138 [= RM 97,14]
Mal consellado que fui, mia sennor

Mal consellado que fui, mia sennor,
quando vos fui primeiro connoscer,
ca nunc’ar pudi gran coita perder
nen perderei ja mentr’eu vivo for:
nen viss’eu vós nen quen mi-o consellou,
nen viss’aquel que me vos amostrou,
nen viss’o dia’n que vos fui veer,
ca des enton me fez o voss’amor,
na mui gran coita’n que vivo, viver;
e, por mi-a non leixar escaescer
e mi-a fazer cada dia maior,
faz-me, sennor, en vós sempre cuidar,
e faz-mi a Deus por mia morte rogar,
e faz a vós a min gran mal fazer.
E quen se fez de min consellador
que viss’o vosso mui bon parecer,
aquant’eu posso de vós entender,
de mia mort’ouv’, e de meu mal, sabor;
e, mal pecado, non moir’eu por én,
nen moiro porque seria meu ben,
nen moiro porque quer[r]ia morrer
e porque me seria mui mellor
morte ca máis esta coita sofrer,
pois non mi á prol de vo-la eu dizer,
nen vos faz outr’én por min sabedor,
nen me val ren de queixar-m’end’assi,
nen me val coita que por vós sofri,
nen me val Deus, nen min poss’eu valer.
Pero, entanto com’eu vivo for,
queixar-m’-ei sempre de vós e d’Amor,
pois consell’outro non poss’i prender.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manoscritti


A 51, B 163

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 109-110); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 93-94 [= LPGP 647]); Littera (2016: II, 126).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 66-67); Carter (2007 [1941]: 33); Marques Braga (1945: 106-108); Machado & Machado (1949: I, 245-246); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 138).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 5-6); Spina (1972: 297-298); Torres (1977: 476-477).

Varianti manoscritte


2 vos] uus A; connoscer] conhocer B   3 nunc’ar] nūca B   4 mentr’eu] mentre B   5 nen] non B   6 viss’aquel] uis aquel A; vos] uus A   7 vos] uos A   10 escaescer] escaeçer B   14 vós] u A   16 que viss’o vosso mui] que eu uisso uosso B   18 mort’ouv’, e de meu] morte ouue edemen B   21 morrer] moirer B   22 me] mj B   26 me] mj B   28 me] mj B; min] me B   29 vivo] uyno B

Varianti editoriali


2 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; connoscer] conhocer Bertolucci Pizzorusso, Littera   3 nunc’ar] nunca Bertolucci Pizzorusso, Littera   4 mentr’eu] mentre Bertolucci Pizzorusso, Littera   6 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   7 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   10 escaescer] escaecer Bertolucci Pizzorusso, Littera   15 min] mi Michaëlis   16 viss’o vosso mui] eu viss’o vosso Bertolucci Pizzorusso, Littera   17 aquant’eu] a quant’eu Bertolucci Pizzorusso   18 mort’ouv’, e] morte / ouve / e Bertolucci Pizzorusso : morte houve, e Littera   21 quer[r]ia] queria Michaëlis, Littera   22 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; outr’én] outren Michaëlis : outrem Bertolucci Pizzorusso, Littera   26 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   28 me ... min] mi ... me Bertolucci Pizzorusso, Littera

Parafrasi


(I) Mal aconsellado fun, miña señora, cando vos fun coñecer por primeira vez, porque nunca logo puiden perder a gran coita nin a perderei xa mentres eu viva: (oxalá) non vos vise eu a vós nin a quen mo aconsellou, nin vise aquel que me vos mostrou, nin vise o día en que vos fun ver, (II) porque desde entón me fixo o voso amor vivir na moi gran coita en que vivo; e por non ma deixar esquecer e ma facer cada día peor, faime, señora, sempre en vós pensar, e faime a Deus rogar pola miña morte, e faivos a vós facerme a min gran mal.

(III) E quen se fixo meu conselleiro para que vise a vosa moi bela figura, por canto eu podo entender de vós, desexaba a miña morte e o meu mal; e, infelizmente, eu non morro por iso, nin morro porque fose ben para min, nin morro porque quixese morrer (IV) e porque me fose moito mellor a morte que sufrir máis esta coita, pois de nada me vale dicírvola, nin outro vos fai coñecedora dela por min, nin me vale de nada queixarme así por iso, nin me vale de nada a coita que por vós sufrín, nin me vale Deus, nin eu me podo a min valer.

(1) Mais, mentres eu vivo for, sempre me hei queixar de vós e de Amor, pois outra decisión non podo tomar nesta circunstancia.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10a 10a 10b (= RM 163:6)

Encontros vocálicos: 5 mi-‿o; 10 mi-‿a; 11 mi-‿a; 13 -mia; 24 miá

Note


Testo
  • *

    Por máis que en Michaëlis e Littera se isolen todas as estrofas, e en Bertolucci non se produza a ligazón entre as estrofas I-II, esta cantiga presenta un discorrer sintáctico-discursivo (cun corte medial) próximo ao das cantigas ateúdas. Véxase nota á cantiga 1.
    Por outra parte, a composición presenta nos tres versos finais de cada estrofa unha tripla reiteración construtiva: nen visse (I); faz (II); non ~ nen moiro (III); nen me val (IV).

  • 2

    A grafía <sc> que mostra conhoscer e escaescer (v. 10) aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.

  • 6

    A forma <uis(e)> viss(e) é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 7

    Neste verso e mais no v. 9 comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 14

    A construción sintáctica é un tanto anómala: ‘e fai que vós me fagades a min gran mal’.

  • 14

    A construción sintáctica é un tanto anómala: ‘e fai que vós me fagades a min gran mal’.

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 17

    Aquanto é unha variante fonética de quanto, o mesmo que atanto, atan ou atal concorren, respectivamente, con tanto, tan e tal. É por isto que non se debe segmentar o elemento inicial de ningunha destas voces como se fose unha preposición. Véxase nota a 14.49.

  • 21

    A vacilación entre as formas queria (copretérito) e querria (pospretérito) é bastante frecuente nos diversos manuscritos, entre outras razóns, para alén da paleográfica, por ambas as formas habitualmente seren posíbeis en parte dos contextos. Neste caso o paralelismo con seria (v. 20) aconsella restaurar o <r> perdido no proceso de copia.

  • 25

    Dado que outre ~ outri son as formas xerais en A do indefinido (procedente de altĕrī), fronte a BV que prefiren outren, convén segmentar o pronome én na lección <outren> A, <out’m> B, a semellanza do que acontece en 117.10.

  • 31

    A posposición ao substantivo dos determinantes demostrativos, indefinidos etc. que se rexistra en consell’outro é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco volve aparecer o mesmo sintagma invertido en 241.9, e tamén son utilizados outros afan outro (353.12), mal outro (379.10), comendadores estes (1430.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras: 

    et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (trad. galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).

    et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (trad. galega da General Estoria; Martínez López 1963: 159).

    Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).

    havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163).

    Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).

    e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).

    com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).

    não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).

Cerca
    Nessun risultato trovato