1103 [= Tav 15,2]
Maior guarda vos deron ca soian, senhor

Maior guarda vos deron ca soian, senhor,
e viv’eu máis penado por vós e ei maior
coita que non cuid’a guarir:
senhor, se vos guardaren e vos eu non vir,
non cuido un dia máis a guarir.
Se vós soubessedes a coita que ei maior,
mui gran doo averiades de min, senhor,
ca non poss’eu sen vós guarir:
senhor, [se vos guardaren e vos eu non vir,
non cuido un dia máis a guarir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscritos


B 1101, V 692

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 474 [= LPGP 128]); Montero Santalha (2007: 30); Littera (2016: I, 133).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 244); Braga (1878: 132); Machado & Machado (1956: V, 147);  Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 204).

Variantes manuscritas


4 guardaren] guardareu V   5 cuido un] cuydun V   7 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


Os versos 6-7 aparecen invertidos na edición de Montero Santalha.

5 cuido un] cuyd’un Nunes : cuid’ um Montero Santalha; a] om. Montero Santalha   10 cuido] cuyd’un Nunes : cuid’ um Montero Santalha; a] om. Montero Santalha

Paráfrase


(I) Puxéronvos maior vixilancia da que adoitaban, señora, e vivo eu máis penado por vós e sufro unha coita maior, de que non espero sobrevivir: señora, se vos gardasen e eu non vos vise, non penso que seguise con vida nin un día máis.
(II) Se vós soubésedes a coita maior que sufro, teriades dó de min, señora, porque eu non podo vivir sen vós: señora, se vos gardasen e eu non vos vise, non penso que seguise con vida nin un día máis.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 13a 13a 8b 12B 10B (= Tav 42:2)

Encontros vocálicos: 1 so·i·an

Notas


Texto
  • *

    Nótese a repetición de palabras rimantes entre as estrofas, de modo que aparecen invertidas nos versos tridecasilábicos (vv. 1-2) e fixa no octosílabo: I senhor – maior – guarir; II maior – senhor – guarir.

  • 5-6

    Tal como a cantiga é transmitida polos manuscritos existen dúas diferentes combinacións métricas entre o corpo estrófico (13-8) e o refrán (12-10), que Montero Santalha pretendeu nivelar mediante a expunción do nexo preposicional no segundo verso do refrán (cuido ... a guarir > cuido guarir); porén, a existencia da mesma construción no v. 3 (cuid’a guarir) contradí esa decisión editorial. Ademais, o mesmo editor inverte a orde dos vv. 6-7 para estabelecer simetría na repetición das palabras rimantes, aínda que ben pode ser propositada a variación que se percibe na cantiga.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado