873 [= RM 14,8]
Nostro Senhor, e por que foi veer

Nostro Senhor, e por que foi veer
ũa dona que eu quero gran ben
e querrei sempre ja, mentr’eu viver,
e que me faz por sí perder o sén?
Pero ela faça quanto quiser
contra min, ca, pero me ben non quer,
non leixarei de a servir por én.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscritos


B 882, V 465

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 291); Tavani (1993 [1963]: 124 [= LPGP 123]); Littera (2016: I, 129-130).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 171); Braga (1878: 88); Machado & Machado (1953: IV, 213); Fernández Pousa (1954: 29).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 37); Tavares (1961: 30).

Variantes manuscritas


3 querrei] q̅irey B   4 perder] poder B   5 Pero ela faça quanto] po ela faza ꝙ̄to V   6 pero] po V

Variantes editoriais


6 ca] já Littera

Paráfrase


(I) Noso Señor, e por que fun ver unha dona que amo e xa sempre amarei, mentres eu viva, e que me fai perder o siso por ela? Pero ela faga canto quixer contra min, pois, aínda que non me quere, non deixarei por iso de a servir.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:5)

Notas


Texto
  • *

    Cantiga moi probabelmente incompleta (con espazo en branco para máis unha estrofa no Cancioneiro da Biblioteca Nacional).

  • 1

    Foi é a forma xeral de P3de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (<fŭī) / foi (<fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sivevs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 4

    Nótese a confusión en B entre perder e poder, aínda que é máis frecuente a aparición errada de poder por perder: 177.26 (A vs. B), 635.19 e 1502.9 (B vs. V).

Procurar
    Não foram encontrados resultados