1100 [= RM 116,29]
Quand’eu un dia fui en Compostela

Quand’eu un dia fui en Compostela
en romaria, vi ũa pastor
que, pois fui nado, nunca vi tan bela
nen vi outra que falasse milhor,
e demandei-lhe logo seu amor
e fiz por ela esta pastorela.
[E] dix’eu logo: «Fremosa poncela,
queredes vós min por entendedor,
que vos darei boas toucas d’Estela
e boas cintas de Rocamador
e d’outras doas, a vosso sabor,
e fremoso pano pera gonela?».
E ela disse: «Eu non vos queria
por entendedor, ca nunca vos vi
senon agora, nen vos filharia
doas, que sei que non son pera min,
pero cuid’eu, se as filhass’assi,
que tal á no mundo a que pesaria.
E, se veess’outra, que lhi diria
se me dissesse ca “per vós perdi
meu amig’e doas que me tragia”?
Eu non sei ren que lhi dissess’ali;
se non foss’esto de que me tem’i,
non vos dig’ora que o non faria».
Dix’eu: «Pastor, sodes ben razoada,
e pero creede, se vos non pesar,
que non ést’oj’outra no mundo nada,
se vós non sodes, que eu sábia amar,
e por aquesto vos venho rogar
que eu seja voss’ome esta vegada».
E diss’ela, come ben ensinada:
«Por entendedor vos quero filhar
e, pois for a romaria acabada,
aqui, d’u sõo natural, do Sar,
cuido-[m’eu], se me queredes levar,
ir-m’-ei vosc’e fico vossa pagada».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 

Manuscripts


B 1098, V 689

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 302-303); Marroni (1968: 249-253 [= LPGP 746-747]); Cohen (2003: 455); Littera (2016: II, 244).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 243-244); Braga (1878: 132); Machado & Machado (1956: V, 139-140); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 135-136).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 189-191); López-Aydillo (1914: 44-45); Tavares (1943 [1923]: 56-57); Seoane (1941: 66-67); Fernández Pousa (1951: 64-65); Varela Jácome (1953: 50-52); Nunes (1959: 327-328); Tavares (1961: 53-55); Filgueira Valverde (1969: 24-25); Spina (1972: 324-325); Álvarez Blázquez (1975: 217); Landeira Yrago (1975: 215-216); Torres (1977: 466-467); Gonçalves & Ramos (1983: 233-234); Dobarro Paz et alii (1987: 33); Alvar & Beltrán (1989: 217-218); Pena (1990: 313-314); Ferreira (1991: 108-109); Jensen (1992: 268-270); Alonso Girgado (1992: 50); Pena (1993: 163-164); Delgado León (1996: 78-79); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 267-268); Diogo (1998: 235-236); Alvar & Talens (2009: 494-496); Fidalgo (2009: 214-215); Souto Cabo (2017: 200); Ferreiro (2023a: 33-34); Corral Díaz & Vieira (2023: 84-85).

Manuscript variants


2 ũa] hunha B : hun a V   4 outra] a outra V   5 demandei] demādi V   6 e fiz por] e fiz por / Effiz por B   7 poncela] pōzela V   9 vos] uos BV   10 Rocamador] irocamador B   12 gonela] gonella V   13 E] om. B; vos] uos BV   14 vos] uos BV   15 nen] Ne B   18 que] Q̄ue B   20 dissesse] dizesse B   21 tragia] rg̃ia V   22 Eu] E(n)u B   24 vos] uos BV   25 sodes] ssedes V; razoada] irazoada B   26 vos] uos BV   28 sodes] sedes V; sábia] sabhia B : sabbia V   29 vos] uos BV; rogar] irogar B   31 ensinada] en smada V   32 vos] uos BV   33 romaria] iromaria B   34 sõo] scō V   36 vosc’e] uosqȝ V

Editorial variants


5 lhe] lhi Nunes   7 [E] dix’eu logo: «Fremosa donzela] Dix[i-lh]’eu logo: «Fremosa donzela Nunes, Marroni : Dix[i-lh]’eu logo: [Ai] fremosa donzela Cohen   11 doas] dõas Nunes   15 vos] vus Marroni   16 doas] dõas Nunes; min] mi Nunes   19 veess’] vẽess’ Marroni   20 dissesse] dizesse Marroni   21 doas] dõas Nunes   23 tem’i] temi Nunes   25 razoada] razõada Marroni   26 e pero] |e| pero Cohen   27 ést’] est’ Nunes   34 d’u] du Nunes   35 cuido-[m’eu], se] cuido, se <vós> Cohen : cuido [eu], se Littera

Paraphrase


(I) Cando eu un día fun en romaría a Compostela vin unha pastora que, desde que nacín, nunca tan fermosa vin nin vin outra que mellor falase, e soliciteille logo o seu amor e fixen por ela esta pastorela.

(II) E díxenlle eu logo: «Fermosa doncela, vós querédesme por entendedor, que vos darei boas toucas de Estela e boas cintas de Rocamadour e outros agasallos, que vos gusten, e un fermoso pano para facer un vestido?».

(III) E ela dixo: «Eu non vos quero por namorado, porque nunca vos vin antes de agora nin aceptaría os vosos presentes, que sei que non son para min; pero coido eu que, se os aceptase así, alguén hai no mundo que sufriría un pesar.

(IV) E se viñese outra, que lle diría se me dixese “por vós perdín o meu amigo e as dádivas que me traía”? Eu non sei nada que lle puidese responder a iso; se non fose isto que temo, non vos digo agora que non o faría».

(V) Dixen eu: «Meniña, razoades ben, mais crede, se non vos pesa, que hoxe non existe no mundo outra (muller) nacida, agás vós, que eu ame, e por isto vos veño rogar que eu sexa o voso home desta vez».

(VI) E dixo ela, moi ben ensinada: «Por entendedor vos collerei e, cando a romaría acabe, aquí, de onde nacín, do Sar, coido que, se me queredes levar, eu irei convosco e fico contenta convosco».

Metrics


Esquema métrico: 6 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:12)

Encontros vocálicos: 18 mundo‿a; 25-26 razoada,/‿e; 28 sá·bi͜a‿amar; 30 ome‿esta; 33 romari·a‿acabada

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido grupo de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor se queixava (UC 517), Ũa pastor ben-talhada (UC 551) e Vi oj’eu cantar d’amor (UC 564), de Don Denis; Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (UC 691); Oi oj’eu ũa pastor cantar, de Airas Nunes (UC 864); e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).

  • 1

    Compostela é atestación única nas cantigas profanas para aludir á cidade de Santiago de Compostela, sempre denominada Santiago no corpus (678.2, 865.22, 868.1, 1315.4, 1487.2, 1585.10, 1660.8).

  • 2

    Nótese a grafía <hun a> en V por <(h)ũa>, probabelmente cunha indicación gráfica ben explícita da nasalidade fonolóxica de /ũ/ a través dunha consoante nasal implosiva (cfr. <doando> dõado en 545.15); asemade, podería tratarse de <huna>, con indicación gráfica da nasalidade fonolóxica a través de -n-, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 4

    É relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso coa lección de V (*nen vi a outra que falasse milhor). A lección de B mostra o carácter espurio desa preposición desnecesaria para introducir o CD de veer. Outras adicións similares de a poden verse en 68.1, 197.4 e 225.2 (B vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV).

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica mĕliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 6

    Neste verso transparece a única documentación da voz pastorela para designar o (sub)xénero da cantiga.

  • 7

    A maioría das edicións precedentes (Nunes, Marroni, Cohen) presentan diversas intervencións e/ou intromisións no texto do verso, que se resolve perfectamente coa copulativa inicial da estrofa (omitida por veces nos manuscritos), que permite neste caso restaurar a isometría versal, para alén de resituar o acento métrico na 4ª sílaba. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

    O provenzalismo poncela ‘doncela’ é tamén documentación única no corpus das cantigas.

  • 8

    O pronome min volve aparecer como CD sen preposición (queredes vós min por entendedor), tal como acontece esporadicamente coas formas pronominais tónicas oblicuas no corpus das cantigas.

    A figura e alusión ao entendedor aparece repetidamente nesta pastorela (vv. 8, 14, 32): na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.

  • 9-10

    Repárese nas toucas e cintas como doas, prendas de amor entre os amantes. A touca era unha peza de tecido rectangular ou semicircular que as mulleres puñan na cabeza para cubrir e/ou adornar os cabelos, propia, en principio, de mulleres casadas ou prometidas (véxase Corral Díaz 2010).
    Estela fai referencia á cidade navarra (cast. Estella, éusc. Lizarra) e as súas toucas son tamén citadas polo trobador Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920.9).

    A cinta é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade.

    Rocamador alude á cidade francesa de Rocamadour, sede dun famoso santuario mariano, que é tema principal ou secundario en diversas cantigas marianas (CSM 8, 22, 147, 153, 158, 159, 175, 214, 217, 267, 331, 343).

  • 12

    A gonela é unha túnica xeralmente sen mangas, longa, que se cinxía pola cintura, usada en xeral por mulleres para abrigo ou por adorno (véxase Martínez Meléndez 1989: 296, n. 16).

    Nótese a grafía <ll> /l/ (só en V) que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da xeminada latina (alli, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9). Neste caso, gonela pode presentar <ll> por proceder do fr. gonelle ou do it. gonella.

  • 25

    A lección <sedes> de V, tamén no v. 28, podería ser produto dun erro <o>/e>; porén, tamén se podería explicar como unha proba máis da existencia desta variante (do lat. sĕdētĭs, de sĕdēre), con presenza esporádica no corpus: 918.21; 1582.1; 1611.5, 9 e 20, xunto con seedes (1668.2) e semos (1627.5). Na produción prosística só achamos a forma seedes, con once ocorrencias, mais existen tres rexistros de semos con outros tantos de seemos (véxase CGPA, s.v.).

  • 26

    A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ é de uso regular ao longo de corpus. Por súa vez, unha episinalefa da copulativa con razoada permite manter a medida decasilábica do verso.

  • 34

    O río Sar, afluente do Ulla, nace nos arredores de Santiago de Compostela.

  • 35

    Fronte ás opcións editoriais de Cohen e de Littera, consideramos xustificada a integración na expresión fraseolóxica cuido-m’eu, con bastantes rexistros no corpus das cantigas a carón de cuid’eu e tamén de aquant’eu cuido (cfr. Glosario, s.v. cuidar1).

Search
    No results