116 [= RM 115,4]
Cuidava-m’eu, quando non entendia

Cuidava-m’eu, quando non entendia
que mal sén era de vos ben querer,
senhor fremosa, que m’én partiria
atanto que o podess’entender;
mais entend’ora que faç’i mal sén
de vos amar, pero non me part’én,
ante vos quero melhor toda via.
Eu mi cuidava que non poderia
de vós viir, mia senhor, senon ben,
ca non cuidei que me de vós verria
tan muito mal como m’agora ven;
e fazia dereito, ca non al,
e[n] non cuidar que me veesse mal,
senhor fremosa, d’u [o] non avia.
E por mui gran maravilha terria,
senhor, quen ora soubesse de qual
guisa mi ven, e d[er]eito faria,
ca nunca vistes maravilha tal,
ca me ven mal d’u Deus non o quis dar,
senhor, e coita mui grand’e pesar
de vós, de que mi vi[i]r non devia.
Por én, senhor, cousimento seria
e mesura grand’, assi Deus m’ampar,
de mi fazerdes vós ben algun dia,
pois tanto mal me fazedes levar;
e, se mi ben fezessedes, senhor,
sabed’: a vós xe estaria melhor,
e, demais, Deus vo-lo gradeceria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 145

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 781-782); Vallín (1995b: 129-131 [= LPGP 727-728]); Littera (2016: II, 233).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 57-58); Machado & Machado (1949: I, 210-211); Rios Milhám (2017: I, 116).

Variantes manuscrites


9 senon] seuō B   13 e[n] non cuidar] enō cuida(uar) B   16 que m’] ꝗʷ B   18 nunca] uūca B   19 d’u Deus non o] duu ds̄ nō a B   20 grande] g̃ude B   22 cousimento] cōsimento B

Variantes éditoriales


2 vos] vus Michaëlis : vós Vallín   6 vos] vus Michaëlis : vós Vallín   7 vos] vus Michaëlis   8 Eu mi] En mi Michaëlis, Vallín   9 viir] vĩir Michaëlis   13 e[n] non cuidar] e non cuidava Michaëlis   14 [o] non] non’[o] Littera   16 quen] que Michaëlis, Vallín   17 ven] ben Michaëlis   21 vi[i]r] vĩir Michaëlis   27 xe estaria] x’estaria Michaëlis, Littera

Paraphrase


(I) Pensaba eu, cando non entendía que era unha loucura amarvos, fermosa señora, que eu podería deixar de o facer logo que o puidese entender; mais entendo agora que fago unha loucura por vos amar, mais non deixo de o facer, antes vos quero mellor aínda.

(II) Pensaba eu que non me podería vir de vós, miña señora, outra cousa excepto ben, pois non pensei que de vós me viría tanto mal como me agora vén; e facía o correcto, e non outra cousa, en non pensar que me viñese mal, señora fermosa, de onde o non había.

(III) E por cousa moi marabillosa o tería, señora, quen agora soubese de que forma me vén, e obraría xustamente, pois nunca vistes unha marabilla tal, porque me vén mal de onde Deus non o quixo dar, señora, e coita moi grande e pesar de vós, de quen vir non me debía.

(IV) Por iso, señora, sería obrar con criterio e gran mesura, así Deus me ampare, facérdesme vós ben algún día, xa que tanto mal me facedes levar; e se me fixésedes ben, señora, sabede (unha cousa): a vós vos cadraría mellor e, ademais, Deus volo agradecería.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:26)

Encontros vocálicos: 27 xeestaria

Notes


Texte
  • 8

    Neste copista é certamente difícil diferenciar <u> e <n>, mais para alén diso, no contexto consideramos a frecuente expresión me/mi + cuidar que ‘pensar que’, que cadra perfectamente na liña discusiva da composición. Cfr., por exemplo, Eu me cuidei, quando m’ela guario, / que nunca m’ende máis veesse mal (41.7-8).

  • 14

    A métrica solicita a reintegración dunha sílaba, que neste caso é o pronome o, referido ao mal do verso anterior.

  • 16-17

    No v. 17 semella obrigado considerar, de novo, un erro <b>/<u>~<v> en <> (véxase o erro inverso no mesmo copista en 114.10), de maneira que, con Littera, interpretemos do seguinte xeito: ‘E (eu) tería por unha grande marabilla poder saber agora o xeito en que me vén (o mal que me vén de vós), e faría dereito en marabillarme tanto, pois nunca se viu unha tal marabilla...’. Neste sentido, carece de xustificación, por desnecesaria, a emenda de quen en prol de que realizada por Michaëlis e Vallín.

  • 22

    A lección <co͂sime͂to> mostra o erro <>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

    Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 117.15 e 18, 156.2, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé