580 [= RM 25,10]
Pesar mi fez meu amigo

Pesar mi fez meu amigo,
amiga, mais sei eu que non
cuidou el no seu coraçon
de mi pesar, ca vos digo
que ant’el queria morrer
ca mi sol un pesar fazer.
Non cuidou que mi pesasse
do que fez, ca sei eu mui ben
que do que foi non fora ren;
por én sei, se én cuidasse,
que ant’el [queria morrer
ca mi sol un pesar fazer].
Feze-o por encoberta,
ca sei que se fora matar
ante que min fazer pesar;
e por esto soo certa
que ant’el queria mo[rrer
ca mi sol un pesar fazer],
ca de morrer ou de viver
sab’el ca x’é no meu poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 563, V 166

Edizioni


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 72 [= LPGP 211]); Nunes (1973 [1928]: 14); Cohen (2003: 596); Littera (2016: I, 217).
II. Outras edicións: Moura (1847: 132-133); Monaci (1875: 67); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 180); Cohen (1987: 39-40); Júdice (1997: 31); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 109).

Varianti manoscritte


3 seu] sē B   5 morrer] moirer B   10 por én] Preen B; én] eu BV   15 que min] q̄ a mī B : q̄ amī V   16 certa] çerca V   17 queria] querria V   19 morrer] moirer B   20 no] nō V

Varianti editoriali


5 queria] querria Lang, Cohen, Littera   6 ca] c’a Lang   11 queria] querria Lang, Cohen, Littera   12 ca] c’a Lang   15 que min] que a mim Lang : que a mi Nunes : ca mi Cohen, Littera   16 soo] sõo Lang, Nunes, Cohen, Littera   17 queria] querria Lang, Cohen, Littera   18 ca] c’a Lang

Parafrasi


(I) O meu amigo causoume pesar, amiga, mais eu sei que el non tivo na súa intención o causarme pesar, porque vos digo que antes el querería morrer que causarme un pesar sequera.

(II) Non pensou que me causase pesar o que fixo, pois sei moi ben que (se así fose) non pasaría nada do que pasou; por iso sei que, se pensase niso, que antes el querería morrer que causarme un pesar sequera. 

(III) Fíxoo por finximento, pois sei que se mataría antes de me causar pesar; e por iso teño a certeza de que antes el querería morrer que causarme un pesar sequera, (1) pois que, viva ou morra el, el sabe que está no meu poder.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:418)

Note


Testo
  • 5

    En V prodúcese unha variación interestrófica no refrán na expresión verbal, coa aparición da forma de pospretérito querria na estrofa III face ao copretérito queria nas estrofas I e II (neste caso con prolongación da primeira estrofa). Os restantes editores preferiron nivelar o refrán coa forma de pospretérito (que aparece en V tamén na terceira estrofa); en calquera caso, os valores temporais do copretérito e do pospretérito son en moitos casos equivalentes e, mesmo, intercambiábeis, ao tempo que se detectan frecuentes erros nos manuscritos entre queria / querria (véxase nota a 138.21).

  • 10

    Para que o verso teña sentido, é necesaria a emenda de <eu> BV en prol de én (xa presente en todas as anteriores edicións).

  • 13

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.5, 184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

  • 15

    Igual que acontece noutras pasaxes das cantigas de Don Denis (véxase nota a 497.7 ou 577.2), a preposición a provoca hipermetría versal pola resistencia á sinalefa *que‿a: é por isto que se debe expunxir, de modo que min funcione como CI sen preposición, sen necesidade da forte intromisión editorial de Cohen e Littera (cfr., por exemplo, Esta senhor que min en poder ten, 632.13; pero direi que min aven en cuidar, 1076.3; etc.). Véxase nota a 5.2.

Cerca
    Nessun risultato trovato