1286 [= Tav 65,1]
Amigo, se mi gran ben queredes

Amigo, se mi gran ben queredes,
id’a San Momed’e veer-m’-edes:
oje non mi mençades, amigo.
Pois mi aqui ren non podedes dizer,
id’u ajades comigo lezer:
oje non mi mençades, [amigo].
Serei vosc’en San Momede do mar,
na ermida, se mi-o Deus aguisar:
oje non mi [mençades, amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1269, V 875

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 434-435 [= LPGP 426]); Fernández Guiadanes et alii (1998: 123); Arias Freixedo (1998b: 60); Cohen (2003: 504); Littera (2016: II, 494).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 299); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 383); Brea (1998: 96-97); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 21); Monteagudo (1998a: 111); Monteagudo (1998b: 101); Pena (1998b: 81); Pena (1998c: 91); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 81-82); Nunes (1959: 308); Álvarez Blázquez (1975: 188); Pena (1990: 177); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 95); Arias Freixedo (2003: 461); Magalhães (2007: 108); Álvarez Maneiro & Borriero (2018: 41).

Variantes manuscritas


1 gran] grã B   6 mençades] mencades B

Variantes editoriais


2 Momed’] Mamed’ Nunes, Arias Freixedo   3 oje] hoj’e Littera   6 oje] hoj’e Littera   7 Momede do mar] Mamede do mar Nunes, Arias Freixedo : Momede do Mar Littera   9 oje] hoj’e Littera

Paráfrase


(I) Amigo, se me amades moito, ide a San Mamede e (alí) me veredes: hoxe non me mintades, amigo.
(II) Xa que aquí non me podedes dicir cousa ningunha, ide onde teñades comigo lecer: hoxe non me mintades, amigo.
(III) Estarei convosco en San Mamede do mar, na ermida, se Deus (así) mo dispón: hoxe non me mintades, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’a 9’B (I [= Tav 26:91]) + 10a 10a 9’B (II-III [= Tav 26:73)

Encontros vocálicos: 4 mi‿aqui; 8 mi͜-o

Notas


Texto
  • 2

    San Momede (forma con labialización de /e/) refírese ao santuario de San Mamede ou San Amedio, en Beluso (concello de Bueu), na península do Morrazo (véxase Souto Cabo 2018: 87-88).

  • 3

    Cabe a posibilidade, con Littera, de segmentar a primeira voz do refrán, oj’e, de modo que se ligue o retrouso ao corpo da estrofa en toda a cantiga:
              Amigo, se mi gran ben queredes,
              id’a San Momed’e veer-m’-edes
              oj’, e non mi mençades, amigo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado