243 [= RM 148,12]
Nunca fiz cousa de que me tan ben

Nunca fiz cousa de que me tan ben
achasse come de quanto servi
sempr’ũa dona des quando a vi,
que amei sempre máis ca outra ren,
ca, de pran, quanto no mundo durei,
os dias que a servi gaannei,
e tantos ouv’end’a prazer de mí.
E tenno que me fez Deus mui gran ben
en me fazer tan bõa don’amar,
e de a servir e non m’enfadar,
nen tẽê-ll’o mal que me faz en ren,
e de me dar coraçon de tẽer
por ben quanto m’ela quiser fazer,
e atender temp’e no’me queixar.
E, de pran, sempre des que ll’eu quis ben
maior ca min, e con maior razon,
sempr’eu coidei que verria sazon
que ll’ousaria eu algũa ren
dizer do ben que ll’eu quer’, e estou
atendend’aquel temp’, e non chegou,
pero estou led’en meu coraçon
porque quero tan bõa dona ben,
de que sei ca nunca me mal verra,
ca, se morrer por ela, prazer-mi-á;
se mi ar quiser fazer algũa ren
como non moira, fara mui mellor,
e ben o pode fazer mia sennor,
ca tod’aqueste poder ben o á,
e en fazer en min quanto quiser,
e en valer mui máis d’outra moller
en parecer e en tod’outro ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscrits


A 137, B 258

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 278-279 [= LPGP 924-925]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 168-169); Littera (2016: II, 485-486).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 109-110); Carter (2007 [1941]: 83-84); Marques Braga (1945: 261-262); Machado & Machado (1950: II, 32-33); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 243).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 841-842).

Variants manuscrites


6 gaannei] guaanhey B   8 me] mj B   9 en] eu B   10 m’enfadar] me fadar B   11 tẽê-ll’o mal que me] teelo mal q̄ mala B   12 me] mj B; tẽer] teer B   13 fazer] faz B   14 no’me] nōme B   17 coidei que verria] cuydei q̄ ueria B   19 quer’, e estou] q̄restou B   21 led’en] (lēs) ledē B   22 Porque] (por) [P]orque A   23 verra] (a)uerra A : ueira B   24 morrer] moirer B   25 mi ar] mar B; algũa] alguna B   31 parecer] p̃zer B

Variants editorials


11 tẽê-ll’o] tẽel-lo Lorenzo Gradín & Marcenaro   12 tẽer] teer Littera   14 no’me] non me Lorenzo Gradín & Marcenaro : nom me Littera   17 sempr’eu] sempre eu Michaëlis, Littera

Paràfrasi


(I) Nunca fixen nada por que tan ben me sentise como de canto servín sempre unha dona desde que a vin, que amei sempre máis que outra cousa, porque, sen dúbida, canto no mundo vivín, gañei os días en que a servín e tantos (días) pasei por iso gozosos para min.

(II) E penso que Deus me fixo un ben moi grande ao me facer amar tan boa dona, e servila e non me aborrecer, nin darlle ningunha importancia ao mal que me fai, e (Deus fíxome un gran ben) ao me dar vontade de considerar como ben canto ela me quixer facer, e esperar tempo e non me queixar.

(III) E, certamente, sempre desde que eu lle quixen ben, máis que a min mesmo, e con maior razón, sempre pensei que viría un tempo en que eu me atrevería a lle dicir algo do ben que lle eu quero, e estou esperando ese tempo, e non chegou, aínda que estou ledo no meu interior (IV) porque amo un dama tan boa, de quen sei que nunca me virá mal, porque, se morrese por ela, habíame pracer; se ademais me quixer facer algunha cousa para eu non morrer, fará moito mellor, e ben o pode facer a miña señora, pois todo ese poder ben o ten, (1) e para facer comigo canto quixer, e para valer moito máis que outra muller en beleza e en calquera outro ben.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10d 10d 10a (= RM 163:14)

Encontros vocálicos: 24 -mi-‿á; 25 miar

Notes


Text
  • *

    Novamente achamos o artificio de repetición (palabra-rima) nos versos primeiro e cuarto de cada estrofa.

  • 6

    Nótese como B utiliza a variante guaanhar que non se atesta no Cancioneiro da Ajuda.

  • 11

    A lección tẽel-lo de Lorenzo Gradín e Marcenaro é artificiosa, e non parece considerar o proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ], relativamente frecuente en A (e evitada en B coa lección tẽê-ll’o mal). Sobre esta asimilación véxase nota a 21.3.

  • 14

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8) . Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 15-16

    Igual que acontece coas expresións amar máis ca mí/min (nen al) e querer melhor ca mí/min (véxanse notas a 44.13 e 177.22, respectivamente), tamén na formulación querer maior ben / ben maior ca mi(n)/está ausente a preposición a (tamén en 679.5-6). Cfr. notas a 861.9 e 14.

  • 25

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <(h)una> ũa, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat