270 [= RM 79,42 (= 157,36)]
Ora non sei no mundo que fazer

Ora non sei no mundo que fazer
nen ei consello nen mi-o quis Deus dar,
ca non quis El u me non quis guardar,
e non ouv’eu de me guardar poder,
ca dix’eu ca morria por alguen,
e dereit’ei de lazerar por én,
ca non fora tan gran cousa dizer
se se mi a min ben ouvess’a parar
a mia fazenda; mas quen Deus guardar
non quer non pode guardado seer,
ca dix’eu ca morria por alguen,
[e dereit’ei de lazerar por én].
E mal dia eu enton non morri
quando esto dix’e quando vi os seus
ollos; pero non dixi máis, par Deus,
e esto dixi en mal dia por min,
ca dix’eu ca morria por alguen,
[e dereit’ei de lazerar por én],
[c]a des aquel dia’n que a eu vi
(que non visse!) daquestes ollos meus
non perdi coita, ca non quiso Deus,
nen perderei, ca eu mi-o mereci,
ca dix’eu ca morria por alguen,
[e dereit’ei de lazerar por én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 162

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 325-326 [= LPGP 543-544]); Correia (2001: 283); Littera (2016: I, 598).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 97-98); Marques Braga (1945: 305-306); Machado & Machado (1960: VII, 21-22); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 270).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 153).

Manuscript variants


5 ca dix’eu] Ea dixeu A; por] por por A

Editorial variants


14 quando] quand(o) Michaëlis : quand' Littera; dix’e] dixe Correia

Paraphrase


(I) Non sei que facer agora no mundo, nin encontro remedio nin Deus mo quixo dar, pois El non quixo cando non me quixo amparar, e eu non tiven poder para me protexer, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso, (II) pois non sería tan importante dicir (iso) se se me arranxasen ben os meus asuntos (amorosos); mais quen Deus non quere amparar non pode ser amparado, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso.

(III) E en mal día eu non morrín daquela, cando dixen isto e cando vin os seus ollos; mais non dixen máis, por Deus, e dixen isto en nefasto día para min, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso, (IV) porque desde aquel día en que eu a vin –oxalá que a non vise!– con estes meus ollos non perdín a coita, pois non o quixo Deus, nin a perderei, porque eu o merecín, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:142)

Encontros vocálicos: 2 mi-‿o; 8 mia; 14 quandoesto; 16 dixien; 22 mi-‿o

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha leve ruptura simétrica coa copulativa e, véxase nota á cantiga 24. Porén, nas edicións precedentes non existe ligazón interestrófica ningunha (Michaëlis, Littera) ou só moi parcial (Correia).

  • 5

    A presenza do erro<E>/<C> confirma moitas outras confusións que se producen nesta mesma dirección nos apógrafos italianos (véxase nota a 108.37). Neste sentido, en A percíbese un risco de trazo fino que atravesa o trazo horizontal medial do <E> inicial deste verso. É probábel que ese risco corrixise o <E> errado, converténdoo nun <C>, que é a grafía pertinente neste contexto.

  • 8

    Parar, neste verso pronominal, mantén o significado do lat. parāre ‘disporse, prepararse, arranxarse’.

  • 14

    A necesidade da segmentación da copulativa en dix’e vén suxerida pola lección <dix e> e mais pola forma dixi dos vv. 15-16, de modo que e coordina os dous quando do verso.

  • 15-16

    No Cancioneiro da Ajuda a moi frecuente P1 do pretérito de dizer presenta en xeral a forma dixe, sendo dixi característica dos apógrafos italianos. Con todo, moi puntualmente, esta forma dixi, con manutención, polo menos gráfica, da vogal final latina (< dīxī) localízase nestes dous versos da presente cantiga e mais en 278.2 (vs. <disse> B) e 5, 280.14 e 281.7. Véxase nota a 195.13.

  • 19

    A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 20

    Neste verso aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 178.17, 179.4, 610.15, 621.3, 647.15, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

Search
    No results