638 [= RM 30,17]
Estrãia vida viv’oj’eu, senhor

Estrãia vida viv’oj’eu, senhor,
das que viven quantos no mundo son,
como viver pesand’a vós e non
aver eu ja d’outra cousa sabor
senon da morte, por partir, per i,
pesar a vós e mui gran mal a mí
e fazer-me Deus, morrendo, viver
en tal vida, qual mi oides dizer:
viv’eu, senhor, fazend’a vós pesar
e mal a min, e non me quer Deus dar
de o partir nen un sén nen poder;
e, pero, [mia] senhor, grand’é meu mal,
vedes o que mi é máis grave que al:
o pesar é que vós tomades én,
ond’a min, senhor, quanto mal m’én ven,
podendo Deus tod’este mal partir
per mia morte, que non quer consentir
porque sabe que máis morto me ten
per viver eu, pois a vós pesar é.
Quanto mal, [mia] senhor, per bõa fe,
á en tal vida? Dizer non no sei!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 623, V 224

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 230-231); Pagani (1971: 86-87 [= LPGP 254]); Littera (2016: I, 257-258).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 275-276).

Variantes manuscritas


1 viv’oj’eu] mu(d)o geu B   2 das] da V   3 e] τ B : et V   6 e] τ B : et V; gran] g̃ra B; mí] mj̄   7 morrendo] moirendo B   12 e] Et B : τ V; grand’é] g̃rade   17 per] por V   20 bõa] boa B   21 non no] nō uo V

Variantes editoriais


2 das] da Nunes   3 e] et Pagani   6 e] et Pagani; mí] min Pagani : mim Littera   11 nen un] nẽum Littera   12 e] et Pagani; mia] om. Nunes, Pagani, Littera   17 per] por Nunes   20 mia] om. Nunes, Pagani, Littera; bõa] boa Pagani, Littera   21  non no] non’o Littera

Paráfrase


(I) Estraña vida vivo hoxe, señora, máis das que viven todos cantos están no mundo, por vivir causándovos pesar a vós e por eu non ter xa desexo de ningunha outra cousa agás da morte, para así vos quitar o pesar a vós e o moi gran mal a min, e por me facer Deus, morrendo, vivir (II) en tal vida como me ouvides dicir: vivo eu, señora, causándovos pesar a vós e mal a min propio, e Deus non me quere dar siso nin poder ningún para deixar de causalo; e, miña señora, aínda que o meu mal é grande, vede o que me resulta máis doloroso que calquera outra cousa: o pesar que vós sufrides por iso, (III) de onde a min, señora tanto mal me vén, podendo Deus quitarme todo este mal por medio da morte, que non quere concederme porque sabe que me ten máis morto mentres vivo, pois iso para vós é pesar. Canto mal, miña señora, hai en tal vida? Non o sei dicir!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d (= RM 167:1)

Encontros vocálicos: 1 Es·trã·ia; 8 mio·i·des; 13 mié

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, só reflectido na edición de Littera, véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A variante estrãio, forma desnasalada de estraio (cfr. tamén estrãiar, estraiar), atestada en 103.1 e 1341.14, é produto da minoritaria evolución de -nj-, con caída de -n- en vez da xeral palatalización da base extraneum (véxase CGPA, s.v. estraio, estrãio, estrayo, estrãyo, estray͂o). Tal resultado convive co xeral estranho no corpus trobadoresco profano, e a súa emenda supón unha irregular nivelación lingüística da lingua trobadoresca. Cfr. nota a 236.15.

  • 3

    A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).

  • 12

    A hipometría destes versos (vv. 12 e 20) resólvese co posesivo, moi probabelmente omitido no proceso de copia, como acontece noutras pasaxes (véxase, por exemplo, 909.8, 1297.8).

  • 20-21

    A modulación sintáctico-expresiva destes versos é diferente en Nunes e Pagani, pois a construción sintáctica presentada é outra, tamén posíbel. Eis a versión dos editores precedentes, tamén coincidentes nesta cuestión (versión de Pagani):

    Quanto mal, senhor, per bõa ffé
    ha en tal vida dizer non-no sei!

Procurar
    Não foram encontrados resultados