1051 [= Tav 63,16]
A que mi a min meu amigo filhou

A que mi a min meu amigo filhou
mui sen meu grad’e non me tev’en ren,
que me servi’e mi queria ben,
e non mi-o disse nen mi-o preguntou,
mal i sera quando lho eu filhar
mui sen seu grad’e non a preguntar.
E, se m’ela mui gran torto fez i,
Deus me leixe dereito dela aver,
ca o levou de min sen meu prazer
e ora ten que o levará assi:
mal i sera quando lho eu filhar
[mui sen seu grad’e non a preguntar].
E ben sei eu dela [o] que dira:
que non fiz eu por el quant’ela fez,
mais quiçai mi-o fezera outra vez;
e, pero ten ben que o avera,
mal i sera [quando lho eu filhar
mui sen seu grad’e non a preguntar].
[E] enton veredes molher andar
pos min chorand’, e non lho querrei dar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1047, V 637

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 296-297); Rodríguez (1980: 271 [= LPGP 379]); Cohen (2003: 582); Littera (2016: I, 466).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 226); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 48-49); Fernández Pousa (1959: 270).

Variantes manuscritas


1 min] mi V   8 dereito] dẽuo V   13 eu] en B   14 quant’ela] an̄tela V   15 fezera] feza B   19 enton] euton B   20 querrei dar] queirey andar B : q̅rrey / eu dar V

Variantes editoriais


1 min] mi Nunes, Littera   3 me] mi Rodríguez; servi’e] servi[a] e Nunes   5 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   8 me] mi Nunes   11 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   13 [o] que dira] que [vos] dirá Cohen, Littera   17 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera   19 [E] enton veredes] Enton ve[e]redes Nunes, Littera   20 querrei dar] querrei eu dar Cohen

Paráfrase


(I) A que me arrebatou o meu amigo moi ao meu pesar e non me tivo en consideración, que me servía e me quería ben, e non mo dixo nin mo preguntou, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, contra a súa vontade e sen lle preguntar.
(II) E se ela me fixo tan gran ofensa, Deus me permita ter razón, porque o levou de min contra a miña vontade e agora cre que o levará así: mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, contra a súa vontade e sen lle preguntar.
(III) E ben sei o que ela dirá: que eu non fixen por el tanto coma ela, mais quizais llo fixera noutra ocasión; e, aínda que cre que o terá, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, contra a súa vontade e sen lle preguntar.
(1) E entón veredes unha muller andar tras min chorando, e non llo quererei dar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:78) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 1 mi‿a; 4 mi͜-o; 8 dela‿aver; 10 levará‿assi; 15 mi͜-o

Notas


Texto
  • 5

    É desnecesaria, na nosa opinión, a emenda no refrán que converte i en lhi, corrección que se encontra en diversos editores ao longo do corpus, sempre despois de vocábulo acabado en -l (véxase 212.51425.5).

  • 13

    A corrección máis natural da hipometría asenta na recuperación do artigo.

  • 15

    A variante quiçai de quiça (do lat. qui sapit ‘quen sabe’) parece exclusiva do rexistro poético, pois só se rexistra nas cantigas profanas (véxase tamén 1526.8, 1594.11) e unha vez nas Cantigas de Santa Maria:
              Entonce disseron todos: “Quiçai aqueste rapaz
              foi furtar a offerenda, que lle Deus [aqu]esto faz (CSM 329.65).

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19

  • 20

    A aparición do erro <andar>/<eu dar> por dar en BV semella inducido pola presenza de andar no verso anterior, cunha refacción do copista na procura de sentido no Cancioneiro da Vaticana.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado