2003: 558-559).

Variantes manuscritas


3 m’én] meu BV

Variantes editoriais


1 Conselhou mí] Conselhou-mi Nunes, Fregonese, Littera   3 m’én] m’eu Fregonese   18 conselho] censelho Nunes   19 [a]tal] tal Nunes

Paráfrase


(I) Aconselloume a min unha miña amiga que lle quixese mal ao meu amigo, e, cando me fun de alí, dixen eu así: «Rogo a Deus que El me maldiga se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (II) cal me deu a min aquela, que os meus ollos fixo logo entón chorar; por aquel consello que me foi dar, xúrovos eu que nunca me valla Deus se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (III) cal me a min deu aquela, que non ten dominio de si mesma nin para aconsellar a outra; e Deus por isto a deixe encontrar o mal e a min nunca me mostre pracer se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello: (1) a que me a min tal consello der tómeo para si se o quixer».

Métrica


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I [= RM 160:293]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (II-III [= RM 160:145]) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 6 mia; 7 mia; 12 mia; 13 mia; 18 mia; 19 mia

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 1

    A sistemática sinalefa que se produce entre o pronome átono mi (ou lhi) e a voz seguinte iniciada por vogal, nomeadamente ũa (véxase 756.1, 1621.7, 1674.12) é indicada, de regra, nos apógrafos italianos por medio da grafía <mh>. A forma <mi> de BV neste contexto (fronte á xeral grafía <mh> do pronome perante vogal ao longo da composición, nomeadamente nos vv. 6, 7, 13 e 19) e a necesidade de hiato lévanos a considerar a existencia da forma pronominal tónica , que confirma o carácter eneasilábico do verso. Véxanse en UC/Glosario, s.v. , múltiplos contextos en que este pronome cumpre función de CD sen preposición. 

  • 3

    A presenza do pronome eu en e ar dix’eu mostra como, con total probabilidade, existe un lapso de copia nos apógrafos italianos en <meu>, con inversión <n>/<u> (m’én). Erros idénticos poden verse en múltiplas pasaxes ao longo do corpus; tal acontece, por veces, nun cancioneiro fronte a outro(s): B vs. A: 154.14, 244.14; B vs. AV: 421.14; B vs. V 485.9; V vs. B: 555.7, 608.15 etc.; noutras ocasións, o contexto esixe a emenda (464.15, 580.10 etc.), mesmo obrigadamente pola rima (véxase, por exemplo, 186.11, 549.20).

  • 14-15

    A segunda aparición da preposición de (d’outra) semella reflexo da primeira, pois sintacticamente é anómala a súa presenza, coa expresión escurecida polo deslocamento de conselhar: «... que poder non á de conselhar sí nen (d’)outra molher...».

Procurar
    Não foram encontrados resultados