1258 [= Tav 95,1]
Ai meu amigo, coitada

Ai meu amigo, coitada
vivo porque vos non vejo
e, pois vos tanto desejo,
en grave dia foi nada
se vos cedo, meu amigo,
non faço prazer e digo.
Pois que o cendal venci
de parecer en Valongo,
se m’ora de vós alongo,
en grave dia naci
se vos cedo, meu ami[go,
non faço prazer e digo].
Por quantas vezes pesar
vos fiz de[s] que vos amei,
algũa vez vos farei
prazer, e Deus non m’ampar
se vos cedo, meu ami[go,
non faço prazer e digo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1242, V 847

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 413 [= LPGP 631-632]); Fernández Graña (1994: 77); Cohen (2003: 477); Littera (2016: II, 109).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 291); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 356-357); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 69-70); Celeiro Álvarez (2021:104).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 72-73).

Variantes manuscritas


6 faço] fazo V   13 quantas] q̄ntas B   15 algũa] alguna V

 

Variantes editoriais


1 coitada] coita Nunes

Paráfrase


(I) Ai meu amigo, vivo coitada porque vos non vexo e, xa que vos desexo tanto, en aciago día nacín se axiña, meu amigo, non vos fago pracer e (non) vos falo.
(II) Xa que gañei o galardón pola miña beleza en Valongo, se agora me afasto de vós, en aciago día nacín se axiña, meu amigo, non vos fago pracer e (non) vos falo.
(III) Por cantas veces vos fixen pesar desde que vos amei, algunha vez vos farei pracer, e que Deus non me ampare se axiña, meu amigo, non vos fago pracer e (non) vos falo.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7‘b 7‘b 7‘a 7’C 7’C (I [= Tav 160:457]) + 7a 7’b 7’b 7a 7’C 7’C (II [= Tav 160:437]) + 7a 7b 7b 7a 7’C 7’C (III [= 160:436])

Notas


Texto
  • 4

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece de modo esporádico como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 6

    Nótese o especial ton aberto do refrán, coa utilización de digo en posición final de verso, forma que en principio solicitaría un CD inexistente na cantiga.

  • 7

    O cendal é un tecido fino de seda ou de liño.

  • 8

    Valongo seguramente se refire á ermida do lugar de Valongo, na parroquia de Lóuzara, veciña do mosteiro de Samos, en Lugo (Galiza).

  • 15

    A presenza da forma gráfica <alguna> en V incide no feito da existencia dalgunhas voces en que aparentemente se mantén o -n- intervocálico (<bona>, <poner>, <huna>, <alguna> etc.), feito que demostra que supoñen unha simple representación gráfica da nasalidade fonolóxica (bõa, põer, ũa, algũa...). Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro (2008b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado