1094 [= RM 33,4]
Farei eu, filha, que vos non veja

– Farei eu, filha, que vos non veja
voss’amigo. – Por que, madr’e senhor?
– Ca me dizen que é entendedor
voss’. – Ai mia madre, por Deus, non seja:
eu o dev’a lazerar, que o fiz
sandeu, e el con sandice o diz.
– De vós e del, filha, ei queixume.
– Por que, madre? – Ca non é guisado!
Lazerar-mi-á esse perjurado.
– Por que, madr’? É meu ben e meu lume:
eu o devo a lazerar, que o fiz
[sandeu, e el con sandice o diz].
– Matar-m’-ei, filha, se mi-o disserdes.
– Por que vos avedes, madr’, a matar?
– Ante que m’eu do falso non vengar.
– Madre, se vos vós vengar quiserdes,
eu o devo a lazerar, que o fiz
[sandeu, e el con sandice o diz].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 1092, V 683

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 57); Radulet (1979: 92 [= LPGP 268-269]); Cohen (2003: 347); Littera (2016: I, 286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 241); Braga (1878: 130-131); Machado & Machado (1956: V, 126-127).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 74); Pena (1990: 174-175); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 52).

Manuscript variants


2 voss’amigo] uosso amigo V   9 Lazerar] lazerā V   10 madr’? É] madree B   11 lazerar] lezerar B : lezar V   14 vos] uos BV   15 falso] fa\l/so B   16 Madre] madrē B : madẽ V; vos vós] uos uos BV

Editorial variants


2 voss’amigo] vosso amigo Cohen   10- 11 Por que, madr’? É meu ben e meu lume:/ eu o devo a lazerar] Por que, madre, meu ben e meu lume? / Eu o dev’a lazerar Nunes : Por que, madre, meu ben e meu lume? / Eu o devo a lezerar Radulet : Por que, madre? é meu ben e meu lum’e / eu o devo a lazerar Cohen : Por quê, madre? É meu bem e meu lume Littera   16 vos vós] vós vos Radulet, Cohen   17 devo] dev’ Nunes

Paraphrase


(I) –Conseguirei eu, filla, que vos non vexa o voso amigo. 
–Por que, madre e señora?
–Porque me din que é o voso amante. 
–Ai miña nai, por Deus, que non sexa así: eu debo sufrir o castigo, porque o volvín louco, e el di iso por causa da loucura.

(II) –De vós e del, filla, teño queixa. 
–Por que, madre? 
–Porque non é apropiado! Farame sufrir ese perxuro. 
–Por que, madre? É o meu ben e a luz que me alumea: eu debo sufrir o castigo, porque o volvín louco, e el di iso por causa da loucura.

(III) –Heime matar, filla, se mo dixerdes. 
–Por que vos habedes matar, madre? 
–Antes que me non vingar do falso. 
–Madre, se vos vós quixerdes vingar, eu debo sufrir o castigo, porque o volvín louco, e el di iso por causa da loucura.

Metrics


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I, III [= RM 160:286]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 10C 10C (II [= RM 160:301])

Encontros vocálicos: 9 -mi͜; 11 devo‿a; 13 mi͜-o; 17 devo‿a

Notes


Text
  • 3

    Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.
    Porén, é raro o emprego do termo nunha cantiga de amigo, xénero en que non volta aparecer, agás na pastorela de Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1100).

  • 5

    Nótese a variación no refrán, que nesta ocorrencia presenta a crase dev’a, fronte ao refrán das estrofas II-III, onde non se produce tal crase (devo a). Cfr. nota a 27.4.

  • 10

    Cohen actúa asisadamente neste verso ao relacionar meu ben e meu lume co amigo, e non coa nai: no corpus das cantigas este sintagma, ou o seu inverso (meu ben e meu lume / meu lum’e meu ben), sempre se refire á senhor ou ao amigo. Por outra parte, non consideramos a existencia dunha copulativa final de verso (segmentada por Cohen), non imprescindíbel, para manter o paralelismo construtivo coas restantes estrofas.
    Para alén do problema interpretativo, na lección de B percíbese a existencia dunha marca que talvez indique unha abreviatura de <e> e que podería explicar a opción editorial de Cohen (e Littera), que non recolle a crase de madre coa copulativa.

  • 15-16

    A variante vengar, sen pechazón vocálica por nasal trabante, é minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (148.6, 265.15, 272.6, 842.5) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17.

  • 16

    Para alén de que a secuencia manuscrita <uos uos> permita unha ou outra lectura, ao longo do corpus sempre vai en primeiro lugar a forma átona (se vos vós vengar quiserdes).

Search
    No results