299 [= RM 147,6]
De mia sennor entend’eu ũa ren

De mia sennor entend’eu ũa ren:
ca me quer mal, assi Deus me perdon;
mais pero sei eno meu coraçon
ca mi-o non quer porque lle quero ben,
ca me non quis nunca nen quer creer,
per nulla ren, que lle sei ben querer.
Mais quer-me mal polo que vos direi:
porque me diz ca lle faço pesar
de a veer nunca nen lle falar,
ca mi-o non quer por al, eu ben o sei,
ca me non quis nunca nen quer creer,
[per nulla ren, que lle sei ben querer].
E des quand’ela fosse sabedor
do mui gran ben que ll’eu quis, poi-la vi,
pero me mal ar quisesse, des i
terria-m’eu que estava mellor,
ca me non quis nunca nen quer creer,
[per nulla ren, que lle sei ben querer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 188, B 339

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 371); Barbieri (1980: 41 [= LPGP 911]); Littera (2016: II, 468).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 124; Carter (2007 [1941]: 111); Machado & Machado (1950: II, 97); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 299).

Variants manuscrites


1 De] e A   2 me] mj B; me] mj B   4 lle] lhi B   5 nen] neu B   6 lle] lhi B   7 me] mj B   8 me diz ca lle] mj diz quelhi B   9 om. B   16 terria] Teiria B

Variants editorials


2 me ... me] mi ... mi Barbieri, me ... mi Littera   4 lle] lhi Barbieri   6 lle] lhi Barbieri   7 me] mi Barbieri; vos] vus Barbieri, Michaëlis   8 me] mi Barbieri; ca] que Barbieri, Littera; lle] lhi Barbieri   10 mi] me Littera   12 lle] lhi Barbieri   18 lle] lhi Barbieri, Littera

Paràfrasi


(I) Eu sei unha cousa da miña señora: que me quere mal, así Deus me perdoe; porén, sei no meu corazón que non me quere mal porque a amo, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.

(II) Mais quéreme mal polo que vos direi: porque me di que lle causo pesar por vela e por lle falar, pois non me quere mal por outra cousa, eu ben o sei, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.

(III) E logo que ela fose sabedora do moito que a amei, desde que a vin, aínda que me quixese mal igualmente, desde entón eu crería que sería mellor para min, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.

Mètrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:223)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 10 mi-‿o

Notes


Text
  • 3

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat