1159 [= RM 77,18]
O meu amigo, que me faz viver

O meu amigo, que me faz viver
trist’e coitada des que o eu vi,
esto sei ben, que morrerá por mí;
e, pois eu logo por el ar morrer,
maravilhar-s’-an todos d’atal fin
quand’eu morrer por el e el por min.
Vivo coitada, par Nostro Senhor,
por meu amigo, que me non quer ja
valer, e sei que [por mí] morrerá;
mais, pois eu logo por el morta for,
mara[vilhar-s’-an todos d’atal fin
quand’eu morrer por el e el por min].
Sabe mui ben que non á de guarir
o meu amigo, que mi faz pesar;
ca morrerá, non o meto en cuidar,
por mí, e, pois m’eu por el morrer vi[r],
maravilhar-s’-an todos d’atal fin
[quand’eu morrer por el e el por min].
Por San Servando, que eu rogar vin,
non morrerá meu amigo por min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1145a, V 748

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 344-345 [= LPGP 506-507]); Cohen (2003: 383); Littera (2016: I, 589-590).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 260-261); Braga (1878: 142); Machado & Machado (1956: V, 232); Camargo et alii (1990: 45-46); Burgazzi (2015: 38).

Variantes manuscritas


3 morrerá] moirera B   4 ar morrer] al moirer B   6 morrer] moirer B; e el por min] e \el/ por mī B   7 Vivo] Vmo B   9 morrerá] moirera B   15 morrerá] moirera B; meto en] meto eu ē B : meto eu en V   16 morrer] moirer B   17 maravilhar-s’-an] Marauilha\r/ssam B; fin] fuj V   20 morrerá] moirera B

Variantes editoriales


1 O] [D]o Littera   9 sei que por mí] sei [mui ben] que Nunes   15 meto en] met’en Nunes

Paráfrasis


(I) Do meu amigo, que me fai vivir triste e penada desde que o vin, isto sei ben: que morrerá por min; e despois de eu morrer tamén logo por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.

(II) Por Noso Señor, vivo coitada por meu amigo, que xa non me quere valer, e sei que morrerá por min; mais despois de que eu for morta logo por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.

(III) Sabe moi ben o meu amigo, que me causa pesar, que non sobrevivirá; porque morrerá, non o poño en dúbida, por min, e cando eu despois me vexa morrer por el, todos se han marabillar de tal final, cando eu morra por el e el por min.

(1) Por San Servando, a quen eu vin rogar, non morrerá o meu amigo por min!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:136) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 15 meto‿en

Notas


Texto
  • 1-3

    A presenza da frase formularia de tipo afirmativo esto sei ben interfire na sintaxe do período, dando lugar á aparente existencia de dous CD para sei, que funciona tamén como verbo elíptico de que depende que morrerá por mí; a esta anomalía aínda hai que acrecentar a frecuente omisión da preposición de no íncipit da composición, feito que xera unha concordancia ad sensum, habitual nos íncipits das cantigas mais emendada neste caso en Littera: «(D)o meu amigo, que me faz viver / trist’e coitada des que o eu vi, / esto sei ben, (sei) que morrerá por mí».

  • 4

    Nótese a falta de B, en face da correcta lección ar de V, partícula preverbal moi frecuente no corpus, ás veces transmitida con erros nos apógrafos italianos: 981.22 (ar <ar> A, <al> BV), 1118.5 (ar <al> B, <ar> V), 1478.16 (ar <al> BV).

  • 9

    A integración de por mí neste verso, en que faltan dúas sílabas métricas, apóiase na presenza deste sintagma nos versos simétricos (ou case) das restantes estrofas e da fiinda:

    esto sei ben, que morrerá por mí(v. 3)
    valer, e sei que [por mí] morrerá (v. 9)
    ... non o meto en cuidar / por mí (vv. 16-17)
    non morrerá meu amigo por min (v. 20).

  • 13-16

    Para a cabal comprensión destes versos (e da estrofa), semella necesario introducir unha pausa forte no final do v. 14, de modo que ca morrerá sexa unha cláusula causal dependente de non o meto en coidar por min. Nótese a laxa puntuación de Cohen, que dificulta a comprensión do período:

    Sabe mui ben que non á de guarir
    o meu amigo, que mi faz pesar,
    ca morrerá, non o meto en cuidar    
    por mí, e, pois m’ eu por el morrer vi<r>,
    maravilhar s’ án todos d’ atal fin
    <quand’ eu morrer por el e el por min>

  • 15

    Para a correcta medida do verso é necesaria a expunción do pronome eu de modo que se poida realizar a sinalefa metoen. Esta forma pronominal aparece espuriamente introducida nos textos con certa frecuencia: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 19

    San Servando refírese ao santo venerado na súa ermida, sita talvez no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Sin resultados