484 [= RM 18,13]
Don Foan, quand’ogano aqui chegou

Don Foan, quand’ogano aqui chegou
primeirament’e viu volta e guerra,
tan gran sabor ouve d’ir a sa terra
que log’enton por adail filhou
seu coraçon; e el fez-lhi leixar,
po-lo máis toste da g[u]err’alongar,
prez e esforço, e passou a serra.
En esto fez come de bõo sén:
en filhar adail que conhocia,
que estes passos maos ben sabia;
e el guardó-o log’enton mui ben
deles e fez-l[h]i de destro leixar
lealdad’e de seestro lidar
[..................................... -ia]
O adail e[ra] mui sabedor,
que o guiou per aquela carreira,
porque [o] fez desguiar da fronteira
e en tal guerra leixar seu sen[h]or;
e direi-vos al que lhi fez leixar:
ben que podera fazer por ficar,
feze-o poer alen Talaveira.
Muito foi ledo, se Deus me perdon,
quando se viu daqueles passos fóra
que vos ja dix’, e diss’en essa ora:
«Par Deus, adail, muit’ei gran razon
de sempre en vós mia fazenda leixar,
ca non me mova d[aqu]este logar
se ja máis nunca cuidei passar Lora.
E ao demo vou acomendar
prez deste mundo e armas e lidar,
ca non é jogo de que omen chora!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 486, V 69

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 27-28 [= LPGP 145]); Paredesa (2001: 250); Lopes (2002: 75-76); Paredesb (2010a: 226); Littera (2016: I, 96-97).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 32-33); Braga (1878: 14); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 177); Machado & Machado (1950: II, 354-355); Paredes (2010b: 164-167); Paredes (2010c: 114-115); Rios Milhám (2018b: III, 484).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 17-18); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 43-44); Tavares & Miranda (1987: 29-30).

Variantes manuscritas


1 Foan] ffoādo B (coa forma ffoāo por cima, de man de Colocci) : ffoāo V; aqui] qⁱ B : a qui V   4 enton] ēiō V   5 fez] ffex V   7 esforço] esfor co B : esforco V   9 en] eu V   11 e el] eēl V; guardó-o] guardo V   12 l[h]i de] lide BV   13 lidar] leixar lidar B : leixar ljdar  15 sabedor que o] saledor q̄ (e)o V   16 per aquela] periq̄la B : pemq̄ la V   17 fronteira] sron teyra V   19 vos] uos BV   20 podera] poda’ : peda V   21 ꞇ fezeo poer / aalen atala ueyra B : ꞇ fezeo poer / aalen a cala ueyra V   24 vos] uos BV   27 logar] legar BV   30 prez] p’ez B : p̄ez V; lidar] lidax V

Variantes editoriales


1 Foan] Foão Lopes, Littera; quand’] de quand’ Lapa; aquí] i Lapa, Lopes, Littera   5 lhi] lh’i Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   8 come de bõo] com’é de bõõ Lopes   11 guardó-o] guardou-o Lopes, Littera   12 l[h]i] l[h]’i Littera   13 lidar] leixar Lapa, Lopes   14 lidar [os outros e el ir sa via] Lapa : lidar [...] Lopes   15 e[ra] mui] é mui [gran] Lapa, Paredesa, Paredesb : é mui [gram] Lopes, Littera   20 podera] pudera Lopes, Littera   21 feze] e feze Lapa, Lopes, Littera; alen] aalen a Lapa, Paredesa, Paredesb : aalém a Lopes, Littera   26 sempre] sempr’ Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   31 jogo] jog’o Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera

Paráfrasis


(I) Don Fulano, cando este ano chegou aquí por primeira vez e viu que había revolta e guerra, sentiu tal vontade de volver para a súa terra que logo tomou o seu corazón por adaíl; e el –por afastalo máis cedo da guerra– fíxolle abandonar alí o mérito e o valor, e pasou a serra.

(II) Nisto fixo como persoa sensata: en tomar un guía coñecido e que sabía moi ben os pasos perigosos do camiño; e el protexeuno logo moi ben deses perigos facendo que deixase a lealdade á dereita e a loita (a lide, a batalla) á esquerda [...].

(III) O adaíl que o guiou por aquel carreiro era moi arteiro, pois fíxoo desviar da fronte de batalla e abandonar ao seu señor nesa guerra; e direivos outra cousa que lle fixo deixar alí: o ben que puidera facer se ficase fíxoo pór alén de Talaveira.

(IV) Moi ledo se puxo, así Deus me perdoe, cando se viu fóra daqueles pasos perigosos que xa vos contei, e dixo nese intre: «Por Deus, adaíl, que gran razón teño en encomendarvos sempre a miña facenda, pois que xa non me mova deste lugar, se algunha vez pensei en poder pasar de Lora (del Río).

(1) E que o demo leve o mérito e as armas e a lide, que non é un xogo aquilo que fai chorar os homes!».

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10’b 10’b 10a 10c 10c 10’b + 10c 10c 10’b (= RM 163:17)

Encontros vocálicos: 1 oganoaqui; 16 gui·ou; 26 sempreen; 30 mundoe

Notas


Texto
  • *

    Este escarnio vai dirixido, de novo, contra o covarde comportamento de certos cabaleiros e infanzóns na conquista de Andalucía.

  • 1

    Face á lección dos manuscritos (<ffoãoo> B, <ffoão> V) que aparentemente levaria para unha interpretación Foão, trisilábica, o decasílabo mostra que a forma correcta debe ser Foan (do ár. fulān): de feito, a confusión entre ambas as formas é relativamente frecuente nos apógrafos italianos, dun modo similar ao que acontece con Estevan ~ Estevão (de Stephanum, coa primeira forma por posición proclítica) ou vilan ~ vilão (do lat. villanum), todas elas con diferente contaxe métrica.1 De todos os modos, a mesma situación se produce en 1338.1, ao tempo que noutras pasaxes comparece Foan en vez de Foão (1332.5 e 12, 1464.1 e 5, 1633.2). É por isto que Lapa e Lopes, por manteren Foão, estabeleceron unha forma adverbial i substituíndo o orixinal aqui para acomodar o verso á xusta medida decasilábica.

  • 2

    O substantivo volta ‘rebulicio, pelexa, combate’ non volve aparecer no corpus profano.

  • 5

    En V aparece a lección <fex> para fez, probabelmente por un erro <x>/<z> (véxanse tamén leccións como <uox> voz, 487.30, ou <pax> paz, 1598.25) máis do que unha eventual palatalización desta forma verbal. Téñase en conta que as formas verbais do tipo quix (véxase nota a 74.13) presentan consoante palatal final sobre formas acabadas en -s coa excepción de trax (véxase nota a 429.24).

  • 6

    O adverbio toste ‘cedo, depresa’ é un provenzalismo (tamén en 487.21, 573.3, 860.20, 1367.17, 1494.13, 1509.21, 1637.11), fundamentalmente utilizado na produción poética, sobre todo nas Cantigas de Santa Maria.

  • 11

    O encontro da P3 de pretérito da primeira conxugación (cfr. tamén nota a 1578.23) cun clítico o(s), a(s) provoca a aparición dunha secuencia trivocálica anómala do punto de vista fonotáctico ([‘owa], [‘owo]). É por isto que, a semellanza do acontecido cos duplos resultados de bases latinas como audire, laudare etc. estes encontros resólvense con relativa frecuencia (por razóns morfolóxicas) cunha monotongación e/ou crase (véxase tamén mandó-o, 700.15; filhó-o, 1492.5; leixó-o, 1509.17; desseinó-o, 1579.r1; enlinhó-o, 1579.r2). A teor das rimas no corpus trobadoresco profano (negó-o : doo) e relixioso (filló-os : lançó-os : avoos, CSM 214.40-42) o resultado da redución vocálica é –sorprendentemente– aberto (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 27c).

  • 12-13

    De destro constitúe unha locución adverbial de lugar co significado ‘polo lado dereito’, igual que de seestro é ‘polo lado esquerdo’.

  • 15

    Todos os editores optaron por suplementar con gran o verso (é mui [gran] sabedor) para resolver a hipometría, mais é sistemático no corpus o sintagma mui sabedor (278.12, 495.13, 1015.8, 1420.15, 1589.2), sen que se rexistre mui gran sabedor. É por isto que optamos pola forma e[ra] a partir do uso do tempo pretérito no período e na composición (cfr. guiou, v. 16), para alén do feito da facilidade con que podería ser omitido o sinal abreviativo da forma era que raramente aparece abreviada nos cancioneiros italianos (cfr., por exemplo, era-x’el <ex̃el> B, <ēxel> V (493.6).

  • 17

    Desguiar ‘desviar’ é formación lexical romance (< des-+guiar).

  • 21

    Os manuscritos subministran un verso hipermétrico, en que é necesaria a expunción da copulativa inicial (sobrante no verso) e a opción pola variante alen, xunto coa supresión dunha preposición a que non se rexistra no corpus nunha eventual locución alen a.

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.6, 184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

  • 28

    Lora é Lora del Río, poboación próxima a Sevilla conquistada por Fernando III en 1247.

  1. ^

    Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primera, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).

Buscar
    Sin resultados