910 [= RM 143,16]
Que doo que agora ei

Que doo que agora ei
dos meus olhos polo chorar
que faran, poi-los eu levar,
senhor, u vos non veerei,
ca nunca os ei a partir
de chorar u vos eu non vir.
Quisera-m’eu que vissen al
e non vissen vós estes meus
olhos, e non quis assi Deus;
mais sei que mi verra én mal,
ca [nunca os ei a partir
de chorar u vos eu non vir].
O vosso mui bon parecer
viron en mal dia por sí,
e mal dia lhe-lo sofri,
senhor, que o fossen veer,
ca nunca os ei a par[tir
de chorar u vos eu non vir].
Pero que ora, senhor, an
en vos veer mui gran sabor,
ja o pesar sera maior
pois quando vos non veerán,
ca nunca os [ei a partir
de chorar u vos eu non vir],
nen os poderei eu partir
de chorar u vos eu non vir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manoscritti


B 908, V 495

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 326-327 [= LPGP 901]); Arias Freixedo (2010: XII); Littera (2016: II, 444).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 181); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 261-262).

Varianti manoscritte


4 senhor] senhe V   9 olhos] elhꝯ V; Deus] om. V   10 verra] ueyra B   16 o] a B : om. V   20 vos] uos BV   25 nen os] Neuꝯ V

Varianti editoriali


14 por] per LitteraArias Freixedo   22 veerán] veeram Nunes

Parafrasi


(I) Que dó sinto agora dos meus ollos por canto han chorar, despois de que eu os leve, señora, onde non vos verei, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.

(II) Quixera eu que visen outra cousa e non vos visen a vós estes meus ollos, e non o quixo así Deus; e sei que por iso me virá mal, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.

(III) O voso fermoso rostro viron en mal día por si mesmos, e en mal día lles tolerei, señora, que o fosen ver, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.

(IV) Aínda que agora, señora, senten un gran gozo véndovos, o pesar será maior despois, cando non vos vexan, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir, (1) nin os poderei eu librar de chorar cando vos eu non vir.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:382) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 4 ve·e·rei; 22 ve·e·rán

Note


Testo
  • 6

    O refrán desta cantiga (nos vv. 6, 12, 18 e 24), o mesmo que a fiinda (v. 26), mostra como no adverbio u conviven os dous valores, locativo e temporal. 

  • 8

    O pronome persoal tónico oblicuo vós é complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia no corpus trobadoresco.

  • 15

    Repárese na presenza da solución lhe-lo para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 170.2 e 17, 199.19, 290.8, 886.9, 1117.7)1 , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).

  1. ^

    Para alén do encontro de lhes co artigo feminino en 1562.9: mais quer-lhe-la malada esnarigar.

Cerca
    Nessun risultato trovato