476 [= RM 18,22]
Joan Rodriguiz, vejo-vos queixar

Joan Rodriguiz, vejo-vos queixar
[......................................................
......................................................
......................................................
......................................................
......................................................
......................................................]
E com[o] omen que quer mal doitear
seus naturaes sol non no provedes,
ca non son máis de dous, e averedes-
-los a perder po-los muit[o] afrontar;
e sobr’esto vos digo eu ora al:
daquestes dous, o que [vos] én meos val
vos fara gran mengua se o perdedes.
E, se queredes meu conselho filhar,
creede-m’ora, ben vos acharedes:
nunca muito de vó-los alonguedes,
ca non podedes outros taes achar
que vos non conhoscan quen sodes nen qual;
e, se vos d[aqu]estes dous end’ũu fal,
que por minguado que vos én terredes!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 478, V 61

O v. 1 é transmitido só por B, que interrompe a copia por vir a seguir un folio en branco, mentres que V só transmite as dúas estrofas finais.

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 9-10 [= LPGP 148]); Paredesa (2001: 197); Lopes (2002: 64); Paredesb (2010a: 170); Littera (2016: I, 90-91).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 30); Braga (1878: 12); Molteni (1880: 158); Machado & Machado (1950: II, 337); Paredes (2010b: 136-139); Paredes (2010c: 93-94); Rios Rios Milhám (2018b: III, 476).
III. Antoloxías: Tavares (1987: 365-366).

Variantes manuscritas


1 vos] uos B   10 dous] deus V   12 vos] uos V   14 vos fara] uos affara V   16 creede] qee/de V; vós] uos V   19 vos] uos V; sodes] ssades V   20 vos] uos V, dous] deꝯ V   21 vos] uos V

Variantes editoriales


1 Joan Rodriguiz, vejo-vos queixar] om. Lapa, Lopes   8 com[o]] com[e] Lapa, Lopes : com’ Paredesa, Paredesb, Littera   9 non no] nõno Lapa : nõn’o Lopes : nono Paredesa, Paredesb : non’o Littera   11 muit[o]] muit’ Paredesa, Paredesb   13 [vos]] om. Paredesa, Paredesb, Littera   17 vó-los] vó-l’os Littera   20 d[aqu]estes] destes Paredesa, Paredesb; ũu] um Littera

Paráfrasis


(I) Joán Rodríguiz, vexo que vos queixades [...].

(II) E como home que quere maltratar os seus vasalos naturais, non o intentedes sequera, pois non son máis de dous, e habedes ficar sen eles de tanto os afrontar; e sobre isto vos digo eu outra cousa: destes dous, o que deles menos vale causaravos unha gran perda se o perdedes.

(III) E se queredes seguir o meu consello, crédeme agora, resultaravos ben: nunca os afastedes moito de vós, pois non podedes achar outros tales que non coñezan quen sodes nin como; e se vos falta un destes dous, que minguado vos sentiredes por iso!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11a 10b' 10b' 11a 11c 11c 10b'

Notas


Texto
  • *

    Perante a incerta situación textual que se deriva das copias de B e V, os diversos editores abalaron entre a consideración de dúas composicións diferentes –nótese que no v. 1 faltaría unha sílaba– en Lapa (e Lopes), fronte a Paredes, xa que o obstáculo métrico non é insuperábel (igualmente en Montero Santalla 2000: 387).

  • 8

    Doitear ‘maltratar’ é rexistro único no corpus profano, sinónimo de afrontar (v. 11), e só achamos outra atestación nas Cantigas de Santa Maria:

    Mais longe o levaron
    e mal o doitẽaron,
    e atal o pararon
    com’ hũa escarlata (CSM 182.46).

  • 10-11

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte. Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 142.30-31, 430.10-11, 1229.1-2, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.25-26, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 11

    Afrontar ‘molestar, atacar’ só volve aparecer en 122.20 e 1473.5.

  • 14

    Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal. Tal é o caso de mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (11.17, 360.1, 469.1, 878.5, 1316.16, 1620.31), igual que menguar ~ mengar aparecen a carón de minguar. Cfr. nota a 205.13.

  • 17

    A segmentación do artigo ou pronome que fai Littera é redundante e, por tanto, incorrecta.

  • 20

    A restauración da necesaria sílaba métrica no verso é realizada por medio da forma reforzada do demostrativo, en paralelo con daquestes dous presente no v. 13. Ademais, u͂u ten de funcionar como bisilábico neste verso, aínda que en xeral esta forma arcaica do indefinido é unisilábica, mostrando como na realidade a pronuncia xa tiña evoluído, tal como acontece coas formas do tipo veerei, que poden ser uni- ou bisilábicas. Véxase nota a 47.20.

Buscar
    Sin resultados