729 [= RM 148,20]
Quando meu amigo souber

Quando meu amigo souber
que m’assanhei por el tardar
tan muito, quand’aqui chegar,
e que lh’eu falar non quiser,
muito terrá que baratou
mal porque tan muito tardou.
Nen ten agora el en ren
mui gran sanha que eu del ei:
quando el veer, com’eu serei
sanhuda, parecendo ben,
muito terrá [que baratou
mal porque tan muito tardou].
E, quand’el vir os olhos meus
e vir o meu bon semelhar
e o eu non quiser catar
nen m’ousar el catar dos seus,
muito terrá [que baratou
mal porque tan muito tardou].
Quando m’el vir ben parecer,
com’oj’eu sei que m’el vera,
e da coita que por min á
non m’ousar nulha ren dizer,
muito terrá [que baratou
mal porque tan muito tardou].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 714, V 315

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 135-136 [= LPGP 928-929]); Cohen (2003: 201); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 227); Littera (2016: II, 490-491).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 126); Braga (1878: 60-61); Machado & Machado (1953: IV, 8).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 53); Nunes (1959: 328-329); Tavares (1961: 49-50); Diogo (1998: 114-115).

Manuscript variants


3 quand’aqui] (che) quādaquy B   5 terrá que baratou] teira que baratō B   6 porque] por q B   10 ben] tem V   11 terrá] teira B   16 nen] (nē) / nē B   19 m’el] mal BV; ben] bon V

Editorial variants


7 Nen] Non Nunes

Paraphrase


(I) Cando o meu amigo souber que me asañei por el tardar tanto, cando aquí chegue, aínda que eu non lle queira falar, moi ben entenderá que obrou mal porque tardou tanto.

(II) Nin sequera ten el en conta a gran saña que teño contra el: cando el veña, como eu estarei sañuda, e moi fermosa, moi ben entenderá que obrou mal porque tardou tanto.

(III) E cando el vexa os meus ollos e vexa a miña fermosa figura e eu non o queira ollar nin el ouse mirarme cos seus ollos, moi ben entenderá que obrou mal porque tardou tanto.

(IV) Cando el me vir ser moi fermosa, como hoxe eu sei que el me verá, e (cando) da coita que sofre por min non se atreva a dicirme nada, moi ben entenderá que obrou mal porque tardou tanto.

Metrics


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:386)

Encontros vocálicos: 9 quandoel

Notes


Text
  • 4

    Ao longo do corpus das cantigas profanas rexístrase a locución de carácter concesivo e que (‘aínda que’), en xeral emendada polos editores para en que, tal como acontece neste caso (ou segmentada por medio da puntuación), por ser infrecuente no período medieval:

    se poderia de vós aver ben,
    e que fezes[s]’eu i pesar a quen
    vós sabedes no vosso coraçon
    que vos fez el muitas vezes pesar (402.6);

    pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal,
    que faria se lh’eu fezesse ben? (743.5);

    E que me non pesass’a mí por al,
    pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7);

    E que mi queirades valer,
    ai coita do meu coraçon,
    ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6);

    e des oimais, quer se queixe, quer non,
    e que se queixe, non mi pode dar
    maior afan (1128.11).

    De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras fóra do ámbito das cantigas:

    E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330)

    e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).

  • 5

    A lección <baratō> mostra o erro <ō>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimēto> cousimento (116.22), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 19

    A emenda de <mal> para m’el parece esixida polo sentido e mais pola presenza do pronome el no verso inicial das estrofas II (Nen ten agora el en ren, v. 7) e III (E, quand’el vir os olhos meus, v. 13), que fai referencia ao meu amigo do íncipit da cantiga.

    Non obstante, cabería outra posibilidade de emenda da lección errada dos manuscritos (<mal>), considerando que en lugar dunha confusión de vogais o que se produciu foi unha confusión da consoante final: <l>/<r>, aínda que esta sexa moi pouco frecuente. Nese caso podería editarse: quando m’ar vir ben parecer (= cando, ademais, me vexa tan fermosa).

Search
    No results