128 [= RM 97,36]
Qual sennor devi’a fillar

Qual sennor devi’a fillar
quen a ben soubesse escoller,
essa faz a min Deus amar,
e essa me ten en poder,
e essa ést’a mia sennor,
e essa me faz o maior
ben deste mundo desejar:
o seu ben que non á i par,
tan muito a faz Deus valer
por bon prez e por ben falar,
per bon sén e per parecer;
e d’atal dona o seu ben
non sei oj’eu no mundo quen
o podesse saber osmar,
nen a mia coit’, a meu coidar,
en que m’oj’eu vejo viver,
ca m’ei d’atal don’a guardar,
de qual mi or’oistes dizer,
de a veer, ca, se a vir,
fara-m’ela de sí partir
mui trist’e muit’a meu pesar;
por én, non devi’a quitar
os seus ollos de a veer
a quen Deus quisesse guisar
de llo querer ela sofrer,
porque os quitaria d’i
por tal cuit’aver come mí:
ante se devi’a matar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


A 41, B 153

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 89-90); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 69-70 [= LPGP 657]), Littera (2016: II, 117-118).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 61-62); Carter (2007 [1941]: 25-26); Marques Braga (1945: 85-86); Machado & Machado (1949: I, 223-224); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 128).

Varianti manoscritte


2 soubesse escolher] soube ssescolher B   3 min] mj B   4 om. B   6 me] mj B   10 por ben] pʳ bō B   12 d’atal] de tal B   14 osmar] e osmar B   15 nen] neu B; meu coidar] cuydar B   17 d’atal] de tal B   18 or’] ora B   22 devi’a] deuia a B   23 os] pʳ B   27 cuit’aver] coyta au’ B; mí] mj̄ B   28 devi’a] deuia a B

Varianti editoriali


1 devi’a] devia Michaëlis, Littera   2 soubesse] soubess(e) Michaëlis : soubess’ Bertolucci Pizzorusso, Littera   3 min] mi Bertolucci Pizzorusso   6 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   10 por ben-prez e por ben-falar Michaëlis : per bon-prez e per bon-falar Bertolucci Pizzorusso : por bom prez e por bom falar Littera   12 d’atal] de tal Bertolucci Pizzorusso   15 coidar] cuydar Bertolucci Pizzorusso   17 d’atal don’a] de tal dona Bertolucci Pizzorusso, de tal don’a Littera   18 or’oistes] ora / oystes Bertolucci Pizzorusso : ora oístes Littera   22 devi’a] devia Michaëlis, Littera : devia a Bertolucci Pizzorusso   23 ollos] olhus Bertolucci Pizzorusso   27 cuit’aver come mí] coyt’aver come min Bertolucci Pizzorusso : coit’haver come mi Littera    28 devi’a] devia / a Bertolucci Pizzorusso : devia Littera, Bertolucci Pizzorusso    28 devi’a] devia / a Bertolucci Pizzorusso, devia Littera

Parafrasi


(I) A señora que debía tomar quen ben a soubese escoller, esa ma fai Deus a min amar, e esa me ten no seu poder, e esa é a miña señora, e esa me fai o maior ben deste mundo desexar: (II) o seu ben que non ten par, tanto a fixo Deus valer por boa fama e por falar ben, por bo siso e por beleza; e non coñezo hoxe no mundo quen puidese saber mensurar o ben de tal dona, (III) nin a miña coita, penso eu, en que hoxe me vexo vivir, porque de tal dona cal me agora ouvistes falar teño que me privar de a ver, porque se a vise, farame ela ir lonxe de si moi triste e moi contra o meu desexo; (IV) por iso, non debía afastar os seus ollos de a ver (aquel) a quen Deus quixese dispor que ela llo queira permitir, porque os quitaría de alí para ter tal coita coma min: antes se debía de matar!

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= RM 100:49)

Encontros vocálicos: 2 soubesseescoller; 18 mior(a)

Note


Testo
  • *

    Tanto Michaëlis como Bertolucci Pizzorusso e Littera ligan as tres primeiras estrofas e isolan a derradeira. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 10

    A lección de A é perfectamente correcta, co cualificativo con prez e co adverbio con falar, sen que sexa necesaria nivelación expresiva ou recurso á lección de B.

  • 12

    Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: nesta cantiga, v. 17 tal vs. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal vs. v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal vs. v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal vs. v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.

  • 14

    O sentido da pasaxe delata o carácter espurio da eventual copulativa e (saber osmar), con presenza adventicia en interior de verso, tal como se pode comprobar nalgunha outro contexto do corpus (véxase, por exemplo, 830.9), e moi especialmente no inicio de verso, onde é especialmente frecuente a necesidade da súa expunción, conforme  se pode comprobar en diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 26-27

    Littera presenta estes dous versos como senllas frases interrogativas.

  • 27

    A construción comparativa de igualdade con mí ~ min (come mí/min) é levemente maioritaria no corpus (42.21, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min, a respecto da estrutura com’eu ~ come eu (43.15, 150.2, 723.20, 978.8, 1074.5 e 1593.r2)No corpus non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:

    pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).

Cerca
    Nessun risultato trovato