1046 [= RM 63,77]
Vai meu amigo con el-rei morar

Vai meu amigo con el-rei morar,
e non mi-o disse nen lh[o] outorguei,
e faz mal sén de mi faz[er] pesar;
mais eu perça bon parecer que ei
se nunca lh’el-rei tanto ben fezer
quanto lh’eu farei quando mi quiser.
E [el] quer muito con el-rei viver
e [a] mia sanha non a ten en ren,
e el-rei pode quanto quer poder;
mas mal mi venha onde ven o ben
se nunca lh’el-rei tanto ben fezer
[quanto lh’eu farei quando mi quiser].
E el punhou muit[o] en me servir
e al rei nunca serviç’ora fez,
por end’el-rei non á que lhi gracir;
mais eu perça bon parecer e prez
se nunca lh’el-rei tanto ben fezer
[quanto lh’eu farei quando mi quiser],
ca máis [lhi] valra se lh’eu [ben] quiser
que quanto ben lh’el-rei fazer poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1042, V 632

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 291-292); Rodríguez (1980: 255 [= LPGP 407-408]); Cohen (2003: 577); Littera (2016: I, 463-464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 224-225); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 43); Fernández Pousa (1959: 265).

Variantes manuscritas


1 morar] moirer B : mona V   4 eu] en V; perça] perca B   8 ren] tē V   10 ven o ben] nē o(u)bē B   11 nunca] nunc(h)a V   14 serviç’ora] ƥuicō B : ƥuico V   16 gracir] grazir V   17 prez] bō prez BV   19 ualira B

Variantes editoriales


7 [el] quer] quer [el] Nunes   8 [a]] om. Nunes, Rodríguez, Cohen; ten] ten [el] Nunes   10 mas] ma[i]s Nunes   13-14 E el punhou muit[o] en me servir / e al rei nunca serviç’ora fez] E el punhou [já] muit’en me servir / e a [e]l-rei nunca serviço fez: E el[e] punhou muit’en me servir / e al rei nunca serviço [lhi] fez Rodríguez : E el punhou muit[o] en me servir / e al rei nunca serviço [lhi] fez Cohen : E el punhou muit[o sempr’]em me servir / e a [e]l-rei nunca serviço fez Littera   16 prez] bon prez Cohen : bom prez Littera

Paráfrasis


(I) O meu amigo vai vivir á corte do rei, e nin (el) mo dixo nin (eu) llo permitín, e fai mal causándome pesar; mais perda eu a beleza que teño se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer.

(II) E el quere moito vivir co rei e non ten en conta o meu enfado, e o rei ten un inmenso poder; mais véñame mal de onde vén o ben se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer.

(III) E el esforzouse moito en me servir e ao rei nunca lle prestou servizo, por iso o rei non ten nada que lle agradecer; mais perda eu a beleza e a miña valía se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer, (1) porque máis lle valerá que eu o queira ben que canto ben lle poida o rei facer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:16) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    O texto da cantiga mostra problemas de transmisión, indicados pola vacilación métrica que se percibe ao longo da composición (vv. 7, 8, 13, 16, 19).

  • 7

    A hipometría do verso solicita máis unha sílaba que, sen dúbida, polo paralelismo co v. 13 (E el punhou muit[o] en me servir), debe ser o pronome: E [el] quer muito con el-rei viver.

  • 8

    En ningunha das precedentes edicións, agás en Littera, foi restaurado o artigo en [a] mia sanha, a partir dunha (inexistente) contaxe bisilábica da forma átona mia (cfr. <mha> BV), considerada por Rodríguez e Cohen, que só se produce, cos datos de que dispomos, en  814.8, onde o posesivo, en posición de rima, é tónico (E pois non quer a ventura mía). Pola súa parte, en Nunes é restaurado o pronome el (ten [el] en ren).

  • 10

    A aparición da variante reducida da adversativa, que é forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), confirma o seu uso en BV, onde presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.4, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

  • 13

    De novo a hipometría solicita a reintegración vocálica en muito, tal como o paralelismo co v. 7 indica: E [el] quer muito con el-rei viver - E el punhou muit[o] en me servir.

  • 14

    En ningunha das edicións precedentes (coas conseguintes reintegracións) se desenvolve a abreviatura existente na lección de B (<ƥuicō> = serviç’ora), dun modo similar ao que acontece noutras pasaxes do corpus. Véxase 61.17, onde se m'ora oj’eu era editado como se m’ant’oj’eu por non percibir a abreviatura na lección <semā oieu> de B, ou 1329.17, onde feit’or’a perdon é editado sistematicamente como feit’a perdon como lectura de <feit̄ aperdom> de BV.

  • 16

    Aínda que Cohen e Littera manteñen o verso hipermétrico, o segundo bon debe ser lapso de copia, inducido pola primeira aparición do adxectivo.

Buscar
    Sin resultados