1224 [= RM 116,6]
Disseron-vos, meu amigo

Disseron-vos, meu amigo,
que, por vos fazer pesar,
fui eu con outren falar;
mais non faledes vós migo
se o poderdes saber
por alguen nen entender.
E ben vos per-vingaredes
de mí se eu con alguen
falei por vos pesar én;
mais vós nunca mi faledes
se o poderdes saber
[por alguen nen entender].
Se vós por verdad’achardes,
meu amigo, que é assi,
confonda Deus log’i mí
muit’, e vós, se mi falardes,
se [o] poderdes sa[ber
por alguen nen entender].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 1208, V 813

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 304); Marroni (1968: 256 [= LPGP 735-736]); Cohen (2003: 441); Littera (2016: II, 245-246).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 279); Braga (1878: 153); Machado & Machado (1956: V, 315).

Varianti manoscritte


2 que] om. V   5 poderdes] porderdes B   6 nen] nō B : non V   15 confonda Deus] cofonda des V

Varianti editoriali


1 vos] vus Marroni   2 vos] vus Marroni   6 alguen nen entender] alguen ou entender Nunes : alguen no entender Cohen : alguen’o entender Littera   7 vos] vus Marroni   9 vos] vus Marroni   11 poderdes] podesdes Nunes   12 Véxase v. 6   18 Véxase v. 6

Parafrasi


(I) Dixéronvos, meu amigo, que, por vos causar pesar, fun eu con outra persoa falar; mais non faledes vós máis comigo se por alguén puiderdes ter a certeza diso ou entender (que foi verdade).

(II) E ben vos vingaredes de min se eu falei con alguén para vos causar pesar; mais vós nunca me faledes se por alguén puiderdes ter a certeza diso ou entender (que foi verdade).

(III) Se vós achardes certo, amigo, que (isto) é así, Deus me confunda logo a min e a vós se me falardes (de novo), se por alguén puiderdes ter a certeza diso ou entender (que foi verdade).

Metrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7b 7’a 7C 7C (= RM 160:439)

Encontros vocálicos: 14 é‿assi

Note


Testo
  • 6

    Non obstante as múltiplas confusión <non>~<nõ>/<no>, mesmo con riscamento posterior do til por parte dos copistas (véxase, por exemplo, 723.16 B, 1074.28 V), algunhas delas achegadas por Cohen1 , non conseguimos atestar no corpus poético e/ou prosístico medieval o alomorfo pronominal no após alguen (a pesar da súa existencia no galego moderno, testemuñada pola pronuncia alveolar nesta secuencia), para alén de a solución alguen no non dar sentido satisfactorio neste contexto. É por isto que acollemos a proposta de Marroni, con base na banal confusión <o>/<e> que afecta neste caso a <non>/<nen>. 

  • 14

    Resulta significativo comprobar a frecuente existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10).

  • 15

    Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros, para alén da variación que se detecta nos vv. 12, 19 e 22 da presente cantiga: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.

  • 15-16

    Nótese a presenza das formas pronominais e vós, formas oblicuas tónicas, en función de CD sen preposición (confonda Deus log’i / muit’, e vós ...), construción frecuente no corpus trobadoresco.

  1. ^

    Véxanse <non> B (455.8), <non> B (457.6), <> V (580.20), <> V (852.20), <> V (989.6), <non> B (1050.18), <> B (1235b.10), <Non> B (1326.24), <> V (1333.8), <non> B (1333.13), <> B (1499.18), <> V (1670.14).

Cerca
    Nessun risultato trovato