209 [= RM 74,3]
Non me queredes, mia sennor

Non me queredes, mia sennor,
fazer ben enquant’eu viver,
e, pois eu por vós morto for,
non mi-o poderedes fazer,
ca non vi eu quen fezesse
nunca ben se non podesse.
Podedes-vos nembrar ben leu
de min, que sofro muito mal
por vós, e digo-vo-l’ant’eu,
que pois me non faredes al,
ca non vi eu quen fezesse
[nunca ben se non podesse].
Podedes-vos nembrar de min
depois mia morte sen al ren;
e, se eu faça bõa fin,
non me faredes outro ben,
ca non vi eu quen fezesse
[nunca ben se non podesse].
Fazede-mi, e gracir-vo-l’-ei,
ben mentr’ando vivo, ca non
mi-o faredes, eu ben o sei,
pois eu morrer, por tal razon:
ca non vi eu [quen fezesse
nunca ben se non podesse].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


A 112, B 225

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 230-231); Tavani (1988a: 250-251 [= LPGP 483-484]); Littera (2016: I, 565-566).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 97); Carter (2007 [1941]: 68-69); Marques Braga (1945: 215-216); Machado & Machado (1949: I, 367-368); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 209).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 9-10); Arias Freixedo (2003: 508-509).

Variants manuscrites


1 Non] on A; me] mj B   5 ca] a A   7 -vos] uos B; leu] lheu B   11 vi eu quen] uj eu (q̄) B   15 e, se eu faça] assy eu faça B   16 me] mj B   19 Fazede-mi, e gracir-vo-l’-ei, / ben] Fazedemj ben e graçiruoloey B   22 morrer] moirer B

Variants editorials


7 vos] vus Michaëlis; leu] lheu Littera   13 vos] vus Michaëlis   14 morte] mort’, e Tavani, Littera

Paràfrasi


(I) Non me queredes, miña señora, facer ben mentres eu viva, e, despois que eu for morto por vós, non mo poderedes facer, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.

(II) Podédesvos lembrar ben facilmente de min, que sufro moito mal por vós, e antes volo digo eu, que despois non me faredes outra cousa, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.

(III) Podédesvos lembrar de min despois da miña morte, sen ningunha dúbida; e, así eu teña unha boa morte, non me faredes outro ben, porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.

(IV) Facédeme ben, e agradeceréivolo, mentres estou vivo, porque non mo faredes, eu ben o sei, despois de eu morrer, por esta razón: porque non vin eu quen fixese nunca ben se non puidese.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 7’C 7’C (= RM 99:57)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 19 -mi,e; 21 mi-‿o

Notes


Text
  • 7

    A coexistir con leve, o provenzalismo leu (coa variante palatalizada lheu en B, acollida en Littera), que concorre coa forma palatalizada lheu, máis frecuente, sempre aparece na frase adverbial ben leu ~ ben lheu ‘facilmente’, a semellanza do uso que os poetas occitanos facían desta voz (véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205). Con todo, o uso de leu é moi escaso no corpus, pois só volve aparecer en 14.13 (e, se vós end’al cuidades, / ben leu tort’én prenderei).

  • 14

    A segmentación da copulativa efectuada por Tavani (depois mia mort’, e sen al ren), seguida por Littera, parece desnecesaria (‘despois da miña morte sen nada máis’).

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 15

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

    Téñase en conta, ademais, que fazer bõa fin é ‘ter boa (santa) morte’, tal como se percibe con clareza na seguinte pasaxe dos Miragres de Santiago:

    Et despois que aquel boo rromeu fez boa fin et o soterrarõ, et os outros rromeus voluerõse para sua terra, et cõtarõ toda las cousas a Garĩ Calueiro (Pensado 1958: 200).

  • 19-20

    A copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional deturpa o texto ao eliminar o hipérbato –ben pasa do v. 20 para o v. 19–, nunha trivialización que procura a orde lóxica: Fazede-mi ben...

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat