I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 28-29 [= LPGP 103]); Arbor Aldea (2001: 169); Longo (2003: 94); Lopes (2002: 470); Littera (2016: I, 69-70).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 511); Machado & Machado (1950: II, 220-221); Rios Milhám (2018b: III, 379).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 119); Pellegrini (1928: 20-21); Seoane (1941: 148-149); Nemésio (1961 [1949]: 207-208); Torres (1977: 418); Correia (1978: 272); Jensen (1992: 18); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 21); Arias Freixedo (2003: 876-877); Souto Cabo (2017: 51).
4 pavor] puior V 5 morrerei] moirerey B : monerey V; verra] ueira B 8 sõo] Soom B : Scom V 10 coita] corta V 11 eno] enō B 13 nen] ne V; deles] delꝉs B : dells̄ V 14 tant’averan de a catar] cātauerā dea· cartar B
4 nen ũu] nen hũ(u) Nunes : nen um Lopes, Littera : nenũu Arbor Aldea : nenhum Longo 8 sõo] Soom Nunes, Longo : soon Arbor Aldea; par] por Lopes, Littera 13 nen un] nenun Arbor Aldea : nenhum Longo : nẽum Littera
(I) Estes que agora me privan da miña señora, para que a non poida ver aquí por nada, mal que lles pese non me poden privar de a ver sen ningún pavor, pois morrerei, e tal tempo virá que a miña señora fermosa morrerá: entón a verei; ademais, sabedor (II) son dunha cousa, por Noso Señor: que, se alá vise o seu belo semblante, nin coita nin outro mal podo sufrir no inferno se con ela estiver; ademais, sei que, dos que aló están, ningún deles xa mal sentirá, tanto será o gozo que terán por vela!
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:6)
Encontros vocálicos: 3 mi-‿a; 4 u͂͜u
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
A posposición ao substantivo dos determinantes demostrativos, indefinidos etc. que se rexistra no sintagma mal outro é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco só son utilizados outros como consell’outro (138.31, 241.9), afan outro (353.12), comendadores estes (1430.18), pescad'outro (1665.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras:
et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (trad. galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).
et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (trad. galega da General Estoria; Martínez López 1963: 159).
Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).
havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163).
Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).
e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).
com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).
não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).
Igual que acontece con cofonder ~ confonder, na lingua medieval en xeral e na lingua trobadoresca, en particular, coexisten as dúas variantes inferno e iferno: a menos evoluída, que triunfou na lingua moderna, atéstase tamén en 1496.23 e 1560.5, mentres que a forma iferno, máis tradicional, coa evolución [nf] > [f], tamén aparece en 926.4 e 15. Cf. nota a 194.7.
Nótese a grafía <ll> de eles en BV, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).