188 [= RM 125,37]
Por mui coitado per-tenn’eu

Por mui coitado per-tenn’eu
quen vai querer ben tal moller
que seu serviço non lle quer
per nulla guisa gradecer;
e, mal pecad’, assi viv’eu
cuitad’ (e que demo mi deu
cuita po-la nunca perder!),
non por al senon polo seu
bon parecer da mia sennor,
que nunca ome vio mellor
nen tal, se Deus me leix’aver
dela ben e me mostr’o seu
bon parecer, que lle Deus deu
por ja sempr’a min mal fazer,
ca Deu-la fez por mal de min
máis fremosa de quantas son
no mundo, si Deus me perdon!
E vedes que mi ar fez por én:
fez-mi-a veer por mal de min,
ca non por al, ca, poi-la vi,
nunca m’ar paguei d’outra ren
senon dela, de que assi
estou como vos eu direi:
que todo quant’aver cuidei
dela, poi-la vi, ei-o én;
vedes por que o dig’assi:
coidei dela, des que a vi,
aver gran coita sen seu ben,
ca nunca dela cuidei al
aver, par Deus, que pod’e val,
erg’esta coita que me ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 95, B 202

En A o texto comeza no v. 2 (vai querer ...).
Por outra parte, a fiinda leva a seguinte anotación marxinal: fijda.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 201-202); Blasco (1984: 137-138 [= LPGP 830-831]); Marcenaro (2012b: 218-219); Littera (2016: II, 351-352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 87-88); Carter (2007 [1941]: 57); Marques Braga (1945: 183-184); Machado & Machado (1949: I, 329-330); Fernández Pousa (1953: 15-16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 188).

Variantes manuscritas


1-2 Por ... / quen] om. A   2 tal] atal B   3 lle] lhi B   6 cuitad’, e] coytade B   7 cuita po-la nunca] coyta pola nō B   10 vio] <...> A   11 nen] <...> A; me] mj B   12 me mostr’o] mj mōstro B   13 lle] lhi B   14 min] mj B   17 mundo, si Deus me] mūde sse d’s mj B   18 mi ar fez por én] mar fez pʳ rē B   23 eu] om. B   27 coidei] cuydei B   28 aver] aueer B   29 ca] a A   31 me] mj B

Variantes editoriales


3 seu] sen Marcenaro   6 cuitad’] coitad’ Littera   7 cuita] coita Littera   10 vio] [viu] Michaëlis : viu Blasco, Littera  15 min] mi Michaëlis   19 min] mi Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis, Blasco   27 coidei] cuidei Littera   29 ca] Ja Michaëlis 

Paráfrasis


(I) Considero eu moi coitado a aquel que vai amar tal muller que non lle quere de ningunha maneira agradecer o seu servizo, e, por desgraza, así vivo eu coitado –e que o demo me deu coita para nunca a perder!–, (II) non por outra cousa, senón polo fermoso rostro da miña señora, que ningún home o viu nunca máis fermoso, nin semellante, así Deus me deixe recibir dela ben e me mostre o seu fermoso rostro, que Deus lle deu para me facer a min xa sempre mal, (III) porque Deus a fixo para o meu mal a máis fermosa de todas as que hai no mundo, así Deus me perdoe! E vede que me fixo aínda por iso: fíxoma ver para o meu mal, que non por outra cousa, pois, unha vez que a vin, nunca me prougo cousa ningunha (IV) excepto ela, por quen estou así como vos eu direi: que todo o que pensei ter dela, unha vez que a vin, téñoo; vede por que o digo desta maneira: pensei, des que a vin, ter gran coita por ela sen o seu ben, (1) pois nunca pensei en ter outra cousa dela, por Deus todopoderoso, agás esta coita que me vén.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8a 8a 8c + 8d 8d 8c (= RM 182:2)

Encontros vocálicos: 10 vi͜o; 18 miar; 19 -mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15, aínda que nas edicións anteriores aparecen isoladas sintacticamente as tres primeiras estrofas.

  • 2

    A lección <atal> de B faría hipermétrico o verso. Cfr. nota a 10.4.

  • 6

    En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 118.13, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.

    A fórmula e que demo ...?!, de forte carga coloquial, é utilizada en preguntas retóricas para intensificar hiperbolicamente os sentimentos, ou unha determinada acción (véxanse 824.16 e 1653.10). En calquera caso, esta fórmula inicia unha frase parentética que se estende tamén ao v. 7, incrustada no discurso da cantiga.

    Por outra parte, nótese na forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. <mi(o)> A, <mj> B), tamén en 81.16, 199.21, 283.7 e 284.13, fronte á forma xeral me nese cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).

  • 10

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

  • 11

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 12

    A variante monstrar de B (vs. A) é moi probabelmente produto da intervención do copista do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)monstrar nos códices. Véxase nota a 9.3.

  • 28

    De novo reaparece a duplicidade aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.3183.6312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

Buscar
    Sin resultados