920 [= RM 128,4]
Par Deus, coitada vivo

Par Deus, coitada vivo,
pois non ven meu amigo:
pois non ven, que farei?
Meus cabelos, con sirgo
eu non vos liarei.
Pois non ven de Castela,
non é viv’, ai mesela,
ou mi-o deten el-rei:
mias toucas da Estela,
eu non vos tragerei.
Pero eu leda semelho,
non me sei dar conselho:
amigas, que farei?
En vós, ai meu espelho,
eu non me veerei.
Estas doas mui belas
el mi-as deu, ai donzelas,
non vo-las negarei:
mias cintas das fivelas,
eu non vos cingerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 918, V 505

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 237-238 [= LPGP 856-857]); Calderón Calderón (1996: 330); Cohen (2003: 321); Littera (2016: II, 395).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 184); Braga (1878: 96); Machado & Machado (1953: IV, 276).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 50-51); Pellegrini (1928: 30); Nemésio (1961 [1949]: 50); Varela Jácome (1953: 48); Nunes (1959: 298); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 39-41); Spina (1972: 344); Landeira Yrago (1975: 72); Correia (1978: 144); Reckert & Macedo (1980: 87); Fiúza (1981: 30-32); Gonçalves & Ramos (1983: 148); Pena (1990: 138-139); Ferreira (1991: 76-77); Jensen (1992: 328); Alonso Girgado (1992: 59); Pena (1993: 86-87); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 208); Arias Freixedo (2003: 778-779); Fidalgo (2009: 140); Mongelli (2009: 149); Souto Cabo (2017: 221); Gutiérrez (2023: 307).

Variantes manuscritas


1 Deus] deys B; vivo] biuo B   2 amigo] amig* V   5 vos] uos BV; liarei] harey V   8 deten] de rem B : de ren V   9 mias] mħas V; Estela] estala B   11 eu] meu BV   14 vós] uꝯ BV   15 Pero eu] Pero meu BV   17 donzelas] don delas BV   18 negarei] uegarey V   19 mias] mħas V; fivelas] finelas B   20 cingerei] om. B : ç img̃ey V

Variantes editoriales


11 eu] m’eu Nunes, Calderón Calderón, Cohen   16 doas] dõas Nunes

Paráfrasis


(I) Por Deus, coitada vivo, pois non vén o meu amigo: pois non vén, que farei? (Ai) cabelos meus, con seda non vos atarei!

(II) Pois non vén de Castela, non está vivo, ai infeliz, ou mo detén o rei: (ai) toucas miñas de Estela, eu nos vos vestirei!

(III) Aínda que semello alegre, non sei que facer: amigas, que farei? En vós, ai espello meu, eu non me verei!

(IV) Deume el estas doas moi belas, ai doncelas, non volo negarei: (ai) miñas cintas das fibelas, eu non vos cinxirei!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 6b 6’a 6b (= RM 33:23)

Encontros vocálicos: 5 li·a·rei; 8 mi͜-o; 11 Pero‿eu; 15 ve·e·rei; 17 mi͜-as

Notas


Texto
  • 1-4

    Repárese na rima a coas voces vivo (v. 1), amigo (v. 2) e sirgo (v. 4), fóra do canon rimático estrito, a que non debe ser alleo o feito de se tratar dunha cantiga de amigo, tal como acontece ao longo de toda a cantiga 922 do mesmo trobador. Con efecto, a rima asoante ou toante rexístrase nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 4

    A voz sirgo, na altura cronolóxica das cantigas (tamén en 735.1 e 4; 1323.8), debía xa de ser un arcaísmo, desprazada por seda (só en 1634.14), denominación maioritaria nos textos medievais (véxase CGPA, s.v. sirgo, seda). Sobre este tecido véxase Martínez Meléndez  (1989: 345-346).

  • 7

    O adxectivo mesela ‘triste, coitada, desgrazada’ (do dim. mĭsĕllam, de misera) é utilizado como sinónimo de cativa en frases interrogativo-exclamativas (véxanse tamén 11.14 e 148.11; cfr. 1451.11). Esta voz semella case exclusiva do rexistro poético, pois practicamente só a achamos nas Cantigas de Santa Maria:

    o que nos fez Paraiso cobrar
    que perdemos per Eva a mesela (CSM 180.39);

    Ai, mesela,
    se perez este minỹo, que é cousa atan bela,
    querria eu mil vegadas ante ca ele morrer (CSM 345.77).

    Fóra da poesía, atéstase nunha ocasión na Crónica Troiana:

    andauã donas et donzelas, chamándose meselas et desanparadas (Lorenzo 1985: 455).

    Véxase, ademais, o sorprendente verbo meselar-se na Crónica de D. João I de Fernão Lopes: 

    E huũ dos homẽs que levavão a esmola ho conheçeo bem e dise ho a Comdesa, e ela lhe mamdou que a fose ver; e ele se excusava muito de tal hida, meselamdose muito e quoamto podia que naõ hera pera hir amte ela (cfr. CGPA, s.v.).

  • 9

    A touca era unha peza de tecido rectangular ou semicircular que as mulleres puñan na cabeza para cobrir e/ou adornar os cabelos, propia, en principio, de mulleres casadas ou prometidas (véxase Corral Díaz 2010). As toucas da Estela reaparecen nunha composición de Pedr’Amigo de Sevilha (1100.9).

    Nótese, ademais, a presenza do artigo toponímico con Estela, de igual modo que acontece noutras pasaxes das cantigas:

    Ao daian de Calez eu achei
    livros que lhi levavan da Beger (491.2).

    ben da vila da Graada
    trag’eu o our’e o mouro (1465.11-12).

    Estela é unha cidade navarra, hoxe denominada (en castelán) Estella (éusc. Lizarra).

  • 11

    A presenza de m(e) en Pero m’eu leda semelho provocaría hipermetría, circunstancia que obriga a eliminalo do texto crítico, como acontece noutras pasaxes en que o pronome aparece de forma espuria; deste modo, posibilítase a sinalefa peroeu e acádase a medida hexasilábica no verso. A respecto da necesidade de omitir o pronome, véxase 191.10, onde a lección de A mostra como se debe eliminar a forma <mj> presente en B.

  • 14

    O apelativo directo ao amigo como ai meu espelho! non reaparece no corpus; porén, Pero da Ponte nunha cantiga de amor diríxese á dama como meu lum’e meu espelho (983.11).
    Por outra parte, a lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, un erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente tamén en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 19

    A cinta é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade.

Buscar
    Sin resultados