[last revised: 20/08/2021]Print

688 [= Tav 75,1]
Amigo, pois me leixades

Amigo, pois me leixades
e vos ides alhur morar,
rog’eu a Deus, se tornades
aqui por comigo falar,
que non ajades, amigo,
poder de falar comigo.
E, pois vos vós ir queredes
e me non queredes creer,
rog’a Deus, se o fazedes
e tornardes por me veer,
que non ajades, amigo,
[poder de falar comigo].
Pois non catades mesura
nen quanto vos eu fiz de ben,
rog’a Deus, se per ventura
tornardes por mi dizer ren,
que non ajades, amigo,
[poder de falar comigo].
Pois vos ides sen meu grado
e non dades nada por mí,
rog’eu a Deus, se coitado
fordes e tornardes aqui,
que non ajades, amigo,
[poder de falar comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 673, V 275

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 98-99 [= LPGP 486-487]); Cohen (2003: 159); Littera (2016: I, 573-574).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 105-107); Braga (1878: 53); Machado & Machado (1952: III, 347-348).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 60-62); Nunes (1959: 319-320); Torres (1977: 19); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 116).

Manuscript variants


7 pois vos vós ir] pois uꝯ hir B : poys uꝯ uꝯ hir V   9 rog’a] rogua BV   13 catades] cantades V   16 tornardes] (tornardes) / tornades V   20 nada por mí] pemj uada B : pemi nada V

Editorial variants


7 vos vós] vós vos Nunes

Paraphrase


(I) Amigo, xa que me deixades e ides morar a outro lugar, rogo eu a Deus –se tornades aquí para falar comigo– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(II) E xa que vos queredes ir e non me queredes crer, rogo a Deus –se o facedes e tornardes para me ver– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(III) Pois non considerades mesura nin canto ben eu vos fixen, rogo eu a Deus –se por ventura tornardes para dicirme algo– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(IV) Pois vos ides contra o meu parecer e non vos importo nada, rogo eu a Deus –se fordes coitado e tornardes aquí– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 7’a 8b 7’a 8b 7’C 7’C (= Tav 99:59)

Notes


Text
  • 3

    A rima en -ades (estrofa I, v. 3) e -edes (estrofa II, v. 9) condiciona o uso do tempo presente (tornades, v. 3; fazedes, v. 9) nunha oración condicional que nas estrofas seguintes presenta a habitual concordantia temporum de verbo principal en presente –subxuntivo– (que non ajades, no refrán) con verbo subordinado en futuro de subxuntivo cando non existe o condicionamento rimático. Véxase o seu uso parcial na estrofa II (se o fazedes / e tornardes) e o emprego sistemático nas estrofas III (se per ventura tornardes ... que non ajades) e IV (se coitado fordes e tornardes ... que non ajades...).

    Por outra banda, nótese como no Cancioneiro da Vaticana parece existir un intento de nivelar a simétrica construción rog’eu a Deus (I, v. 3) - rog’a Deus (II, v. 9) - rog’a Deus (III, v. 15) - rog’eu a Deus (IV, v. 21), coa omisión de eu na primeira estrofa.

  • 16

    A lección (errada) ofrecida por V (tornades) afectaría á concordantia temporum, feito que acontece noutras pasaxes onde se detecta o mesmo lapso de copia, cunha aparente vacilación (errada con frecuencia) entre formas de presente e formas flexionadas de infinitivo ou de futuro subxuntivo; este erro é relativamente frecuente nos apógrafos italianos: fazerdes vs. fazedes (529.17 V), perderdes vs. perdedes (1232.24 B), guarirdes vs. guarides (1394.13 B), o mesmo que á inversa: falades vs. falardes (1227.14 B).

  • 20

    O erro de copia coa inversión de elementos que a rima delata (*por mí nada vs. nada por mí) prodúcese de cando en vez na copia dos manuscritos (véxase, por exemplo, 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

Search
    No results