205 [= RM 125,16]
Ja eu non ei oimais por que temer

Ja eu non ei oimais por que temer
nulha ren Deus, ca ben sei eu d’El ja
ca me non pode nunca mal fazer
mentr’eu viver, pero gran poder á,
pois que me cedo tolheu quanto ben
eu atendia no mund’, e por én
sei eu ca me non pode mal fazer,
ca tan bõa sen[h]or me foi tolher
qual El ja enno mundo non fara
nen ja eno mundo par non pode aver;
e quen aquesta viu ja non veerá
tan mansa e tan fremosa e de bon sén,
ca esta non menguava nulha ren
de quanto ben dona devi’aver.
E, pois tan bõa sen[h]or fez morrer,
ja eu ben sei que me non fara mal;
e, pois eu d’El non ei mal a prender
e [a] gran coita que ei me non val
por ela, pois que mi-a fez morrer Deus,
El se veja en poder de judeus
como se viu ja outra vez prender!
E tod’omen que molher ben quiser
e m’esto oir e «amen» non disser
nunca veja de quanto ama prazer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 221

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 804-805); Blasco (1984: 213 [= LPGP 818-819]); Lopes (2002: 418); Marcenaro (2012b: 313); Littera (2016: II, 364).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 95); Machado & Machado (1949: I, 361-362); Fernández Pousa (1953: 27); Rios Milhám (2018a: II, 205).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 111-112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 200).

Variantes manuscritas


2 ben] vē B   5 cedo] tedo B   8 bõa] bēa B   21 prender] p’\e/nder B

Variantes editoriales


5 que] om. Lopes, Littera   9 enno] eno Michaëlis, Littera : ẽno Blasco : en’o Lopes   10 eno] no Michaëlis, Marcenaro   11 veerá] veera Marcenaro   12 mansa] mans(a) Michaëlis; fremosa] fermos(a) Michaëlis   13 ca] c’a Michaëlis, Marcenaro   18 [a] gran] gra[ve] Michaëlis   23 esto] est(o) Michaëlis   24 quanto ama] quant’ama Michaëlis, Littera

Paráfrasis


(I) Xa eu de aquí en diante non teño por que temer nada de Deus, porque xa ben sei del que nunca me pode facer mal mentres eu viva, aínda que (El) ten gran poder, porque ben axiña me tirou todo canto ben que eu esperaba no mundo, e por iso sei eu que non me pode facer mal, (II) pois foime quitar tan boa señora cal El xa no mundo non fará outra nin xa no mundo non pode ter par; e quen esta (dona) viu xa non verá ningunha tan doce nin tan fermosa nin de tan bo xuízo, pois a esta non lle faltaba cousa ningunha de todo canto ben unha muller debía ter.

(III) E, pois tan boa señora fixo morrer, xa ben sei eu que non me fará mal; e, dado que eu xa non hei recibir mal del e a gran coita que sufro por ela non me vale, porque Deus ma fixo morrer, que El se vexa en poder de xudeus como xa outra vez se viu prender!

(1) E todo home que ben quixer unha muller e me ouvir isto e non dixer «amén» nunca vexa pracer de todo canto ama!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= RM 100:14)

Encontros vocálicos: 10 jaeno, podeaver; 11 ve͜e·rá; 12  mansae, fremosae; 19 mi-‿a; 23 estoo·ir, 24 quantoama

Notas


Texto
  • *

    Con formato de cantiga de amor, esta composición forma parte dun grupo de cantigas heterodoxas do punto de vista relixioso, que se sitúan entre as cantigas de amor e os escarnios contra Deus (véxase Martínez Pereiro 1998).

  • 9

    Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, (eno/ena) que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno/enna), anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).

  • 13

    Michaëlis e Marcenaro consideraron unha anómala crase en ca (véxase Ferreiro 2012b) porque, certamente, falta a preposición a para introducir o CI. Porén, é moi frecuente na lingua dos trobadores, precisamente perante ca, a ausencia do enlace co complemento indirecto: ca Gris furtaran tanto ... (481.3), ca Don Fernando conteceu assi (1393.15) etc. Véxase, tamén, nota a 44.13.
    Por outra parte, a variante menguar (tamén en 1317.9, 1318.2, 1389.12 e 1624.9), sen pechazón da vogal palatal inducida pola nasal trabante (Ferreiro 1999: §13b.2), convive coa forma maioritaria minguar e con outras variantes aínda menos utilizadas, como mingar (véxase nota a 1415.30) e mengar (véxase nota a 865.1). Cfr. nota a 11.17.

  • 14

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda. 

Buscar
    Sin resultados