122 [= RM 97,41]
Sennor, os que me queren mal

Sennor, os que me queren mal
sei eu ben que vos van dizer
todos, sennor, por me fazer
perder convosc’e non por al:
dizen-vos ca vos quero ben,
sennor, e non devo por én
eu escontra vós a perder.
E ja desta mezcra [a]tal
de me guardar non ei poder,
ca vos sei mui gran ben querer,
pero me contra vós non val;
e vós, por tollerdes-mi o sén,
nunca lles queredes per ren
esta mezcra de min creer.
E, mia sennor, quer’eu punnar
se me posso salvar, se non,
e dire[i]-lles a quantos son
que mi-o non poderán provar;
mais eles sei eu que faran:
log’ante vós mi afrontarán
que vos amo de coraçon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


A 36

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 78-79); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 54); Vallín (1995b: 197-199 [= LPGP 732-733]); Littera (2016: II, 237).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 23-24); Marques Braga (1945: 76-77); Machado & Machado (1958: VI, 391); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 122).

Variantes manuscrites


2 vos] uus A   4 convosc’e] con uusc e A   5 -vos ca vos] uus ca uus A   10 vos] uus A   12 vós] uꝯ A

Variantes éditoriales


2 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Vallín   3-4 fazer / perder] fazer perder Littera   4 convosc’] convusc’ Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Vallín : convosco Littera   5 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Vallín   8 desta mezcra [a]tal] d’[aqu]esta mezcra tal Michaëlis : desta mescra [a]tal Littera   10 vos sei] vus ei Michaëlis : vus sey Bertolucci Pizzorusso, Vallín   12 vós] vus Bertolucci Pizzorusso; tollerdes-mi o] tolherdes mi-o Michaëlis   14 mezcra] mescra Littera   17 dire[i]] diré Bertolucci Pizzorusso, Vallín   18 poderán] poderan Michaëlis : poderam Bertolucci Pizzorusso, Vallín   20 afrontarán] afrontaran Michaëlis, Vallín   21 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso

Paraphrase


(I) Señora, sei eu ben o que vos van dicir todos os que me queren mal, señora, para me inimizar convosco e non por outra cousa: dinvos que vos amo, señora, e por causa diso eu non debo ser prexudicado en relación a vós.

(II) E xa non me poderei protexer desta intriga, porque vos amo moito, aínda que non me serve de nada convosco; e vós, por me facerdes tolear, nunca lles queredes, de forma ningunha, crer esta intriga sobre min.

(III) E, miña señora, quero eu facer o posíbel por ver se me podo xustificar ou se non, e direilles a todos que non mo poderán probar; mais eu sei o que eles farán: logo ante vós me acusarán de que vos amo de corazón.

Métrique


Esquema estrófico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= RM 163:32)

Encontros vocálicos: 12 -mio; 18 mi-‿o; 20 miafrontarán

Notes


Texte
  • 3-4

    En Littera existe unha errada división dos versos, ao incorporar perder ao v. 3, feito que explica a forma convosco do v. 4, para conseguir a isometría versal.

  • 8

    Mezcra ‘intriga, calumnia’ só aparece nesta cantiga (tamén no v. 14), aínda que o verbo correspondente, con diversas variantes fonéticas (véxase nota a 148.24), ten máis ocorrencias.
    Canto á opción editorial para a isometría versal, parece máis conveniente o recurso á variante atal (véxase nota a 10.4).

  • 8-9

    Obsérvese o hipérbato nestes dous versos: ‘E ja non ei poder de me guardar desta mezcra [a]tal’.

  • 17

    Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que tamén deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela: direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27; 177.27), primeiro <p’mero>, <primero> A (176.9, 196.15, 300.13), acordei <acorde> (247.16), Nogueira <noguera> A (1235a.5). Os casos de <quexume> (238.3) e <lexedes> (387.9), tamén coa lección correcta en BV, son diferentes, xa que se pode tratar da absorción do iode por parte da fricativa palatal xorda. Cfr. nota a 90.14.
    De calquera xeito, a lectura diré de Bertolucci e Vallín é inaceptábel do punto de vista lingüístico, pois non existe nin existiu xamais tal solución morfolóxica para a desinencia de P1 de futuro indicativo.

  • 20

    Afrontar ‘molestar, atacar’ só volve aparecer en 476.11 e 1473.5.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé