556 [= RM 25,124]
Senhor, que mal vos nembrades

Senhor, que mal vos nembrades
de quanto mal por vós levei
e levo, ben o creades,
que, par Deus, ja poder non ei
de tan grave coita sofrer;
mais Deus vos leixe part’aver
da mui gran coita que mi dades.
E, se Deus quer que ajades
parte da mia coita, ben sei,
pero m’ora desamades,
log’enton amado serei
de vós, e podedes saber
qual coita é de padecer
aquesta de que me matades.
E, senhor, certa sejades
que des enton non temerei
coita que mi dar possades,
e tod’, a meu sén, cobrarei
que mi vós fezestes perder;
e vós cobrades conhocer
tanto que m’algun ben façades.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 539, V 142

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 54-55 [= LPGP 235]); Nunes (1972 [1932]: 176-177); Littera (2016: I, 202).
II. Outras edicións: Moura (1847: 94-95); Monaci (1875: 59); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 138-139); Júdice (1997: 135); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


3 o] e V; creades] credes B   7 mui] mhui B   8 Deus] des V; quer] om. B   9 parte] Parta B : perte V; mia] ma B   13 padecer] radecer B : radeçer V   14 de] om. B   16 enton] encō V; temerei] Temey B : (tem̄e) tem̄ey V   19 fezestes] fezedes V

Variantes éditoriales


7 que] qui Nunes   18 tod’, a meu sén] tod’o meu sen Lang, Nunes, tod'o meu sem Littera   19 vós] vos Nunes; fezestes] fazedes Lang, Littera

Paraphrase


(I) Señora, que mal vos lembrades de todo canto mal eu sufrín e sufro por vós, crédeo ben, que, por Deus, xa non teño forza para soportar unha coita tan grande; mais oxalá Deus vos deixe experimentar parte da moi gran coita que me causades.

(II) E se Deus quere que experimentedes parte da miña coita, sei ben, aínda que agora me desamades, que logo daquela serei amado por vós, e vós poderedes coñecer o sufrimento que é padecer esta coita con que me matades.

(III) E, señora, podedes estar segura que daquela non temerei polo coita que me poidades causar, e, así o penso, recobrarei todo canto vós me fixestes perder; e vós recobraredes o entendemento logo que me fagades algún ben.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 7’a 8b 8c 8c 8’a (= RM 100:59)

Notes


Texte
  • 3

    Ben o creades ten valor de frase formularia, e volve aparecer noutra cantiga de Don Denis (595.19). Véxase nota a 66.22.

  • 9

    En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 18

    A segmentación axeitada da secuencia <toda>, facendo transparecer a locución a meu sén ‘no meu entender’, fai con que, a diferenza dos anteriores editores, se respecte a lección dos manuscritos, coa correspondente mudanza semántica no texto.

  • 19

    A variante <fezedes> de V permite unha lección alternativa para este verso (que mi vós fazedes perder) con sentido, porque aínda está acontecendo, non é só algo pasado (o trobador cobrará no futuro o que ela lle está facendo perder agora).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé