677 [= RM 11,8]
A mia coita non lhi sei guarida

A mia coita non lhi sei guarida:
trage-me mal mia madre velida
por vós, ami[go].
Molher com’eu non vive coi[tada:
trage-me mal e soo guardada
por vós, amigo].
Trage-me mal mia madre velida,
[e mui] pouc’á que fui mal ferida
por vós, amigo.
Trage-me mal e soo guardada,
e [mui] pouc’á que foi mal julgada
por vós, amigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 662, V 263-264

As estrofas en B aparecen en pares invertidos (II-I-IV-III), cunha grande lacuna na estrofa II, primeira en B (con cruces coloccianas), igual que en V, onde, ademais, falta a estrofa IV (terceira en B).

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 87-88); Minervini (1974: 71-72 [= LPGP 112]); Cohen (2003: 148); Littera (2016: I, 112-113).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 99); Braga (1878: 51); Machado & Machado (1952: III, 332).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 27); Cidade (1941: 32-33); Landeira Yrago (1975: 161); Arias Freixedo (2003: 316-317); Gutiérrez (2023: 113).

Variantes manuscritas


10-12 om. V

Variantes editoriales


A edición de Nunes mostra unha reconstrución profunda da cantiga, con reordenación de estrofas e acrecentamento de dúas novas cobras:

           Molher com’eu non vive coiy[tada:
           trage-me mal mia madre loada,
                   por vos, amigo].
           A mia coita non lhi sei guarida;
           trage-me mal mia madre velida
                   por vós, amigo.
           [Trage-me mal mia madre loada,
           trage-me mal e sõo guardada,
                   por vós, amigo].
           Trage-me mal mia madre velida,
           [e] pouc[o] á que fui mal ferida
                   por vós amigo.
           Trage-me mal e sõo guardada
           e pouc[o] á que foi mal julgada
                   por vós amigo.
           [E pouc[o] á que foi mal ferida
           e feriu-me mia madre velida,
                   por vós amigo].

A edición de Minervini (seguida por Littera) mantén a orde fornecida polos manuscritos (II-I-IV-III).

1 A] À Minervini, Littera   5 trage] tragem Littera; soo] sõo Minervini, Cohen, Littera   8 [e mui] pouc’á] [e] pouc[o] á Minervini : [e] pouc[o] há Littera   10 trage] tragem Littera; soo] sõo Minervini, Cohen, Littera   11 e [mui] pouc’á] e pouc[o] á Minervini : e pouc[o] há Littera; foi] fui Littera

Paráfrasis


(I) Á miña coita non lle vexo acougo: miña nai fermosa maltrátame por vós, amigo.

(II) Outra muller non vive tan coitada coma min: maltrátame e estou vixiada por vós, amigo.

(III) Maltrátame miña nai fermosa, e hai ben pouco que recibín castigo (físico) por vós, amigo.

(IV) Maltrátame e estou vixiada, e hai ben pouco que pensou mal de min por vós, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 4’B (= RM 26:101)

Encontros vocálicos: 5 so·o; 10 so·o

Notas


Texto
  • *

    A transmisión do texto en BV é extremamente caótica, cunha grande lacuna na estrofa II nos dous apógrafos, con ausencia da estrofa IV na copia do Cancioneiro da Vaticana, e, en definitivo, cunha ordenación textual corrupta que foi rectificada na edición de Cohen, fronte á opción máis conservadora de Minervini e Littera, que respectan a orde dos manuscritos, o mesmo que Gonçalves (1976: 127), ou en face da opción reconstrutiva de Nunes, que acrecenta máis dúas estrofas á cantiga.
    A conservación da orde estrófica de BV provoca, sen dúbida, unha dificultade sintáctico-conceptual na estrofa reconstruída (quen é o suxeito de trage?), que é resolvida en Gonçalves (seguida por Littera) coa mudanza trage > tragen:
              Molher com’eu non vive coy[tada:
              tragen-me mal e sõo guardada
              por vós, amigo].
              A mha coita non lhi sei guarida:
              trage-me mal mha madre velida
              por vós, ami[go].
              Tragen-me mal e sõo guardada,
              e pouc[o] á que foy mal julgada
              por vós, amigo
              Trage-me mal mha madre velida,
              [e] pouc[o] á que fui mal ferida
              por vós, amigo.

  • 8

    A restauración da copulativa inicial do verso, frecuentemente omitida nos cancioneiros (véxase nota a 5.4) é obrigada a partir da súa presenza no v. 11. Por outra parte, a sistemática crase pouc’á que se rexistra no corpus das cantigas (véxase 689.7, 1117.8, 1591.17) aconsella a reintegración de mui nos vv. 8 e 11 (xa realizada por Cohen), elemento que tamén é decote omitido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Aténtese, tamén, na pasaxe de Joan Perez d’Avoin: 

    E mui pouc'á que lh'eu oi jurar
    que non queria ben outra molher
    senon min, ... (689.7).

  • 11

    Na cantiga contrasta o uso regular de fui, P1, no v. 8 (fui mal ferida) con foi, tamén P1, no v. 11 (foi mal julgada). Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

Buscar
    Sin resultados