914 [= RM 143,12]
Pero tant’é o meu mal d’amor

Pero tant’é o meu mal d’amor
e a mui gran coita que ei
por vós que dizer non o sei,
bon dia nacera, senhor,
se apos tod’aqueste mal
eu atendesse de vós al.
Tod’este mal quant’a min ven
nen a gran coita que sofri
por vós des que vos conhoci
non o terria ja en ren
se apos tod’aqueste [mal
eu atendesse de vós al].
Pero este mal mi tolherá
o sén nen lhi cuid’a guarir
se de min non se quer partir,
sabor averia del ja
se apos to[d’aqueste mal
eu atendesse de vós al].
Muito é o mal que mi sofrer
fazedes porque mi falar
non queredes nen ascoitar;
pero máis én querria aver
se apos tod’a[queste mal
eu atendesse de vós al],
ca de vós non atend’eu al
que mi façades senon mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 912, V 499

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 334-335 [= LPGP 899]); Arias Freixedo (2010: XVI); Littera (2016: II, 447).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 182); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 266-267).

Variantes manuscritas


5 após tod’aqueste] apostadaqueste B : aposta da queste V   6 eu] en V   7 quant’a min ven] quantar aj nē V   10 terria] teiria B : tenia V; en] eu V; ren] mal B   11 após tod’aqueste] aposta<...> B : aposta da q̄ ste V   13 Pero este] Pero todeste BV; mi] mj̄ B   14 nen] ne B   17 após to[d’aqueste]] aposta<...> BV   22 querria] queiria B   23 após tod’a[queste]] aposta<...> B : aposta da<...> V   25 ca] Cu B; atend’eu] attendeu B

Variantes editoriales


1 o] om. Littera   7 min] mi Nunes, Littera   13 Pero este] Per’este Nunes, Littera

Paráfrasis


(I) Aínda que é tanto o meu mal de amor e a moi grande coita que sufro por vós que non o sei dicir (con palabras), en bo día sería eu nado, señora, se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa.
(II) Todo este mal canto me vén e a gran coita que sufrín por vós desde que vos coñecín non lle daría importancia ningunha se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa.
(III) Aínda que este mal me tollerá a razón nin espero verme libre del se el a min non me quere deixar, sufriríao con gusto se após todo este mal eu puidese esperar de vós outra cousa, (1) pois de vós non espero eu outra cousa que me fagades senón mal.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:380) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 1 é‿o; 13 Pero‿este; 22 querria‿aver

Notas


Texto
  • 5

    No primeiro verso do refrán é sistemática a presenza da lección <apostad>, que implicaría, aparentemente, unha interpretación do refrán como a seguinte:
              se apostad’aqueste mal
              eu atendesse de vós al.

    Non obstante, o sentido da cantiga leva, inevitabelmente (pola dificultade semántica de apostado na pasaxe), a realizar a emenda <a>/<o>, de modo que emerxa se apos tod’aqueste mal..., con pleno sentido e con coherencia lingüístico-filolóxica: fronte á variante maioritaria pos, no corpus profano rexístrase tamén após (véxase 987.21 e 1352.15), que tamén convive coa variante empos (só utilizada en 1492.13).

  • 13

    A métrica obriga á emenda da lección de BV (cfr. Per’este mal... en Nunes e Littera), que mantén o paralelismo semántico en todas as estrofas, con variacións de matiz.

Buscar
    Sin resultados