61 [= RM 151,8]
Muitos teen oje por meu trobar

Muitos teen oje por meu trobar
ca mi-o non faz nulha dona fazer,
e ben o poden pora sí teer.
Pero a dona que eu vi falar
nunca melhor nen melhor semelhar
mi-o faz a mí, per boa fe, fazer.
Pero Deus sabe (a que se ren negar
non pode) que, macar mi-o faz fazer
que o non sábian, nen ar á o poder
de o saber, nen sei oj’eu osmar
que lh’eu podesse dizer o pesar,
macar eu muit’o quisesse fazer,
ca me soub’eu sempre mui ben guardar,
a Deus loado, de m’omen fazer
nen a molher a verdad’én saber;
e nunca m’én Deus leixe ben achar
se m’ora oj’eu non quisesse matar
que máis daquesto end’ela fazer!
E vedes que me faz assi quitar
de máis daquesto end’ela fazer:
porque o faço, posso-a aver
e ena terra con ela morar,
e est’eu non poder’i acabar
senon per esto que [me] faz fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 88

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 730-731 [= LPGP 940]); Littera (2016: II, 530).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 30); Machado & Machado (1949: I, 117); Rios Milhám (2017: I, 61).

Variantes manuscritas


3 pora si] por assy B   6 fazer] fazeir B   7 negar] negʷr B   12 macar eu] macareo B   16 nunca m’én Deus] encameud B   17 se m’ora] semā B   23 poder’i acabar] poder hi acabar B   24 faz] faç B

Variantes editoriales


1 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera   3 pora sí] por assi Littera; teer] tẽer Michaëlis   6 boa] bõa Michaëlis   7 sabe] sab(e) Michaëlis   9 sábian] sabe Michaëlis, Littera; o] om. Michaëlis, Littera   11 que lh’eu] quen lhe Michaëlis   12 eu muit’o] o muito Michaëlis   13 me] m’én Michaëlis : mi Littera   14 m’] om. Michaëlis   17 m’ora] m’ant’ Michaëlis, Littera   21 aver] veer Michaëlis, Littera   23 poder’i acabar] poderi’acabar Michaëlis, Littera   24 [me] faz] faço Littera

Paráfrasis


(I) Moitos deducen hoxe, do meu trobar, que non mo fai facer ningunha dona, e ben o poden así pensar. Mais a dona que eu nunca vin mellor falar e a máis fermosa (é a que) a min mo fai facer, abofé.

(II) Mais Deus (a quen se nada pode ocultar) sabe que, aínda que mo fai facer de modo que non o saiban, nin tampouco (ela) ten o poder de o saber, nin eu podo hoxe imaxinar que eu lle puidese dicir o pesar que teño, aínda que moito o quixese facer, (III) porque eu sempre me souben precaver moi ben, grazas a Deus, de facer saber a verdade sobre isto a ningún home ou muller; e que Deus nunca me deixe achar ben se me eu non quixese agora matar antes que (querer) a ela facer máis que isto.

(IV) E vede o que me fai así evitar facerlle (a ela) máis do que isto: porque o fago (así), pódoa ter (por señora) e vivir con ela na terra (onde a podo ver), e isto eu non podería levalo a cabo se non fose por isto que me fai facer.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10a 10b (= RM 132:4)

Encontros vocálicos: 2 mi-‿o; 6 mi-‿o; 7 sabea; 8 mi-‿o; 9 sá·bian, áo; 17 oraoj(e) 

Notas


Texto
  • 3

    A forma pora, face a pera, é, en liñas xerais, minoritaria na lingua medieval e, en particular, na poesía profana galego-portuguesa, pois só presenta outras dúas ocorrencias (71.6 e 1517.4); con todo, e fronte a Littera, que recolle mecanicamente a forma manuscrita, o contexto solicita a interpretación que propomos, xa que carece de sentido por assi.

  • 7-8

    Estes versos lembran outra pasaxe do mesmo trobador (63.12).

  • 8

    A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.

  • 9

    O feito de que se rexistre tanto a construción aver poder como aver o poder aconsella manter o artigo neste verso (coa sinalefa á‿o), de modo diverso a canto considerou Michaëlis (seguida por Littera), reticente a estas sinalefas. Véxase nota a 80.15-16 e 88.4.

  • 13-14

    Fronte a Michaëlis, a abreviatura sobre <m> debe ser desenvolvida como me, pronome persoal, sen presenza, por tanto, do adverbial én, ao tempo que no v. 14 a lección <demomen> leva consigo a presenza do dativo ético me en crase co omen seguinte.

  • 14

    A frase formularia a Deus loado (tamén en 374.3, 706.1, 1372.5, 1440.14, 1585.18), xunto con loado a Deus (1596.3), é equivalente de graças a Deus (só en 1530.23).

  • 18-20

    Como noutros contextos, nos vv. 18 e 20 o pronome ela é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas. Cfr., por exemplo, ou por min fazerdes vós ben (18.14); nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz (84.10) etc. 

  • 21

    Podería pensarse, como fixeron os anteriores editores, en emendar o verbo aver do manuscrito por veer, tendo en conta a mesma ou similar variación entre códices (véxase nota a 66.31). Con todo, mantemos a lección do manuscrito, pois ten sentido, xa que o trobador, mantendo oculto o seu desexo, pode ter a dona (por señora) e morar na terra dela (o que xa implica que a poida ver). 

  • 23

    A grafía <poder hi> de B leva a considerar a presenza do adverbio i en crase coa forma antepretérita podera (con valor de pospretérito).

  • 24

    Resulta certamente estraña a opción editorial de Littera (faço), que complica a interpretación do período.

Buscar
    Sin resultados