959 [= RM 63,63]
Que de ben mi ora podia fazer

Que de ben mi ora podia fazer
Deus se quisess’, e non lhi custa ren:
contar-mi os dias que non passei ben
e dar-mi outro[s] tantos a meu prazer
con mia senhor, ca, se Deus mi perdon,
os dias que viv’om’a seu prazer
dev’a contar que viv’, e outros non!
E mia vida non a devo chamar
vida, mais mort’a que én eu passei
sen mia senhor, ca nunca led’andei
e non foi vida, mais foi gran pesar;
por én saben quantos no mundo son:
os dias que viv’ome sen pesar
[dev’a contar que viv’, e outros non].
E os dias que me sen mia senhor
Deus fez viver passei-os eu tan mal
que nunca vi prazer de min nen d’al,
e esta vida foi tan sen sabor;
e quen a julgar quiser con razon
os dias que viv’om’a seu sabor
[dev’a contar que viv’, e outros non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 957, V 544

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 376-377); Rodríguez (1980: 108 [= LPGP 401]); Littera (2016: I, 433).
II. Monaci (1875: 195); Braga (1878: 103-104); Gassner (1933: 409); Machado & Machado (1953: IV, 326-327); Fernández Pousa (1959: 97).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 30); Gonçalves & Ramos (1983: 220); Sansone (1990: 170); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 86); Diogo (1998: 221).

Variantes manuscritas


2 custa ren] custar ren B : custarrē V   3 contar] Contra B; dias] dia V   4 tantos a meu] cantar men B   6 seu] ssen V   7 outros] outro V   9 eu] ou B : ui V   10 andei] ardey V   13 Os dias B : os dias q̄ uyuomē sseus pessar V   16 Deus] des V; passei-os] passers̄ B : passeus V   19 julgar] uilgar V   20 Os dias B : os dias q̄ uyuoma ssen sabor V

Variantes editoriais


2 e non lhe custa ren] e nom lhi cust’ar rem Littera   9 que én eu passei] que eu já passei Nunes : que eu mi passei Littera   13 ome] omen Nunes   19 e] que Nunes

Paráfrase


(I) Que ben me podía Deus facer ben se quixese, e no lle custa nada: contarme os días que non pasei ben e darme outros tantos pracenteiros para min xunto coa miña señora, pois, que Deus me perdoe, os días que un vive gozoso debe contar que vive, e outros non!
(II) E a miña vida non a debo chamar vida, mais morte a que eu pasei sen a miña señora, pois nunca andei ledo e non foi vida, mais foi gran pesar; por iso o saben cantos no mundo existen: os días que un home vive sen pesar debe contar que vive, e outros non!
(III) E os días que Deus me fixo vivir sen a miña señora paseinos eu tan mal que nunca sentín gozo por min nin por outra cousa, e esta vida foi tan sen gusto; e quen a xulgar quixer con razón, os días que un home vive gozoso debe contar que vive, e outros non.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10a 10C (= RM 156:3)

Encontros vocálicos: 1 mi‿ora; 3 -mi‿os; 4 -mi‿outro[s]

Notas


Texto
  • *

    Esta composición está intimamente ligada no seu contido e no seu desenvolvemento discursivo coa seguinte cantiga, tamén do mesmo trobador compostelán (cfr. UC 960). Véxase tamén a cantiga 1052, tamén de Joan Airas, onde a reclamación dos días se estabelece entre a amiga e o amigo.

    Por outra parte, nótese como, a pesar da indicación colocciana a sinalar un refrán de dous versos, só o derradeiro verso estrófico constitúe o refrán, por máis que o verso anterior, na súa variación, presente unha alta coincidencia formal nas tres estrofas.

  • 2

    A edición de Littera neste verso presenta un anómalo adverbio ar posposto ao verbo (non lhi cust’ar ren), sen dúbida condicionado pola errada segmentación que se percibe na copia de B, que reinterpretou erradamente a probábel lección <custarren> do antígrafo como custar ren.

  • 6

    Nótese como os penúltimos versos de cada estrofa (vv. 6, 13 e 20) constitúen un proto-refrán, cunha mínima variación estilística en cada un deles.

  • 9

    Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 359.4, 468.27, 576.10.

  • 13

    A aparición da variante omen en Nunes é produto dunha certa tendencia á lusitanización dos textos trobadorescos que mostran, en xeral, os editores portugueses.

Procurar
    Não foram encontrados resultados