549 [= RM 25,59]
O gran viç’e o gran sabor

O gran viç’e o gran sabor
e o gran conforto que ei
é porque ben entender sei
que o gran ben da mia senhor
non querra Deus que err’en mí,
que a sempr’amei e servi
e lhi quero ca mí melhor.
Esto me faz alegr’andar
e mi dá confort’e praz[er]
cuidand’en como poss’aver
ben daquela que non á par,
e Deus, que lhi fez tanto ben,
non querra que o seu bon sén
err’en min, quant’é meu cuidar.
E por end’ei no coraçon
mui gran prazer, ca tal a fez
Deus, que lhi deu sén e bon prez
sobre quantas no mundo son,
que non querra que o bon sén
err’en min, mais dar-mi-á, cuid’én,
dela ben e bon galardon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 532, V 135

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 49-50 [= LPGP 204]); Nunes (1972 [1932]: 164-165); Littera (2016: I, 197); Fassanelli (2021: 50).
II. Outras edicións: Moura (1847: 83-84); Monaci (1875: 56-57); Braga (1878: 27); Machado & Machado (1952: III, 128); Júdice (1997: 129); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 287); Fidalgo (2009a: 68).

Variantes manuscritas


5 querra] queira B   7 mí] min V   9 confort'e praz[er]] couforte prax B   10 en] eu B   13 querra] q̄ira B   14 err’en] Eirē B : euē V   16 gran] g̃m V; prazer] praz B; ca] om. V   17 e bon prez] eo bō prez BV   19 querra] q̄ira B   20 err’en] E irē B; én] eu BV

Variantes editoriais


7 mí] mim Lang, Littera : min Nunes   8 mi] me Lang, Nunes, Littera   17 e] com Lang : con Nunes, Littera

Paráfrase


(I) O gran gozo e o gran gusto e o gran conforto que sinto é porque ben entendo que Deus non quererá que o gran ben da miña señora cometa erro comigo, que sempre a amei e servín e lle quero mellor que a min mesmo.

(II) Isto faime andar alegre e dáme conforto e gozo pensando en como podo ter o ben daquela que non ten par, e Deus, que tanto ben lle foi dar, non quererá que o seu bo xuízo cometa un erro comigo, segundo eu penso.

(III) E por iso sinto no corazón un gran pracer, pois tal a fixo Deus, que lle deu siso e boa fama sobre cantas outras hai no mundo, que non ha querer que o seu bo xuízo erre comigo, mais hame de dar, así o coido eu, ben dela e bo galardón.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:237)

Encontros vocálicos: 20 -mi-‿á

Notas


Texto
  • 7

    Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7, 683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 14

    En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (228.8, 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).

  • 17

    Resulta máis apropiado considerar un acrecentamento espurio do artigo (véxase nota a 518.20) do que a omisión do til en <eo> (= *<cõ>) para fixar un estraño sintagma sén con bon prez, tal como estabeleceron os editores anteriores. O sén e o prez, xunto con outras cualidades como o parecer ou a bondade, entre outras, aparecen sempre en enumeracións ligadas por conxuncións copulativas (véxase, por exemplo, 128.10-11, 269.6, 626.12, 633.9-10, 765.2).

Procurar
    Não foram encontrados resultados