742 [= RM 140,5]
Se eu, amiga, quero fazer ben

Se eu, amiga, quero fazer ben
a meu amigo, que ben non quer al
senon a mí, dizen que é[ste] mal
mias amigas e que faço mal sén;
mais non as creo, ca sei ũa ren:
pois meu amigo morre por morrer
por mí, meu ben é de lhi ben fazer.
Elas non saben qual sabor eu ei
de lhi fazer ben no meu coraçon,
e posso-lho fazer mui con razon;
mais dizen logo que mal sén farei
mias amigas, mais ũa cousa sei:
pois meu [amigo morre por morrer
por mí, meu ben é de lhi ben fazer].
Eu lhi farei ben e elas verran
preguntar-m’ante vós por que o fiz,
e direi eu: «Qual ést’a que o diz?».
E, pois m’oiren, outorgar-mi-o-an,
ca lhis direi: «Mias amigas, de pran,
pois meu amigo mo[rre por morrer
por mí, meu ben é de lhi ben fazer].
E ante lhi quer’algun ben fazer
ca o leixar, como morre, morrer:
por lhi falar ben ou po-lo veer,
non lhi quer’eu leixar morte prender».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25

Manuscritos


B 727, V 328

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 147-148); Ferreiro (1992: 85 [= LPGP 885]); Cohen (2003: 215); Littera (2016: II, 431-432).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 130); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 23).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 93).

Variantes manuscritas


1 ben] beu B   6 morre por morrer] moire por moirer B   8 sabor] sobor V   9 ben] eu bē BV   15 verran] ueirā B   18 -an] au V   20 Pois] (deprā) Pois V   22 E ante lhi quer’] C antheli q̅t V   23 morre, morrer] moire moirer B

Variantes editoriales


En Cohen e Littera os catro últimos versos están distribuídos en dúas fiindas.

3 dizen que é[ste] mal] dizem-[mi] que é mal Nunes : dizem-[me] que é mal Littera   14 de] do Nunes   18 m’oiren] moir[o] en Nunes : moir[o] én Ferreiro   24 falar] fazer Nunes

Paráfrasis


(I) Se eu, amiga, quero facer ben ao meu amigo, que non ama outra senón a min, din que está mal feito as miñas amigas e que fago unha loucura; mais non as creo, porque sei unha cousa: xa que o meu amigo morre por morrer por min, é ben para min facerlle ben.

(II) Elas non saben canto me agrada facerlle ben, e para llo facer teño moitas razóns; mais logo as miñas amigas din que farei unha loucura, mais eu sei unha cousa: xa que o meu amigo morre por morrer por min, é ben para min facerlle ben.

 (III) Eu fareille ben e elas viranme preguntar ante vós por que o fixen, e eu direi: «Cal é a que o di?». E, despois de me oíren, daranme a razón, porque lles direi: «Miñas amigas, está moi claro, é ben para min facerlle ben.

(1) E antes lle quero eu algún ben facer que deixalo, como morre, morrer: por lle falar ben ou por o ver, non o quero eu deixar morrer».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c 10c 10c (= RM 139:9)

Encontros vocálicos: 18 -mi-o

Notas


Texto
  • *

    Canto á estrutura métrica da composición, dado que os catro versos finais (vv. 22-25) son monorrimos e que nos códices aparecen seguidos, sen espazo e sen maiúscula inicial indicativa da existencia dunha segunda fiinda, optamos por consideralos como integrantes de unha única fiinda, aínda que se perciba unha pausa moi marcada entre o segundo e o terceiro verso.

  • 9

    A presenza de eu desequilibraría a métrica do verso e indica que máis unha vez o pronome persoal aparece espuriamente introducido no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 24

    Non é precisa a emenda de Nunes, pois a expresión xenérica fazer ben repetida ao longo do poema (nos versos 1, 9, 10, 15, 16, 22, e no segundo verso do refrán) concretízase neste verso 24 da fiinda. Ese fazer ben consistiría en falarlle con agrado e en velo.

Buscar
    Sin resultados