186 [= RM 125,23]
Meus amigos, direi-vos que m’aven

Meus amigos, direi-vos que m’aven
e como moir’e conselho non ei
por ũa dona; mais non vos direi
seu nome, mais tanto vos direi én:
ést’a máis fremosa que no mund’á,
e, meus amigos, máis vos direi ja:
é máis comprida de tod’outro ben.
Por atal moir’e non lhi digo ren
de como moir’, e como lhi direi?,
ca, se a vejo, tan gran sabor ei
de a veer, amigos, que por én,
quando a vejo quan fremosa é
e a vejo falar, per bõa fe,
teend[o] olho, saio de meu sén!
Aquesta dona fezo Deus nacer
por mal de min, assi Deus mi perdon,
e por mal de quantos no mundo son
que viren o seu mui bon parecer,
ca lhis averra ende coma a min,
que lhi quis tan gran ben, des que a vi,
que me faz ora por ela morrer.
P[er]o non ous’esta dona dizer,
por que ja moir’, e vedes por que n[on]:
porque ei medo no meu coraçon,
pois que o corpo perço, de perder,
meus amigos, quanto vos eu direi:
se souber que lhi ben quero, ben sei
que ja máis nunca me querra veer!
E, pois que moiro querendo-lhi ben,
quanto a vir tanto mi averei én,
ca outro ben non atend’eu d’aver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 200

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 798-799); Blasco (1984: 129-130 [= LPGP 822-823]); Marcenaro (2012b: 208-209); Littera (2016: II, 349-350).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 87); Machado & Machado (1949: I, 326-327); Fernández Pousa (1953: 14); Rios Milhám (2018a: II, 186).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 107-108).

Variantes manuscritas


6 meus] meuꝯ B   11] én] eu B   18 viren] nirē B   19 averra] aueirā B   20 quis] qⁱgi B   21 morrer] moir’ B   23 que n[on]] ꝗ̅ B   28 querra] q̄ira B   31 ca] ta B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Blasco; m’] mi Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis, Blasco   4 vos] vus Michaëlis, Blasco   6 vos] vus Michaëlis, Blasco   8 atal] a tal Michaëlis   14 teend[o] olho] temendo, logo Michaëlis : teend’olho Blasco, Littera   16 mi] me Michaëlis   19 averra] aveir[á] Blasco; coma a min] com(o) a mi Michaëlis : coma a mi Marcenaro : com’a mim Littera   20 quis] quìgi Michaëlis : quigi Blasco, Littera : quig’ i Marcenaro   21 morrer] moirer Blasco, Littera   26 vos] vus Michaëlis, Blasco

Paráfrase


(I) Meus amigos, direivos o que me acontece e como morro por unha dona e non teño remedio; mais non vos direi o seu nome, aínda que vos direi isto: é a máis fermosa que existe no mundo, e, meus amigos, aínda vos direi máis: é plena de todo outro ben.

(II) Por tal dona morro e non lle digo nada de como morro, e como llo hei dicir, pois, se a vexo, tan gran gozo teño de a ver, amigos, que por iso cando a vexo tan fermosa como é e a vexo falar, abofé, contemplándoa perdo a cordura!

(III) Deus fixo esta dona nacer para o meu mal, así Deus me perdoe, e para mal de cantos viven no mundo que viren o seu fermoso rostro, porque lles pasará como me pasa a min, que a amei tanto, des que a vin, que me fai morrer agora por ela.

(IV) Porén, non ouso dicir o nome desta dona, por quen morro, e sabede por que non: porque teño medo no meu corazón, pois morro, de perder, meus amigos, todo o que vos direi: se souber que a amo, ben sei que endexamais me quererá ver!

(1) E, xa que morro amándoa, canto a vir será todo canto (ben) terei diso, xa que outro ben non espero eu conseguir.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (sobre III-IV) (= RM 161:81)

Encontros vocálicos: 19 comaa min; 30 miaverei

Notas


Texto
  • 3-4

    Pola repetición da adversativa, o segundo mais debe ser interpretado como equivalente a ‘senón que’.

  • 8

    Só Michaëlis segmenta erroneamente atal, como se a puidese ser artigo ou preposición, sen ter en conta que atal é variante frecuente de tal (cfr. tamén atan ~ tan, atanto ~ tanto, aquanto ~ quanto). Cfr. nota a 138.17

  • 14

    A lectura de Michaëlis é resultado dunha conxectura afastada da lección manuscrita, pois a expresión teer olho (tamén en 652.3) ‘dirixir a ollada a, ollar, observar, contemplar’, comparece na Historia Troiana:

    Et os sacerdotes dos gregos encendendo alí o fogo [viron como viña hũa coobra, e sobío a árvore arrastrando fasta que] el[a] chegou ao niño, et os sacerdotes e os reis tevéronlle senpre o ollo por veer que faría (Pichel 2014: 1541).

    Eis outros dous rexistros de teer olho na Demanda do Santo Graal, xa citados por Cohen (2003): 

    ca diz que era i rico homem e fazia suas vodas mui grandes e teve olho polo paaço u siiam aas mesas e viu antre outros ũu homem que nom andava guisado de panos de voda (Nunes 1995: 131);

    E o cavaleiro teve olho pós si quando ouviu Tristam ir depós si, e estede, ca bem entendeu que nom ia senom per peleja (Nunes 1995: 283).

    Tamén se rexistra, cun significado algo diverxente (‘esperar’) na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:

    El el rrey de Saragoça tĩjna ollo que llj dessem a vila (Lorenzo 1975: I, 490).

  • 19

    A variante coma da conxunción como ~ come só reaparece nun texto de Guilhade: nunca lhi cima fezemos / coma Brancafrol e Flores (772.10). A inexistencia desta forma en portugués moderno e a súa escasa documentación no período medieval está na base do seu apagamento en numerosas edicións da poesía trobadoresca, como mostra a emenda michaëliana, aínda que a propia Michaëlis recolleu tal forma na edición das obras de Sá de Miranda: Belo coma molher fia (Michaëlis 1989 [1885]: 383).

  • 20

    Para alén da variación que se observa entre manuscritos no relativo ás formas de P1 e de P3 dos verbos fazer e querer, coa convivencia de formas unisilábicas e bisilábicas (véxase Ferreiro 2016a), no que di respecto ao presente verso é evidente como a presenza de <qⁱgi> provoca unha hipermetría que sería só resolúbel coa anómala sinalefa *que‿a. No entanto, a pesar de certa preferencia dos apógrafos italianos pola formas non palatalizadas destes verbos, o caso de 225.15 mostra como quigi neste verso debe ser un erro de copia, xa que a correcta lección <quis> de A compite coa hipermétrica lección <qⁱgi> de B, como acontece na presente composición. É por isto que a lección manuscrita debe ser emendada e, deste xeito, restaurado o decasílabo.

  • 22-23

    A puntuación e a disposición destes versos en Marcenaro implica unha diferente interpretación sintáctico-semántica: Pero non ous’ esta dona dizer / porque ja moir’, ... indica que o trobador non di o nome da senhor porque morre; na realidade, parece máis pertinente que por que ja moir’... sexa unha cláusula de relativo (‘por quen morro’).

  • 23

    A métrica e o sentido obrigan á relectura da lección <ꝙ̄> de B a través da reinterpretación da abreviatura de quen como que n[on]. Cfr. nota a 56.25.

Procurar
    Não foram encontrados resultados