324 [= RM 40,6]
Muitos an coita d’amor

Muitos an coita d’amor;
mai-la do mundo maior
eu mi-a ouvi sempre doita,
ca x’á i coita de coita,
mai-la minha non é coita!
Muitos vej’eu namorados
e que son d’amor coitados;
mai-la mia coita x’é forte,
ca x’á i morte de morte,
mai-la minha non é morte!
Muitos mi vej’eu que an
gran coita e grand’afan;
mai-lo meu mal (que[n] viu tal!),
ca x’an eles mal de mal,
mai-lo meu mal non é mal!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 364

Angelo Colocci introduce (erradamente) as marcas de refrán nos dous versos finais de cada estrofa.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 834 [= LPGP 283]); González Martínez (2012a: 113); Littera (2016: I, 304).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 133); Machado & Machado (1950: II, 142); Rios Milhám (2018a: II, 324).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 409-410); Souto Cabo (2017: 92).

Variantes manuscritas


3 doita] doyta(l) B   8 mia] minha B   13 viu] uyn B

Variantes editoriais


8 mia coita x’é] minha coit’é Michaëlis, Littera   13 que[n] viu tal!] qu(e) ei, é tal Michaëlis

Paráfrase


(I) Moitos teñen coita de amor, mais a maior do mundo experimenteina eu sempre, pois haivos coitas e coitas, mais a miña non é coita!

(II) Vexo eu moitos namorados que están coitados de amor; mais a miña coita é forte, porque vos hai mortes e mortes, mais a miña non é morte!

(III) Eu vexo moitos que sofren gran coita e grande afán; mais o meu mal, quen viu un tal?, porque sofren eles mal de mal, mais o meu mal non é mal!

Métrica


Esquema métrico: 7a 7a 7’b 7’b 7’b (I [= RM 42:21]) + 7’a 7’a 7’b 7’b 7’b (II [= RM 42:24]) + 7a 7a 7b 7b 7b (III [= RM 42:19])

Encontros vocálicos: 3 mi-‿a

Notas


Texto
  • 3

    Procedente do participio lat. ductum (de ducere ‘conducir’), doito ‘experimentado, acostumado’ ten unha limitada presenza no corpus trobadoresco profano (véxase tamén 517.11, 1477.12, 1601.7). Neste caso, aver doito significa ‘ter por costume’.

  • 8

    A emenda do posesivo minha en prol da forma átona mia é o máis evidente recurso para conseguir a isometría versal, pois a forma minha (presente en función pronominal nos vv. 5 e 10) só se rexistra moi limitadamente no corpus en posición proclítica (véxase nota a 251.1). Deste xeito, fica minha en posición tónica e función pronominal (vv. 5, 10) fronte a mia, átona en función adxectiva (v. 8).

  • 13

    A solución michaëliana para o final do verso (cos erros <que>/<que͂> e <uyn>/<uyu>) é excesivamente interventiva, para alén de propor a crase ou sinalefa de que (véxase nota a 18.23). Expresións similares a esta poden acharse ao longo do corpus. Cfr., por exemplo, e esta coita quen viu nunca tal? (78.14).

Procurar
    Não foram encontrados resultados