371 [= RM 85,12 (= 101,5)]
Juião, quero tigo fazer

– Juião, quero tigo fazer,
se tu quiseres, ũa entençon,
e quer[r]ei-te na primeira razon
ũa punhada mui grande poer
eno rostr[o], e chamar-te rapaz
mui mao; e creo que assi faz
boa entençon quen a quer fazer.
– Meen Rodriguiz, mui sen meu prazer
a farei vosc’, assi Deus me perdon,
ca vos averei de chamar «cochon»,
pois que eu a punhada receber;
des i trobar-vos-ei mui mal assaz,
e atal entençon, se a vós praz,
a farei vosco mui sen meu prazer.
– Juião, pois tigo começar
fui, direi-t’ora o que te farei:
ũa punhada grande te darei;
des i quer[r]ei-te muitos couces dar
na garganta por te ferir peor,
que nunca vilão aja sabor
d’outra tençon comego começar.
– Meen Rodriguiz, quer[r]ei-m’emparar,
se Deus me valha, como vos direi:
«coteife nojoso» vos chamarei,
pois que eu a punhada recadar;
des i direi, pois so os couces for:
«Le[i]xade-m’ora, por Nostro Sen[h]or»,
ca as[s]i se sol meu padr’a emparar.
– Juião, [de]pois que t’eu filhar
pelos cabelos e que t’arrastrar,
aque dez couces te porregerei.
– Meen Rodriguiz, se m’eu trosquiar,
ou se me fano, ou se me crastar,
ai travador, ja vos non travarei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 403bis, V 14

En V, no final da composición, após a segunda fiinda, aparecen copiados, e riscados cunha aspa, os vv. 18-21 da cantiga 372.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 878-879); Reali (1964: 10-11); Lapa (1970 [1965]: 450-451 [= LPGP 667-668]); Lopes (2002: 326-327); González (2015: 422b); Littera (2016: II, 154-155).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 12-13); Braga (1878: 3); Machado & Machado (1950: II, 205-206); Rios Milhám (2018b: III, 371).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 140-141); Torres (1977: 91-92); Tavares & Miranda (1987: 201-202).

Variantes manuscritas


1 Juião] Iuyāo B; tigo] contigo BV   2 entençon] entencō B : entēcon V   3 e] et B   5 rapaz] trapaz V   6 mao, e creo] maor creo B : mas τ qeo V   7 entençon] entētō   8 Rodriguiz] rrōiz B : spoīz V   9 Deus me perdon] dz̄ me perdem V   10 ca] ta V; vos] uos BV; averei] auey V   11 punhada] punlxida V   12 trobar] tᵉbar V; vos] uos BV; assaz] assam V   13 e] τ̃ B, et V; entençon] entēcō B : entengō V; vós] uez B   14 prazer] praz B   15 Juião] Iuyciō B; começar] cometar BV   18 muitos couces] muy toz couceꝯ B : muētos toues V   19 na] jna V; ferir] fesir   21 d'outra] troutra V; começar] cometar V   22 Rodriguiz] rrōiz B : rroīz V; quer[r]ei] q̄roy V   23 se] se / se B; vos] ua V   24 coteife nojoso vos] coreyfe noioso uos BV   25 recadar] retadar B : retadu V   26 os couces] az coutes B   28-30 Iuyas pois q̄ ceu filhar / pedes tabe lez rq̄ cassastrare aq̄ / des couces te possetrerey B : Jupⁱao pois q̄ teu filhar / palos tabelam ꞇ q̄ tassastrara q̄ / dos cougas te pesse gēgey V   31-33 Mēa rrōiz semen tr̄osqⁱar / ou seme fano ou seme cr͂ostar / ay t̃uador iaueꝯ nō tarue’y B : Mene spoīz so meu tpōs dar / ou some fano ou seme q̄ostar / ay tūador iaues nō tāmoy (adiz’) V

Variantes editoriais


1 tigo] contigo Michaëlis, RealiGonzálezLittera   4 poer] põer Michaëlis   5 rostr[o], e chamar-te rapaz] rostr’, e chamar-te [ei] trapaz Michaëlis : rostr’e chamar-te rapaz Reali   7 boa] bõa Michaëlis; quen a] que’-na Michaëlis   8 Rodriguiz] Rodriguez Lapa, Lopes   10 vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 e] et Michaëlis   15 tigo] [con]tigo Michaëlis, Littera   18 muitos] muintos Michaëlis   22 Rodriguiz] Rodriguez Lapa, Lopes; quer[r]ei-m’] quero-m’ Michaëlis; emparar] en parar Lapa   23 como vos] com’ora Michaëlis : como vus Reali   24 vos] vus Michaëlis   27 Le[i]xade] Lexade Reali   28 as[s]i] (a)ssi Michaëlis : asy Reali; padr’a] padre Michaëlis; emparar] en parar Lapa   29-31 Juião, [de]pois que t’eu filhar / pelos cabelos e que t’arrastrar, / aque dez couces te porregerei] Juyão, pois, te quer[o] eu filhar / pelos cabelos, e quer’arrastrar; / e que dos couces te pes [eu farei] Michaëlis : Juyão, pois que t’eu filhar / pelos cabelos, e que t’arrastrar, / que dos couces te pês eu creerey Reali : Juyão, pois que t’eu [for] filhar / pelos cabelos e que t’arrastrar, / que dos couces te pês eu creerei Lapa : Juïão, pois que t’[or’] eu filhar / pelos cabelos e que t’arrastrar / ah que dez couces te presentarei! Lopes : Juião, pois que t’eu [ora] filhar / pelos cabelos e que t’arrastrar / ah que dez couces te presentarei!  Littera   29 [de]pois] que t’eu] pois que t[e] eu González   31 aque dez] aqueles González   32-34 Meen Rodriguiz, se m’eu trosquiar, / ou se me fano, ou se me crastar, / ai travador, ja vos non travarei] Meen Rodriguiz, se m’eu respons(?) dar, / ou se me cal(o), ou se vus dẽostar’, / ay trovador, ja vus non amarei Michaëlis : Meen Rodríguiz, se m’eu trosquiar, / ou se me fano, ou se me crestar, / ay trovador, já vos non torvarey Reali : Meen Rodríguez, se m’eu trosquiar, / ou se me fano, ou se m’en trescar, / ai, trobador, já vos non travarei Lapa : Meem Rodriguez, se m’eu trosquiar, / ou se me fano, ou se m’encostar, / ai, trobador, já vos nom tornarei! Lopes, Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 2 x 10a 10a 10b (= RM 161:66)

Encontros vocálicos: 1 Ju·i·ã·o; 15 Ju·i·ã·o; 28 aemparar; 29 Ju·i·ã·o; 33 fano,ou

Notas


Texto
  • 1

    Considerando que o nome Juião ten catro sílabas, tal como se comproba nos vv. 15 e 29, a forma contigo, que alterna na poesía trobadoresca con tigo, faría hipermétrico o verso, do mesmo modo que, ás veces, tamén nos apógrafos italianos, se rexistra comigo ou con migo por migo (845.8, 1366.2, 1557.7, 1674.17). De todos os xeitos, tigo reaparece no v. 15.

  • 2

    Entençon nesta cantiga (tamén nos vv. 7 e 13) é sinónimo de tençon ‘disputa poética’.

  • 4

    Nótese a repetida aparición de punhada ‘golpe dado co puño’ (vv. 4, 11, 17 e 25) nesta composición, pois só se rexistra en 1380.2 e 1545.16.

  • 5

    A forma trapaz de Michaëlis, que recolle mecanicamente a lección de V, probabelmente foi inducida pola existencia da familia lexical de trapaça en portugués moderno (trapacear, trapaceador...); porén a copia do Cancioneiro da Vaticana é facilmente explicábel polo erro <t>/<r> a partir de <rrapaz>,  copia correcta en B.

  • 10

    O probábel galicismo cochon ‘cocho, home ordinario, vilán’ (tamén en 489.31, 778.12, 1575.27) podería ser formación autóctona a partir de cocho, pois -on é sufixo despectivo-aumentativo.

  • 15

    A forma tigo é perfectamente utilizada, pois contigo, opción de Michaëlis, faría hipermétrico o verso, xa que Juião computa como catro sílabas métricas.

  • 21

    A variante mego (cfr. migo, comigo) representa o estadio máis arcaico da voz derivada do lat. mēcum, que non reaparece no corpus máis que na forma reforzada comego (13.4, 371.21, 469.3 e 10) ou con mego (469.6 e 9). Ambas as solucións son absolutamente minoritarias fronte a migo e comigo (e mais con migo). Fóra do corpus lírico profano, é anecdótica a presenza destes resultados na restante produción medieval, pois está ausente no TMILG, e no CGPA só se rexistran en textos orixinarios de Portugal cinco ocorrencias de comego, dúas de contego e, finalmente, cadanseu rexistro de sego, con sego e com sego, os dous últimos a finais do século XIV. Con todo, aínda no século XV debían sobrevivir estas formas, pois consego aparece esporadicamente tamén no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 284, 295, 299, 309, 311, 353 etc.).

  • 22

    A segmentación lapiana de emparar (tamén no v. 28) non ten sentido, pois o uso deste verbo non presenta problemas de ningún tipo, a diferenza de parar neste contexto.

  • 24

    Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11 e 489, vv. 6, 7, 13, 19, 25, 31), para alén de Roi Queimado (1404.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).

  • 25

    Recadar ‘conseguir, recibir’ só volve aparecer en 1540.12.

  • 27

    As formas como le[i]xar e que[i]xar (e derivados), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6, 637.1, 726.1, 791.61319.3, 7 e 14; 1547.20), e son produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30), <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7), <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

  • 28

    Reali indica sinalefa en ca‿asy (en vez de a‿emparar) contra os hábitos trobadorescos (véxase nota a 47.5-8).

    Por outra parte, na lingua trobadoresca o verbo soer aparece en complexos verbais (soer + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase 29.16, 723.2, 817.14, 1074.42, 1382.4, 1621.9, 1622.8). Cfr. nota a 3.17.

  • 29

    Perante a hipometría deste verso, e desconsiderando a introdución de for (Lapa) e ora (Lopes, Littera), o recurso aparentemente máis económico sería a restauración da vogal elidida no pronome te (t[e] eu), tal como estabelece González. Porén, a análise destas raras secuencias de pronome persoal átono (me, te, lhe...) cando seguida por voz iniciada por vogal revela que a sinalefa é sistemática. É por isto que preferimos restaurar a forma [de]pois, tendo en conta que no corpus se achan confusións que afectan a este adverbio (similares a outras formas do tipo tigo/contigo): en 210.6, en face da correcta lección pois subministrada polo Cancioneiro da Ajuda, B achega a lección hipermétrica <depoys>. Canto ao uso da locución conxuntiva depois que, é frecuente nas cantigas. Véxanse, a modo de mostra, algunhas pasaxes (cfr. Glosario, s.v. depois):

    Ali me ven gran cuidado 
    depois que me vou deitar (14.29).

    e, depois que lh’o Soldan deu 
    o perdon, ouve gran sabor
    de se tornar (114.31).

    E sei eu mui ben no meu coraçon 
    o que mia senhor fremosa fara
    depois que ant’ela for (527.9).

  • 29-34

    As dúas fiindas desta tençon presentan moitos erros de copia nos manuscritos, o que fai extremamente difícil a súa edición. Débora González realiza unha pormenorizada análise paleográfica, ecdótica e semántica dos seis versos derradeiros da tençon. Neste estudo, ao tempo que revisa toda a tradición editorial anterior recollendo as achegas máis plausíbeis, fai unha nova proposta de lectura que, sendo conxectural, está mellor argumentada que anteriores edicións. Seguimos esa proposta con dúas variacións que afectan á primeiras fiinda (vv. 29 e 31).

  • 31

    As primeiras lecturas do verso omiten o elemento inicial <a> que non encontraba acomodo a partir dunha interpretación da secuencia final que xa completaba a medida do verso (Michaëlis, Reali, Lapa); a seguir, Lopes inicia unha nova interpretación, coa introdución da exclamación ah (de uso inédito nas cantigas profanas) que foi acollido en Littera1 . Porén, coidamos máis acaída unha outra posibilidade co adverbio presentativo aque (‘velaí, eis’), presente no corpus noutras sete pasaxes (52.24, 244.5, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1651.18); en todas as ocasións, aque vai seguido dun clítico, construción moi frecuente na lingua medieval. Porén, tamén existen outras pasaxes en que aque introduce unha cláusula. Eis as seguintes pasaxes das Cantigas de Santa Maria:

    e aque a gente ven
    ao doo de Rachel (CSM 4.76)

          ...; e en un val
    aque o ric-ome sal
    que cuidara seer casado
    con ela, que mui mortal
    queri’a seu padre mal (CSM 135.74)

    El jazend’assi en ferros e con esposas nas mãos e cadëa na garganta,
    aque ven Santa Maria, a Madre de Jhesu-Cristo, ... (CSM 158.16)

                                 ... E aque o falsso ven,
    Cuidando que era morta, e foi da barca decer
    e dereit’aa hermida foi por oraçon fazer (CSM 287.38)

    Na prosa aque tamén aparece con certa frecuencia, mais resulta significativa unha pasaxe da Demanda do Santo Graal en que aparece nun contexto ben similar ao que estamos a tratar: El esto dizendo, aque dez cavaleiros armados que sairom do castelo (véxase CGPA, s.v. aque).
    Canto á problemática secuencia final do verso <possetrerey> B, <pesse gēgey> V, a proposta de González, co verbo porreger (porregerei), co sentido de ‘ofrecer, presentar, dar’ (a partir do lat. porrĭgĕre ‘estender, estirar, tender, ofrecer’), é paleográfica e semántica e metricamente apropiado, tal como a estudosa estabelece no seu específico contributo sobre esta tenzón. Certamente, non é voz frecuente na lingua medieval, mais ten presenza nas Cantigas de Santa Maria:

    Quand' o moç' esta vison
    vyu, tan muito lle prazia,
    que por fillar seu quinnon
    ant' os outros se metia.
    Santa Maria enton
    a mão lle porregia,
    e deu-lle tal comuyon
    que foi mais doce ca mel. (CSM 4.48)

    Mais existen, cando menos, dúas ocorrencias en documentos notariais, tal como testemuña o Corpus Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v.):

    Et damos et outorgamos aos ditos nossos procuradores et a cada hũu deles liure et conprido et abastado poder de enprazar, pedir, denunçiar, demandar, rreçeber, rrecadar, rresponder, defender, contradiser, rrazõar, alegar, rrecusar, frontar, querelar, acusar, protestar, peñorar, conuĩjr, rreconuĩjr libello ou libellos, porreier et rreçeber pleito ou pleitos (doc. de 1352).

    Rogo et peço que por enxenplo daquel que ffoy posto enna cruz Rogou por los seus perseguidores que me perdoen a min todas las murmuraçoes blasfemias et mais parauoas que deles dixe et fixe et oy tan ben en ascondido como en publico et porregi os ollos et as orelas et a uoontade para oyr et consentir en elo (doc. de 1387).

  • 32

    A fixación deste verso, a pesar do erros transmitidos en B e, sobre todo, en V é relativamente doada, tal como é explicado en González (2015: 416-417). De calquera forma, a palabra rimante, trosquiar ‘trosquiar, rapar o cabelo’ en B é clara (nótese a cadea de erros en V), que no corpus profano só volve aparecer só en 489.9 e 1387.13 e 14.

  • 33

    Fanar-se (fano é lectura literal dos manuscritos, aínda que sorprende o presente en vez do futuro subxuntivo en liña con trosquiar e crastar) é voz única nas cantigas profanas (mais si aparece en CSM 328.57), co sentido de ‘mutilarse, cortarse’. Véxanse tres ocorrencias do participio no Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA, s.v.) e algunhas maís en Machado Filho (2013: s.v. fanadasfanado) e mais en Dias (2003: VI, s.v. fanado).

    Por outra parte, crastar fronte a crestar (Reali) trescar (Lapa) e encostar (Lopes, Littera) é lectura certamente máis acaída, tamén proposta en González a partir de <cr͂ostar> B, <q̄ostar> V (no neste cancioneiro co erro <q>/<cr> que se documenta con frecuencia), semanticamente coherente con fanar e presente nunha cantiga de Fernan Garcia Esgaravunha: 

    E seu marido de crastar verrões
    non lh’achan par de Burgos a Carrion (1530.15). 

    No relativo ás atestacións do verbo, é voz frecuente na prosa, fundamentalmente coa forma crastar, aínda que existe algunha ocorrencia da variante castrar (véxase CGPA, s.v. crastar, castrar).

  • 34

    Neste verso, é certamente axeitada a lectura travador que tambén estabeleceu González a partir das leccións <t̃uador> B, <tūador> V, que imposibilitan unha lectura trovador ou trobador dos precedentes editores, pola presenza da abreviatura <ra> no <t> inicial, así como a evidente existencia de <u>, que impide unha lectura con <b> para trobador (forma única na lingua medieval). En calquera caso, travador é un hapax nas cantigas trobadorescas, aínda que no CGPA se encontra unha ocorrencia da voz na quiñentista Crónica de D. Pedro I de Fernão Lopes: 

    Em esta sazom vivia com elRei huum boom escudeiro, e pera muito, mançebo, e homem de prol, e em aquel tempo estremado em asiinadas bondades, grande justador e cavalgador, grande monteiro e caçador, luitador e travador de grandes ligeiriçes, e de todallas manhas que se a boons homeens requerem: chamado per nome Affonsso Madeira (cfr. CGPA, s.v. travador)2 .

    No caso de travar ‘censurar, reprender’ (véxanse numerosas ocorrencias nas cantigas no Glosario, s.v.), é lectura lapiana bastante axustada de BV, tendo en conta os repetidos erros, máis coherente semanticamente do que amar (Michaëlis), torvar (Reali) ou tornar (Lopes).

  1. ^

    Para alén da edición das fiindas desta tençon en González (2015), véxase tamén Gonzalez (2021: 220-224) sobre os arduos problemas editoriais deste verso.

  2. ^

    Véxanse tamén documentacións medievais en castelán en González (2015: 419-420).

Procurar
    Não foram encontrados resultados