139 [= RM 97,42]
Sennor, pois Deus non quer que min queirades

Sennor, pois Deus non quer que min queirades
creer-la coita que me por vós ven,
por Deus, creede ca vos quero ben
e ja máis nunca m’outro ben façades;
e, se mi aquesto queredes creer,
poderei eu mui gran coita perder,
e vós, sennor, non sei que i perçades
en guarirdes voss’ome que matades
e que vos ama máis que outra ren;
por min vos digo que non acho quen
me dé consello nen vós non mi-o dades,
pero Deus sabe quan de coraçon
oj’eu vos amo, e, se El me perdon,
desamo min porque me desamades,
per bõa fe, mia sennor, e sabiádes
ca por aquest’ei perdudo meu sén;
mais, se Deus quiser que vos dig’alguen
qual ben vos quero e que o vós creades,
poderei eu meu sén cobrar des i;
e, se a vós prouguer que sej’assi,
sempre por én bõa ventura ajades.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


A 52, B 164

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 111-112); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 95 [= LPGP 660]); Littera (2016: II, 127).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 67); Carter (2007 [1941]: 33-34); Marques Braga (1945: 109-110); Machado & Machado (1949: I, 247-248); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 139).

Variantes manuscrites


1 min] mj B   2 creer-la coita que me] creer a acoyta que mj B   3 creede ca vos] creed ca uus A   4 façades] facades B   7 vós] uus A; perçades] percades B   8 en] eu B; ome] omē B   10 vos] uos B   11 me dé consello] mj de solho B   12 vos] uos A; me] mj B   15 bõa] boa A   16 por] ꝑ B; perdudo] produdo B   17 dig’] diga B   20 sej’] seia B   21 bõa] boa A

Variantes éditoriales


1 min] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   2 creer-la] creer a Bertolucci Pizzorusso, Littera; me] mi Bertolucci Pizzorusso   3 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   8 ome] omen Bertolucci Pizzorusso : homem Littera   9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   10 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso   11 me] mi Bertolucci Pizzorusso; dé] dê Michaëlis, Littera   13 vos amo] vus am(o) Michaëlis : vus amo Bertolucci Pizzorusso; se] si Michaëlis; me] mi Bertolucci Pizzorusso   14 min] mi Littera   16 perdudo] perdud’o Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; dig’] diga Bertolucci Pizzorusso   18 qual] quan Bertolucci Pizzorusso : quam Littera; vos quero] vus quer(o) Michaëlis : vus quero Bertolucci Pizzorusso   20 sej’assi] seja ‘ssi Michaëlis : seja / assi Bertolucci Pizzorusso, Littera   21 ventura] ventur(a) Michaëlis

Paraphrase


(I) Señora, xa que Deus non quere que me queirades crer a coita que me por vós vén, por Deus, crede que vos amo e xa nunca máis me fagades outro ben; e se me queredes crer isto, poderei eu perder a coita moi grande, e vós, señora, non vexo que perdades (nada) (II) por socorrerdes o voso vasalo que matades e que vos ama máis que a calquera outra cousa; eu propio vos digo que non acho quen me dea un remedio nin vós mo dades, mais Deus sabe canto vos eu hoxe amo de corazón, e, así El me perdoe, desámome a min porque me desamades, (III) certamente, miña señora, e sabede que por isto perdín a razón; mais se Deus quixer que alguén vos diga canto vos amo e que vós o creades, poderei eu recobrar a razón a partir dese momento; e se a vós vos prouguer que así sexa, sempre por iso boa ventura teñades.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:159)

Encontros vocálicos: 5 miaquesto; 11 mi-‿o; 13 amoe; 15 sa·biá·des; 18 queroe; 21 venturaajades

Notes


Texte
  • *

    Nas edicións de Carolina Michaëlis e de Valeria Bertolucci, só aparecen ligadas as estrofas I-II. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    O pronome min é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10) etc.

  • 2

    A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10.
    En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. notas a 48.14 e 217.10.

  • 7

    A raíz perç- na P1 do presente indicativo e no presente de subxuntivo, produto da evolución regular da base latina perdeo e perdeam etc., é a única que aparece no Cancioneiro da Ajuda (véxase 308.3 onde de novo aparece perço A vs. perco B), fronte a BV, onde esporadicamente se rexistra a raíz perc-. Véxase nota a 54.6.

  • 8

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 13

    A frase se El me perdon, co lapso editorial si en Michaëlis (pola alternancia das dúas formas neste uso desiderativo-exclamativo), é unha variante única da xeral frase formularia se Deus me perdon, con múltiplas variantes.

  • 15

    Nesta cantiga aparece a forma desanasalada boa en A (tamén no v. 21), fronte a B, que mantén a nasalización de bõa nos dous casos. Cfr. nota a 137.2.

  • 16

    Tendo en conta o uso maioritario do posesivo sen artigo, non parece conveniente segmentar o determintante en perdudo, presente en Michaëlis.

  • 18

    Non existe xustificación ecdótica para a substitución de qual por quan, tal como Bertolucci Pizzorusso e Littera decidiron. Cfr., entre outros exemplos do corpus, o mesmo uso de qual en 92.11: entender / qual ben lle quero ...

Rechercher
    Aucun résultat trouvé